Prórroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A prórroga ou tempo suplementario é un método de desempate que se utiliza en partidos de diferentes deportes cando existe igualdade ao terminar o tempo regulamentario do partido orixinal. É usual no baloncesto, onde non se considera o empate. Noutros deportes adóitase utilizar en partidos eliminatorios, onde debe haber, necesariamente, un equipo gañador.

Consiste en xogar, a continuación do partido, un tempo que varía segundo as respectivas regulamentacións.

Baloncesto[editar | editar a fonte]

O regulamento do baloncesto establece o seguinte: se o tenteo acaba en empate, ao final do tempo de xogo do cuarto período, o partido continuará cun período extra de 5 minutos. Xogaranse cantos períodos de 5 minutos sexan necesarios para romper o empate.

Fútbol[editar | editar a fonte]

No caso do fútbol, o Regulamento do International Board, cuxa versión en español denomínao oficialmente tempo suplementario,[1] establece que o mesmo debe durar non máis de dous tempos de 15 minutos cada un. Gaña o equipo que durante estes minutos agregados logre crebar o empate, polo que, durante o tempo extra pode suceder que se anote máis dun gol. No caso de que non rompa o empate, en xeral, recórrese ao método de tiros desde o punto penal.

Outros métodos que xa non son utilizados foron o gol de ouro e o gol de prata.

Notas[editar | editar a fonte]