Lionel Messi
Messi xogando para o Barcelona no Mundial de Clubs da FIFA 2011. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Lionel Andrés Messi | ||
| Nacemento | 24 de xuño de 1987 (25 anos) | ||
| Lugar | Rosario, Arxentina | ||
| Altura | 1,69 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Barcelona | ||
| Número | 10 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1995–2000 | Newell's Old Boys | ||
| 2000–2004 | Barcelona | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2003–2004 | Barcelona C | 8 | (5) |
| 2004–2005 | Barcelona B | 22 | (6) |
| 2004– | Barcelona | 245 | (215) |
| Selección nacional | |||
| 2005 | Arxentina sub-20 | 7 | (6) |
| 2008 | Arxentina sub-23 | 5 | (2) |
| 2005– | Arxentina | 79 | (32) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 5 de maio de 2013. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 27 de marzo de 2013. |
|||
Lionel Andrés Messi, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino. Xoga de dianteiro ou mediapunta e o seu equipo actual é o FC Barcelona.
En 2012 era considerado o mellor xogador do mundo, logo de recibir os últimos 3 premios Balón de Ouro e Mellor Xogador do Mundo da FIFA.[1]
Índice |
Traxectoria[editar]
Con nacionalidade arxentina e un mínimo de dous anos de residencia en España, Lionel Messi cumpría os requisitos esixidos pola lei para obter a dobre nacionalidade hispano-arxentina, que adquiriu en 2005. En 2007 quedou segundo na votación do FIFA World Player e terceiro na elección do Balón de Ouro. En 2008 foi campión de fútbol nos Xogos Olímpicos de 2008 coa súa selección, quedando esta vez en 2º posto na elección do Balón de Ouro e do FIFA World Player. En 2009 foi designado como Balón de Ouro, éxito que repetíu en 2010 e 2011.
Tempada 2006-07[editar]
Ao inicio da tempada 2006/2007 Messi fixo goles moi importantes, como o do 27 de setembro fronte ao Werder Bremen, no segundo partido da fase de grupos da Champions league: a un minuto do final do tempo regulamentario, Messi materializou o empate. Mais, desgraciadamente, o 12 de novembro fronte ao Real Zaragoza sufriu unha lesión no quinto metatarsiano que o deixou fóra do equipo de Rijkaard e dos terreos de xogo durante varios meses.
Xa recuperado da súa lesión, volveu ás canchas o 11 de febreiro, e o 10 de marzo de 2007 converteuse no heroe da xornada ao completar un hat-trick no empate 3-3 ante o Real Madrid, disputado no Camp Nou. Co Barcelona sempre debaixo no marcador, Messi logrou a igualdade no minuto 90. Dende había doce anos ningún xogador marcaba tres goles no Clásico español (o último fora Iván Zamorano nun 5-0 para o Madrid) e trece dende que non o facía un xogador do Barcelona (Romário en un 5-0 para o Barça).
A tempada seguiu adiante e o Barcelona non conseguiu ningún título, porén sería a mellor tempada de Messi até ese momento xa que ficou marcada polo seu famoso gol na Copa do Rei ante o Getafe CF, comparado co Gol do Século de Diego Armando Maradona. Poucos días despois de que finalizase a competición ligueira, Messi foi elixido Mellor Xogador Iberoamericano da Liga Española.
Tempada 2007-08[editar]
A tempada 2007/2008 seguiu adiante e o FC Barcelona non gañou título ningún, aínda que estivo moi preto de logralo, chegando a semifinais na Copa do Rei e na Liga de Campións. Sen embargo a tempada quedou marcada pola boa actuación do arxentino, que marcou mais de 10 goles na liga regular, 6 en champions e fixo unha boa actuación na Copa do Rei.
Selección nacional[editar]
Lionel Messi debutou na selección sub-20 de Arxentina en xuño de 2004, nun amistoso contra Paraguai. En xuño de 2005 gañou a Copa Mundial Sub-20, sendo o Bota de Ouro da competición con 6 goles e o Balón de Ouro como mellor xogador do Mundial.
Tras o seu impresionante Mundial sub-20, Messi foi convocado polo seleccionador arxentino José Pekerman para debutar coa selección absoluta. Fronte a Hungría, o 17 de agosto de 2005, saíu ao campo no minuto 63 e tan só 47 segundos despois foi expulsado polo árbitro Markus Merk tras agarrarse co defensor húngaro Vilmos Vanczák, nun fallo moi polémico.
Posteriormente debutou na Copa Mundial de Alemaña en 2006 no segundo partido de Arxentina, ante Serbia e Montenegro. Arxentina chegou ata cuartos de final e o xogador disputou tres partidos e marcou 1 gol. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2008, en Pequín, nos que Arxentina gañou a medalla de ouro.
En 2010, participou en Sudáfrica na súa segunda Copa do Mundo, na que Arxentina foi eliminada novamente en cuartos de final. Leo Messi xogou cinco partidos e non marcou ningún gol.
