Úrvalsdeild Karla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Úrvalsdeild Karla (en galego, Liga Premier de Islandia ou Liga islandesa de fútbol) é a máxima categoría do fútbol profesional en Islandia. Está organizada pola Federación de Fútbol de Islandia e os seus equipos poden desputar torneos da UEFA. A competición despútase entre a primavera e verán a causa das condicións climatolóxicas do país. Actualmente é coñecida polo nome de Pepsideild karla polo patrocinio da bebida Pepsi.

Índice

[editar] Historia

A primeira edición do torneo tivo lugar no ano 1912 como unha competición entre 3 clubs de Reiquiavik: o KR Reykjavik, o Fram e o ÍBV, resultando vencedor o KR Reykjávik. Os anos 1913 e 1914 o Fram proclamouse campión da competición sen ter desputado un só partido debido a que ningún outro equipo se presentou á competición. Posteriormente, o campionato foise ampliando a máis clubs. En 1955, con 6 clubs en Primeira, estableceuse un sistema de ascensos e descensos que dinamizaba o campionato, e en 1959 engadiuse ao sistema de liga regular partidos na casa e a domicilio, do mesmo xeito que se facía noutros países. A partir de 1964 os equipos islandeses poden entrar nas competicións europeas da UEFA.

A pesar de que o campionato se celebra dende 1912, foi en 1951 cando un equipo que non era de Reiquiavik gañou por primeira vez a Liga, sendo o ÍA Akranes, da cidade de Akranes.

Actualmente, e dende 2008, o campionato conta con 12 clubs e é totalmente profesional, aínda que algúns equipos teñen unha situación semi-profesional debido ao estado do fútbol en Islandia.

[editar] Sistema de competición

O campionato o forman 12 clubs. Aínda que contou tradicionalmente con 10 equipos, este número foi ampliado a 10 na tempada 2008. Os equipos xogan dúas veces entre si ao longo da tempada, na casa e a domicilio. Ao final da tempada os dous últimos equipos descenden á 1. deild karla (Primeira División), sendo sustituídos polos 2 primeiros desa categoría.

O campión da Liga participa na UEFA Champions League partindo dende a Primeira rolda de clasificación, mentres que o segundo e o campión da Copa xogan a UEFA Europa League a partir da rolda previa.

[editar] Equipos na tempada 2012

Club Cidade Estadio Capacidade Tempadas Títulos Posto no 2011
Breiðablik UBK Kópavogur Kópavogsvöllur 2.501 27 1 6
FH Hafnarfjörður Hafnarfjörður Kaplakriki 3.000 31 5 2
Fram Reiquiavik Laugardalsvöllur 9.800 91 9 18
Fylkir Reiquiavik Fylkisvöllur 5.000 16 0 7
ÍBV Vestmannaeyjar Hásteinsvöllur 1.500 44 3 3
Keflavík ÍF Keflavík Keflavíkurvöllur 6.200 48 4 8
KR Reykjavik Reiquiavik KR-völlur 6.000 98 25 1
Knattspyrnufélag ÍA Akranes Akranesvöllur 4.000 61 18 1 (1. deild)
Stjarnan Garðabær Stjörnuvöllur 1.000 10 0 4
UG Grindavík Grindavík Grindavíkurvöllur 1.450 17 0 10
Ungmennafélag Selfoss Selfoss Selfossvöllur - 2 0 2 (1.deild)
Valur Reiquiavik Vodafonevöllurinn 2.225 92 20 5

[editar] Palmarés

     

[editar] Campionatos por club

Club Títulos Primeiro título Último título
Knattspyrnufélag Reykjavíkur 25 1912 2011
Knattspyrnufélagið Valur 20 1930 2007
Íþróttabandalag Akraness 18 1951 2001
Knattspyrnufélagið Fram 18 1913 1990
Knattspyrnufélagið Víkingur 5 1920 1991
FH Hafnarfjörður 5 2004 2009
Knattspyrnudeild Keflavíkur 4 1964 1973
Íþróttabandalag Vestmannaeyja 3 1979 1998
Knattspyrnufélag Akureyrar 1 1989 1989
Breiðablik UBK 1 2010 2010

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas