Cristiano Ronaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristiano Ronaldo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro Editar o valor em Wikidata
5 de febreiro de 1985 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Funchal (Portugal) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCR7
Míster Champions
D7OS
El Comandante
El Bicho Editar o valor em Wikidata
ResidenciaManchester (2021–2022)
Turín (2018–2021)
Madrid (2009–2018)
Manchester (2003–2009)
Lisboa (2001–2003)
Funchal (–2001) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónMount Gravatt State High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso85 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua portuguesa, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaCampeonato Saudita de Futebol (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo e dianteiro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo7 Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorNike Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2001-2001 Portugal national under-15 football team (en) Traducir 9(7)
2002-2003 Sporting Clube de Portugal 25(3)
2003-2009transferencia Manchester United F.C. 196(84)
2004-2004 Portugal Olympic football team (en) Traducir 3(2)
2009-2018transferencia Real Madrid Club de Fútbol 292(311)
2018-2021transferencia Juventus FC 98(81)
2021-2022transferencia Manchester United F.C. 40(19)
2023- Al-Nassr (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2001-2002   Selecção Portuguesa de Futebol sub-17 (pt) Traducir 7(5)
2002-2003   Portugal sub-21 10(3)
2003-   Portugal 191(117)
2003-2003   Seleção Portuguesa de Futebol Sub-20 (pt) Traducir 5(1) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2022Mundial de Fútbol Qatar 2022
2021Eurocopa de Fútbol Europa 2020
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2011Primeira División Española
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor em Wikidata
Outro
ParellaGeorgina Rodríguez (pt) Traducir (2016–)
Irina Shayk (2010–2015) Editar o valor em Wikidata
FillosAlana Martina dos Santos Aveiro (en) Traducir
 () Georgina Rodríguez (pt) Traducir
Bella Esmeralda (en) Traducir
 () Georgina Rodríguez (pt) Traducir
Cristiano Ronaldo Júnior (pt) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisJosé Dinis Aveiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maria Dolores dos Santos Aveiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsElma dos Santos Aveiro (en) Traducir, Hugo dos Santos Aveiro (pt) Traducir e Kátia Aveiro Editar o valor em Wikidata
ParentesJosé Nunes de Viveiros (en) Traducir (avó)
Matilde dos Santos da Viveiros (en) Traducir (avoa)
Humberto Cirilo Aveiro (en) Traducir (avó)
Filomena de Aveiro (pt) Traducir (avoa) Editar o valor em Wikidata
Condenado portax noncompliance (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webcristianoronaldo.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1860184 Allocine: 691477 Allmovie: vn6767510
Facebook: Cristiano Twitter: Cristiano Instagram: cristiano Musicbrainz: 7133168a-382b-4843-8be0-15f4c056e8ec Discogs: 2941188 FIFA: 201200 UEFA: 63706 WikiTree: Dos_Santos_Dinis_Aveiro-1 Editar o valor em Wikidata
Ronaldo e Messi en 2011

Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.[1][2] Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista portugués do Ano neses mesmos anos. O seu notable desempeño na Premier League na tempada 2007–08 fíxolle acredor da Bota de Ouro,[3] o Balón de Ouro,[4] e o FIFA World Player en 2008.[5] Nos anos 2013 e 2014 conseguiu de novo o FIFA Balón de Ouro, converténdose no primeiro xogador de fútbol portugués en lograr o galardón dúas veces ou máis.

Comezou a súa carreira a curta idade no CD Nacional da súa localidade para logo incorporarse ao Sporting de Lisboa, club co que debutou na máxima categoría do fútbol portugués en 2001. Tras observalo nun amigable en 2003, o Manchester United inglés contratouno por 12,24 millóns de libras esterlinas. Despois de longas negociacións a mediados de 2009 foi traspasado ao club español Real Madrid CF por 80 millóns de libras esterlinas (94 millóns de euros, 132 millóns de dólares), converténdose no traspaso máis caro na historia do fútbol. Realizou a súa primeira aparición coa selección portuguesa en 2003 e desde 2008 é o capitán desta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro club foi o Clube Futebol Andorinha de Santo António, onde espertou axiña a atención dos olladores do Nacional da Madeira.

En 1995 ficha polos infantís do CD Nacional. Na súa primeira época, o futbolista gaña o campionato conquistado así o seu primeiro título coma xogador de fútbol.

Aos 11 anos de idade marcha de Madeira para Lisboa, fichando polos xuvenís do Sporting de Lisboa. Debuta co primeiro equipo en setembro de 2002, con só dezasete anos de idade. Naquela tempada chegaría a xogar 25 encontros, anotando 3 goles.

Nun encontro de competición europea contra o Manchester United destaca de tal xeito que os propios xogadores da escuadra inglesa, no voo de volta a Inglaterra pídenlle ao adestrador Alex Ferguson a súa fichaxe para substituír a David Beckham, que marchaba transferido ao Real Madrid.

