Lega Calcio Serie A
| Fundación | 1929 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 20 |
| Actual campión | Serie A 2011-2012 Juventus FC |
| Máis laureado | Juventus FC (28 títulos) |
| Sitio web | www.lega-calcio.it |
A Lega Calcio Serie A, máis coñecida como Calcio ou Serie A, é a máxima categoría de fútbol de Italia.
O campionato iniciouse en 1898 baixo o nome de Campionato Federale, e en 1929, coa profesionalización do fútbol italiano, cambiou o seu nome polo de Serie A.
A Serie A é a quinta mellor liga do mundo segundo o ranking oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]
Índice |
Sistema de competición [editar]
O sistema do campionato está definido a través de enfrontamentos entre todos os clubs en partidos de ida e volta, de maneira que o club que obtén a maior puntuación ao final do torneo é proclamado campión.
Os 4 primeiros clasificados obteñen a clasificación para a próxima edición da Liga de Campións da UEFA, deles, os tres primeiros compiten directamente, mentres que o cuarto clasificado deberá pasar unha rolda previa se quere xogar o torneo, na fase de grupos. O quinto e sexto clasificado asegúranse unha praza na próxima edición da UEFA Europa League.
Os 3 últimos descenden de categoría, á Serie B.
Participantes 2012/13 [editar]
- Ver: Serie A 2012-2013.
Palmarés [editar]
| Equipo | Títulos | Subcampión |
|---|---|---|
| Juventus | 28 | 20 |
| AC Milan | 18 | 17 |
| Inter de Milán | 18 | 14 |
| Genoa | 9 | 4 |
| Torino | 7 | 7 |
| Bologna | 7 | 4 |
| Pro Vercelli | 7 | 1 |
| Roma | 3 | 12 |
| Lazio | 2 | 6 |
| Fiorentina | 2 | 5 |
| Nápoles | 2 | 4 |
| Cagliari | 1 | 1 |
| Casale | 1 | 0 |
| Novese | 1 | 0 |
| Sampdoria | 1 | 0 |
| Hellas Verona | 1 | 0 |
Notas [editar]
- ↑ IFFHS (5 de xaneiro de 2010). "A Mellor Liga de Fútbol do Mundo 2009". http://www.iffhs.de/?b6e28fa3002f71504e52d17f7370eff3702bb0a35b14. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||