Liga de Campións da UEFA 1992-93

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga de Campións da UEFA 1992-93 foi a edición número 38 da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA, e a primeira coa nova denominación de Liga de Campións da UEFA, seguindo o formato inaugurado na anterior tempada. As roldas previas da competición disputáronse entre agosto e novembro. A fase de grupos comezou a finais de novembro e rematou en abril. A final foi o 26 de maio de 1993. Na final enfrontáronse o campión da Ligue 1, o Olympique Marsella, e mailo campión italiano, o AC Milán. Os franceses venceron por 1 gol a 0, acadando a súa primeira Copa de Europa, e ata hoxe, a única que ten gañado un equipo francés.

Fase de Grupos[editar | editar a fonte]

Tódolos equipos tiveron que pasar polas roldas previas de clasificación para chegar á fase de grupos. Na segunda rolda de clasificación, o campión da Copa de Europa 1991-92, FC Barcelona, que defendía a coroa continental, caeu eliminado fronte ó PFC CSKA Moscova por un marcador global de 4-3 a prol dos rusos. Outro equipo que tamén caeu antes do previsto foi o campión inglés, o Leeds United, que foi eliminado na segunda rolda polo Rangers FC. O propio Leeds United viña de eliminar na primeira rolda ó campión alemán, VfB Stuttgart.

Grupo A[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1. Flag of France.svg Olympique Marsella 9 6 3 3 0 14 4 +10
2. Flag of Scotland.svg Rangers FC 8 6 2 4 0 7 5 +2
3. Flag of Belgium.svg Club Brugge 5 6 2 1 3 5 8 -3
4. Flag of Russia.svg CSKA Moscova 2 6 0 2 4 2 11 -9

Grupo B[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1. Flag of Italy.svg AC Milán 12 6 6 0 0 11 1 +10
2. Flag of Sweden.svg IFK Göteborg 6 6 3 0 3 7 8 -1
3. Flag of Portugal.svg FC Porto 5 6 2 1 3 5 5 0
4. Flag of the Netherlands.svg PSV Eindhoven 1 6 0 1 5 4 13 -9

Ó remate da fase de grupos clasificáronse para a final os 2 equipos que quedaron en primeira posición nos seus respectivos grupos.

Final[editar | editar a fonte]

Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 1992-93
Estadio Olympiastadion (Múnic)
Capacidade 64.400
Campión Olympique Marsella
Finalista AC Milán
Resultado 1 - 0 (Boli m.43)
Campión


Finalista


A final da Liga de Campións da UEFA na súa edición 1992-93 enfrontou ó campión francés Olimpique Marsella que viña de acadar 5 títulos seguidos na Ligue 1, e ó AC Milán dirixido por Fabio Capello, con estrelas como Paolo Maldini, Marco van Basten, Franco Baresi, Frank Rijkaard, etc.

O encontro disputouse no Estadio Olímpico de Múnic, e foi dirixido polo colexiado suízo Kurt Röthlisberger. O resultado final foi de 1-0 a prol do Olympique Marsella, cun gol do xogador de Costa de Marfil Basile Boli no minuto 43.

Este resultado supuxo a primeira vitoria que un equipo francés acadaba na máxima competición continental de fútbol europeo despois de 38 anos, e que ata hoxe segue sendo a única.

Non obstante, esta vitoria tamén supuxo o fin da época mais gloriosa deste club francés, xa que pouco despois foi sancionado, séndolle retirado o título de liga que acadara ese mesmo ano, e sendo descendido de categoría dende a Ligue 1, todo por mor das acusacións de arranxos de encontros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]