Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Copa Mundial de Clubs da FIFA, máis coñecida como Mundial de Clubs, é a competición de fútbol a nivel de clubs máis importante do mundo. Nela participan os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA. O torneo organízase cada ano e reúne aos equipos campións das competicións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC e, a partir da edición de 2007, ao campión do país organizador.
O antecedente directo do torneo foi a Copa Intercontinental, disputada entre os campións da Copa Libertadores de América (en representación de Sudamérica) e a Liga de Campións da UEFA (representando a Europa).
Ata 2011, a Copa Mundial de Clubs da FIFA realizouse en oito ocasións, tendo en conta a edición experimental do ano 2000. O torneo presenta unha forte dominación dos equipos europeos e sudamericanos, sendo os continentes con mais presencias nas finais.
No 2010, pola primeira vez un club de África xogou a final. O Mazembe eliminou o Internacional na semifinal polo marcador de 2-0, perdendo na final 3-0 ante o Inter de Milán.
O país máis gañador é Brasil con 3 títulos e un subtítulo, mentres que o club mais loureado é o FC Barcelona, vixente campión, con 2 títulos e 1 subcampionato.
[editar] Equipos españois
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas