Zinedine Zidane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zinedine Zidane
Zinedine Zidane 2008.jpg
Información persoal
Nome completo Zinedine Yazid Zidane
Nacemento 23 de xuño de 1972 (41 anos)
Lugar Marsella, Francia
Altura 1,85 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1982–1983 US Saint-Henri
1983–1987 SO Septèmes-les-Vallons
1987–1988 Cannes
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1992 Cannes 61 (6)
1992–1996 Bordeaux 139 (28)
1996–2001 Juventus 151 (24)
2001–2006 Real Madrid 155 (37)
Total 506 (95)
Selección nacional
1991–1994 Francia sub-21 18 (3)
1994–2006 Francia 108 (31)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un ex-futbolista francés, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003. En 2004 foi elixido nunha enquisa por Internet promovida pola UEFA como O Mellor futbolista europeo dos últimos 50 anos.[1]

Desenvolvíase na posición de mediapunta. Zidane era un centrocampista de gran técnica, preciosista, cunha gran visión de xogo e con toques xeniais.[2] Pese á súa calidade pasaba por longos períodos de irregularidade, non obstante terminaba as tempadas como un dos máis destacados do plantel.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou con 17 anos na Ligue 1 francesa co AS Cannes nun partido contra o Nantes. En 1992 ficha polo Girondins de Bordeos, no que pasa catro anos. En 1996, ficha pola Juventus, equipo no que gaña varios trofeos de Liga, Copa, Supercopa de Italia e a Copa Intercontinental.

Logo da súa destacada actuación na Eurocopa de 2000, Florentino Pérez interésase polo xogador e o 10 de xullo de 2001 foi presentado polo Real Madrid. Cifrouse a operación en 73,5 millóns de euros, sendo a fichaxe máis cara da historia naquel entón.[4] En 2002 marcou o gol que daba a Liga de Campións ao seu equipo contra o Bayer Leverkusen (2-1). Co club branco tamén gañou a Supercopa de Europa de 2002, a liga 2002/03 e a Supercopa de España de 2003.

O 7 de maio de 2006 xogou o seu penúltimo partido na liga, e último no Estadio Santiago Bernabéu, partido no que marcou un dos tres goles do seu equipo contra o Villarreal CF (3-3) e foi ovacionado pola afección. O seu último partido foi contra o Sevilla FC no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, no que tamén marcou un gol, aínda que o equipo perdeu (4-3).

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección de fútbol de Francia o 17 de agosto de 1994 nun encontro celebrado en Bordeos ante a República Checa. Entrou en substitución do mediocampista Corentin Martins no minuto 63 e marcou os dous goles cos que os galos empataron o partido.

A súa gran actuación na Copa Mundial de Fútbol de 1998, que culmina na final fronte a Brasil (na que marcou 2 dos 3 goles de Francia), valeulle o título mundial e axudoulle a conseguir o Balón de Ouro como mellor futbolista do ano. Tamén foi campión na Eurocopa de 2000. Para a Copa do Mundo de 2002 sufriu unha lesión e tivo pouca participación, sendo Francia eliminada en primeira fase. En 2004 Zidane anunciou o seu retiro da selección pero logo dos malos resultados na clasificatoria para o Mundial de 2006 foi necesario o seu retorno. Francia tivo unha regular primeira fase e en oitavos de final recuperou o seu nivel de inicios da década eliminando a España, a vixente campioa Brasil e Portugal, perdendo na final contra Italia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Serie A Juventus Italia 1997
Serie A Juventus Italia 1998
Liga española Real Madrid España 2003
Supercopa de España Real Madrid España 2003

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Intertoto da UEFA Girondins de Bordeos Francia e Alemaña 1995
Copa Intercontinental Juventus Xapón 1996
Supercopa de Europa Juventus Mónaco 1996
Copa Mundial de Fútbol Francia Francia 1998
Copa Intertoto da UEFA Juventus Italia 1999
Eurocopa Francia Bélxica e Países Baixos 2000
Liga de Campións da UEFA Real Madrid Escocia 2002
Supercopa de Europa Real Madrid Mónaco 2002
Copa Intercontinental Real Madrid Xapón 2002

(*) Incluíndo a Selección

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
FIFA World Player - Mellor xogador do ano 1998, 2000, 2003
FIFA World Player - Segundo mellor xogador do ano 2006
FIFA World Player - Terceiro mellor xogador do ano 1997, 2002
Balón de Ouro 1998
Balón de Prata 2000
Balón de Bronce 1997
Mellor xogador da Copa Mundial 2006
Once de Ouro 1998, 2000, 2001
Once de Prata 1997, 2002, 2003
Once de Bronce 1999
Mellor xogador da Liga de Campións da UEFA(MVP) 2001-02
Premio Gredos do Deporte 2003
Mellor xogador europeo dos últimos 50 anos (Votación por Internet) 2004
FIFA 100 - Un dos mellores xogadores vivos da historia 2004
Marca Leyenda[5] 2008
Incluído no once ideal da década polo diario inglés The Sun[6] 2009

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]