Liga de Campións da UEFA 1997-98

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA 1997-98
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes24 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo23 de xullo de 1997 – 20 de maio de 1998 Editar o valor em Wikidata
Número de edición43 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoReal Madrid Club de Fútbol (7º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos85 Editar o valor em Wikidata
Goles239 Editar o valor em Wikidata
GolAlessandro Del PieroJuventus FC (10) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores2.868.568 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata

A Liga de Campións da UEFA 1997-98 foi a edición número 43 da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA. As roldas previas da competición leváronse a cabo entre xullo e agosto. A fase de grupos comezou en setembro e rematou en decembro. Os cuartos de final foron en marzo, as semifinais en abril, e a final foi o 20 de maio de 1998. Na final enfrontáronse o subcampión da edición anterior, o Juventus FC, e mailo campión español, o Real Madrid, que venceu por 1 gol a 0.

Fase de Grupos[editar | editar a fonte]

Os 8 equipos que non tiveron que pasar pola fase previa eran: Borussia Dortmund, Juventus FC, Manchester United, Real Madrid, PSV Eindhoven, FC Porto, Bayern Múnic e AS Mónaco. Os outros 16 equipos que participaron na fase de grupos foron o que se clasificaron nas roldas previas.

O mellor equipo de cada grupo acadou a clasificación para os cuartos de final da competición. As 2 prazas restantes foron para os 2 equipos con mellor puntuación dos 6 que remataron segundos:

Grupo Segundos de grupo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
F Alemaña Bayer 04 Leverkusen 6 4 1 1 11 7 +4 13
B Italia Juventus FC 6 4 0 2 12 8 +4 12
E Francia Paris Saint-Germain 6 4 0 2 11 10 +1 12
D Rosenborg BK 6 3 2 1 13 8 +5 11
C Países Baixos PSV Eindhoven 6 2 3 1 9 8 +1 9
A Italia Parma FC 6 2 3 1 6 5 +1 9

Eliminatorias[editar | editar a fonte]

Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 1997-98
Estadio Amsterdam Arena (Ámsterdan)
Capacidade 51.628
Campión Real Madrid
Finalista Juventus FC
Resultado 1 - 0
Campión


Finalista


O cadro das eliminatorias finais polo título de campión de Europa quedaron do seguinte xeito:

Cuartos de final Semifinais Final
 4 de marzo - 18 de marzo  1 de abril - 15 de abril  20 de maio (Ámsterdan)
                         
       
 Alemaña Bayer Leverkusen  1  0
 España Real Madrid  1  3  
 España Real Madrid  2  1
   Alemaña Borussia Dortmund  0  1  
 Alemaña Bayern Múnic  0  0
 Alemaña Borussia Dortmund  0  1  
 España Real Madrid  1
   Italia Juventus FC  0
 Italia Juventus FC  1  4
 Ucraína Dynamo de Kíiv  1  1  
 Italia Juventus FC  4  2
   Francia AS Mónaco  1  3  
 Francia AS Monaco  0  1
 Inglaterra Manchester United  0  1  

O Juventus FC adestrado por Marcello Lippi acadaba a súa 3ª final consecutiva, con xogadores como Alessandro Del Piero (máximo goleador da competición con 10 goles), Zinedine Zidane, Didier Deschamps, Edgar Davids e Filippo Inzaghi. A vitoria do Real Madrid na final de Ámsterdan, grazas ó gol do montenegrino Predrag Mijatović no minuto 66 en posible fóra de xogo, supuxo a sétima coroa continental para o club madrileño, e a primeira en 32 anos. O adestrador do equipo era o alemán Jupp Heynckes, e no cadro de xogadores salientaban os nomes de Raúl González, Roberto Carlos, Clarence Seedorf, Fernando Redondo, Fernando Hierro e Davor Šuker.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]