Thomas Müller
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Thomas Müller | ||
| Nacemento | 13 de setembro de 1989 (23 anos) | ||
| Lugar | Weilheim, Alemaña do Oeste | ||
| Altura | 1,86 metros | ||
| Posición | Medio ofensivo / Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Bayern München | ||
| Número | 25 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1993–2000 | TSV Pähl | ||
| 2000–2007 | Bayern München | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2007–2009 | Bayern München II | 35 | (16) |
| 2008– | Bayern München | 116 | (39) |
| Selección nacional | |||
| 2004–2005 | Alemaña S-16 | 6 | (4) |
| 2007 | Alemaña S-19 | 1 | (0) |
| 2008 | Alemaña S-20 | 1 | (1) |
| 2009–2010 | Alemaña S-21 | 6 | (1) |
| 2010– | Alemaña | 19 | (7) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 18 de agosto de 2011. |
|||
Thomas Müller, nado o 13 de setembro de 1989 en Weilheim in Oberbayern, Baviera é un xogador profesional de fútbol internacional alemán que actualmente xoga para o Bayern München da 1. Bundesliga, a máxima categoría do fútbol en Alemaña. Pode desempeñarse en multitude de posicións, como volante ofensivo, segundo dianteiro ou extremo. Ten sido eloxiado polo seu ritmo, técnica e compostura, amosando consuistencia tanto na anotación como na creación de goles.
Produto da canteira do Bayern München, debutou co primeiro equipo da man do adestrador Louis van Gaal durante a tempada 2009-20, pasando a xogar case tódolos partidos nos que conseguiou tanto a liga como a copa de Alemaña, ademais de ser finalista da Liga de Campións. Isto valeulle a súa convocatoria coa selección alamá que participou no Mundial de Sudáfrica de 2010 onde marcou cinco goles en seis partidos, acabando a súa selección no terceiro lugar. Müller foi nomeado mellor xogador novo, sendo ademais o máximo goleador do torneo polo que recibiu a Bota de Ouro.
Índice |
Traxectoria[editar]
Müller incorporouse á disciplina do Bayern de Múnic no 2000 con soamente 10 anos de idade. Debutou co equipo filial en marzo de 2008 nun partido contra o SpVgg Unterhaching. Anotou no devandito encontro, e interveu en dúas ocasións máis na tempada 2007-08 antes de ser descartado por unha lesión.
A pesar de que debutou no primeiro equipo bávaro durante a tempada 2008-2009, foi na 2009-2010 cando apareceu con máis notoriedade, ocupando un posto fixo na dianteira do club muniqués grazas ás lesións dos seus compañeiros. O seu debut na Liga de Campións da UEFA tivo lugar o 10 de marzo de 2009, no partido entre o Bayern de Múnic e o Sporting de Portugal, substituíndo aos 72 minutos a Bastian Schweinsteiger. Müller anotou no minuto 90 o 7 a 1 definitivo.
Clubs[editar]
| Club | País | Ano | Partidos | Goles |
|---|---|---|---|---|
| FC Bayern München II | 2008-2009 | 35 | 16 | |
| FC Bayern München | Dende 2009 | 38 | 13 |
Estatísticas[editar]
| Club | Tempada | Bundesliga | Copa | Champions League | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | ||
| Bayern München | 2008/2009 | 4 | 0 | 0 | 0 | 1 | 1 | 5 | 1 |
| 2009/2010 | 34 | 13 | 5 | 4 | 11 | 2 | 50 | 19 | |
| Total | 38 | 13 | 5 | 4 | 12 | 3 | 55 | 20 | |
Selección nacional[editar]
Müller foi convocado por Joachim Löw para un amigable contra Chile en novembro de 2009; finalmente devandito encontro tívose que suspender polo falecemento de Robert Enke. Tras esa chamada, Müller volveu ao seleccionado sub-21 para axudarlles nas clasificatorias da Eurocopa Sub-21 de 2011. Finalmente, debutou coa selección absoluta en xaneiro de 2010, nun encontro que enfrontou á Mannschaft con Arxentina.
Foi convocado para representar ao seu país na Copa Mundial de Fútbol de 2010 de Sudáfrica a pesar de xogar até ese intre só dous partidos co combinado alemán. Nos oitavos de final desa competición marcou contra Inglaterra o seu primeiro dobrete e foi elixido mellor xogador do partido. En cuartos de final contra Arxentina marcou de cabeza o primeiro gol do seu equipo, aínda que recibiu un cartón amarelo que lle impediu xogar as semifinais. Trala eliminación de Alemaña en semifinais contra España, Müller volvería xogar para a súa selección no partido polo terceiro posto marcando novamente un gol ante Uruguai. Desta maneira, Thomas Müller converteu 5 goles en 5 encontros disputados, converténdose no máximo goleador da Copa do Mundo, do mesmo xeito que o uruguaio Diego Forlán, o neerlandés Wesley Sneijder e o español David Villa. Polo seu gran rendemento na Copa Mundial de Fútbol de 2010, outorgóuselle a Bota de Ouro (xa que a igualdade de goles, defínese por cantidade de asistencias) e o premio ao Mellor xogador novo.
Participacións no Mundial[editar]
| Mundial | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| Copa Mundial de Fútbol de 2010 | Terceiro posto |
Goles no Mundial[editar]
| # | Día | Lugar | Rival | Marcador | Resultado | Edición |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 13 de xuño de 2010 | Estadio Moses Mabhida, Durban | 3–0 | 4–0 | Sudáfrica 2010 | |
| 2 | 27 de xuño de 2010 | Estadio Free State, Bloemfontein | 3–1 | 4–1 | Sudáfrica 2010 | |
| 3 | 27 de xuño de 2010 | Estadio Free State, Bloemfontein | 4–1 | 4–1 | Sudáfrica 2010 | |
| 4 |
|
Estadio Green Point, Capetón | 1–0 | 4–0 | Sudáfrica 2010 | |
| 5 | 10 de xullo de 2010 | Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth | 1–0 | 3–2 | Sudáfrica 2010 |
Palmarés[editar]
Campionatos nacionais[editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| 1. Bundesliga | FC Bayern München | Alemaña | 2010 |
| Copa de Alemaña | FC Bayern München | Alemaña | 2010 |
Distincións individuais[editar]
| Distinción | Ano |
|---|---|
| Bota de Ouro da Copa Mundial de la FIFA | 2010 |
| Mellor xogador novo da Copa Mundial da FIFA | 2010 |