Palmarés[editar]
Trofeos nacionais[editar]
Trofeos internacionais[editar]
(*) Incluíndo a Selección
Outros[editar]
Distincións individuais[editar]
| Distinción | Ano |
|---|---|
| Balón de ouro no Mundial Xuvenil | 2005 |
| Bota de ouro no Mundial Xuvenil | 2005 |
| Premio Golden Boy | 2005 |
| Mellor xogador do Trofeo Joan Gamper | 2005 |
| Premio Clarín á Revelación do ano[2] | 2005 |
| Premio Olimpia de Ouro ao mellor deportista arxentino | 2011 |
| Premio Olimpia de Prata ao mellor xogador arxentino[3][4] | 2005, 2007 |
| Premio FIFPro ao mellor xogador novo do mundo | 2006, 2007 |
| Premio FIFPro á promesa do ano | 2006 |
| Premio World Soccer ao mellor xogador novo do mundo | 2006, 2007, 2008 |
| Premio Don Balón - Mellor estranxeiro | 2007, 2009, 2010 |
| Trofeo EFE | 2007, 2009, 2010 [5] |
| Trofeo Bravo | 2007 |
| Balón de Bronce | 2007 |
| Mellor xogador novo da Copa América 2007 | 2007 |
| Segundo premio en Xogador Mundial da FIFA | 2007, 2008 |
| Incluído no once ideal do FIFPro[6] | 2007, 2008, 2009, 2010 |
| Realizador do mellor gol do ano pola UEFA[7] | 2007 |
| Premio consagración do fútbol exterior (Premio Clarín)[8] | 2007 |
| Deportista do Ano '07 de SI Latino[9] | 2007 |
| Premio Protagonistas do deporte | 2008 |
| Premio Nacional do Deporte[10] | 2008 |
| Balón de Prata | 2008 |
| Incluído no once ideal da UEFA[11] | 2008, 2009, 2010 |
| Premio Olimpia de Prata ao mellor xogador no exterior[12][13] | 2008, 2009 |
| Marca Leyenda | 2009 |
| Goleador da Liga de Campións da UEFA | 2009, 2010, 2011 |
| Trofeo Alfredo Di Stéfano | 2009, 2010, 2011 |
| Trofeo Champions Número 1 | 2009 |
| Dianteiro do ano da UEFA | 2009 |
| Xogador do ano da UEFA | 2009 |
| Mellor Dianteiro da Liga BBVA Premios LFP | 2009 |
| Mellor Xogador da Liga BBVA Premios LFP | 2009 |
| Onze d'Or | 2009 |
| Balón de Ouro | 2009, 2010 |
| Premio World Soccer ao mellor xogador do mundo | 2009 |
| Balón de Ouro da Copa Mundial de Clubs da FIFA | 2009 |
| Premio Toyota ao Mellor xogador da Final, Copa Mundial de Clubs da FIFA | 2009 |
| Primeiro premio ao Xogador Mundial da FIFA | 2009 |
| Premio FIFA/FIFpro ao mellor xogador do mundo[6] | 2009 |
| Incluído no once Ideal da revista L'equipe[14] | 2009 |
| Premio ao Mellor xogador de Europa do diario El País de Uruguai | 2009 |
| Incluído no once Ideal da Década polo diario inglés The Sun[15] | 2009 |
| Incluído no once Ideal da UEFA | 2009, 2010, 2011 |
| Trofeo Pichichi | 2010, 2012 |
| Bota de Ouro | 2010 |
| FIFA Balón de Ouro | 2010, 2011, 2012 |
Notas[editar]
- ↑ Messi gana su tercer Balón de Oro, artigo de Marca do 9 de xaneiro de 2012. (en castelán)
- ↑ Clarín - O raparigo de ouro. Consultado o 09.05.2010
- ↑ Circulo de Periodistas Deportivos
- ↑ Clarín 18.12.2007 - Todos os gañadores
- ↑ Lionel Messi, primeiro que gaña tres veces o Trofeo Efe
- ↑ 6,0 6,1 FIFpro.org - novas - 21.12.2009 Consultado o 28.12.2009.
- ↑ Mundo Deportivo - Palmarés Leo Messi. Consultado o 09.05.2010
- ↑ Premios Clarín - Gañadores '08 - Consultado o 09.05.2010
- ↑ Sports Ilustrated Latino
- ↑ Sport.es - Messi recibe o premio Nacional do Deporte. Consultado o 09.05.2010
- ↑ Sitio oficial da UEFA - historia do once ideal
- ↑ canchallena - A nómina dos gañadores do Olimpia de Prata 2009
- ↑ Télam - Curuchet e Pérez recibiron o "Olimpia de Ouro"
- ↑ L'équipe type de l'année 2009] (en francés) consultado o 30.12.2009
- ↑ The Sun (en inglés) Accedido 01.01.2010
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Sitio oficial do xogador (en castelán)
- Ficha de Messi no sitio oficial do Barcelona (en castelán)
- Ficha de datos no sitio da Asociación do Fútbol Arxentino (en castelán)