Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Primeira División de Bélxica (en neerlandés: Eerste klasse), oficialmente Jupiler League por motivos de patrocinio, é a máxima categoría da liga de fútbol en Bélxica. Dispútase anualmente desde 1895. O equipo con máis títulos é o RSC Anderlecht, con 31 campionatos nas súas vitrinas.
Competición [editar]
Hai 16 equipos na Jupiler League. Durante cada tempada (desde agosto ata abril), cada equipo enfróntase dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra na dos seus adversarios, nun total de 30 partidos por cada equipo. Ao final dos 30 partidos, procédese a xogar a segunda fase, que se divide en dous partes:
- Os seis primeiros xogan o playoff polo título.
- Do 7º ao 14º lugar xogan un playoff para clasificar a Europa.
No caso do playoff polo título, cada equipo enfróntase dúas veces co resto, completando 10 partidos. Os dous primeiros clasificados xogarán a terceira rolda preliminar da Liga de Campións, mentres que o terceiro xoga a rolda de playoff da Liga Europa. O cuarto clasificado xogará contra o gañador do playoff europeo, por unha pasaxe á Liga Europa, especificamente á terceira rolda preliminar.
Os dous últimos clasificados xogarán un playoff para decidir quen dos dous descende de categoría.
Equipos participantes (2012/13) [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
. . . Competicións entre Clubs de Fútbol en Europa:
|
|
| Continentais |
|
|
|
|
|
|
|
Ligas
|
|
|