Dende o ano 2003 ata o 2009 xogou para o Manchester United, na Premier League. En 2009 foi transferido ao Real Madrid por 94 millóns de euros.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Ronaldo xogando contra o Brasil.

En 2003 Cristiano Ronaldo guiou a Portugal ao título do Torneo Esperanzas de Toulon, para xogadores sub-21. Xa naquel momento falábase do "Novo Eusébio", e a gran promesa do fútbol mundial. Uns meses despois do seu éxito no Toulon, o 20 de agosto de 2003 foi convocado para un partido ante Casaquistán e logo para representar a súa selección nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004. Pero onde deu o paso á primeira liña do fútbol mundial foi defendendo Portugal na Eurocopa 2004, onde foi reclamado, tanto pola prensa como polos seareiros, cando nos primeiros partidos non contaba para o seleccionador no once titular, e acabou sendo unha das figuras da selección portuguesa no torneo, quen rematou subcampioa por detrás de Grecia ao perder na final por marcador de 1–0. Na seguinte gran cita da súa selección, a Copa Mundial de Fútbol de 2006 de Alemaña, xogou a un gran nivel, como case o resto da súa selección, o que lle serviu para subir á cuarta posición final, caendo nas semifinais ante Francia, e no partido polo terceiro e cuarto posto ante Alemaña.

Durante a etapa clasificatoria á Eurocopa 2008 anotou un total de oito goles. Xa na Eurocopa 2008, durante o segundo partido da fase de grupos, contra a República Checa, anotou o segundo gol do partido, ademais de dar a asistencia para o terceiro gol marcado por Ricardo Quaresma. Con esa vitoria de 3–1 o equipo luso asegurou a súa clasificación para os cuartos de final, instancia na cal sería eliminada por Alemaña. A pesar da súa curta idade, Cristiano Ronaldo tamén foi distinguido como segundo capitán da súa selección, despois de Nuno Gomes, durante o mencionado certame. Logo da Eurocopa, foi nomeado capitán absoluto da Selección de fútbol de Portugal.

Participou na Copa Mundial de Fútbol de 2010 en Suráfrica, anotando un só gol en todo o torneo, na fase de grupos contra Corea do Norte na goleada por 7–0.[6] Caeu eliminado nos oitavos de final por España, que finalmente sería a campioa do certame.[7] Despois da eliminación chegáronlles fortes críticas sobre a súa reacción pola caída de Portugal no Mundial.[8]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Cristiano Ronaldo.

Cristiano Ronaldo é católico. O 7 de setembro de 2005 seu pai, Dennis Aveiro, morreu por unha crise renal.[9] Horas despois Ronaldo reuniuse co seleccionador de Portugal para comunicarlle a súa intención de xogar o partido contra Rusia para a clasificación ao Mundial de Fútbol de 2006, aínda que o técnico Alex Ferguson permitiulle regresar á súa cidade natal para o enterro, polo que perdeu o partido contra o Manchester City.

En outubro de 2006 foi interrogado pola policía británica por acoso sexual, pero a acusación foi retirada por falta de probas.[10] Despois de dous partidos para a cualificación á Copa Mundial de Fútbol viaxa a Indonesia para recadar fondos polo tsunami que arrasou días antes. Reuniuse co vicepresidente Jusuf Kalla e o presidente de Timor Oriental, Xanana Gusmão para dar unha contribución de 120.000 dólares.

Despois de ser contratado polo Real Madrid vendeu a súa casa en Manchester por 6,5 millóns de euros.[11] O 4 de xullo de 2010 poucos días despois da derrota do equipo de Portugal na Copa Mundial de Fútbol de 2010 anunciou por Twitter e Facebook que era pai dun neno. Acordouse coa nai que a súa identidade manteríase en segredo e o neno quedaría baixo a súa tutela.[12]

Actualmente mantén unha relación con Irina Shayk.[13]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Manchester United
Real Madrid

Internacional[editar | editar a fonte]

Portugal
Cuarto posto (1): 2006
Campión (1): 2016
Subcampión (1): 2004
Bronce (1): 2012

Individual[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. [2]
  3. "Cristiano Ronaldo gana la Bota de Oro"
  4. ""Cristiano Ronaldo, Ballon d'Or 2008"". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  5. ""El FIFA World Player, para Cristiano Ronaldo"". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  10. http://www.elmundo.es/elmundodeporte/2005/10/19/futbol_internacional/1129735838.html
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  12. http://www.elpais.com/articulo/gente/tv/Cristiano/Ronaldo/padre/sorpresa/elpepugen/20100704elpepuage_1/Tes
  13. http://www.europapress.es/chance/gente/noticia-irina-shayk-nueva-novia-cristiano-ronaldo-20100531131352.html

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]