Gerd Müller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerd Müller
Información persoal
Nome Gerhard Müller
Nacemento 3 de novembro de 1945 (78 anos)
Lugar de nacemento Nördlingen
Falecemento 15 de agosto de 2021
Lugar de falecemento Wolfratshausen
Altura 176 centímetros
Posición Dianteiro Centro
Na rede
IMDB: nm0618157 Musicbrainz: ed814620-3e10-4a18-9103-8b28e71a7e78 Discogs: 534991 FIFA: 174790 UEFA: 9682 Find a Grave: 230803270 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Müller (1974)

Gerhard 'Gerd' Müller, nado en Nördlingen o 3 de novembro de 1945 e finado en Wolfratshausen o 15 de agosto de 2021,[1][2] foi un futbolista alemán. Gerd Müller foi un dos grandes dianteiros de tódolos tempos. A súa inalcanzable cifra de 68 goles en 62 partidos coa selección xermana é o mellor resumo que se pode facer do seu xogo. Foi coñecido como "Bomber der Nation" (o bombardeiro da nación) e "kleines dickes Müller" (baixo e gordo Müller).

Bayern Munich[editar | editar a fonte]

A súa carreira comeza no TSV 1861 Nördlingen, e chega ao Bayern Munich en 1964, formando equipo con Franz Beckenbauer e Sepp Maier. Nese momento o club militaba na segunda división xermana mais en pouco tempo xa se fixo cun lugar na Bundesliga.

A partir de aquí comeza unha época de éxitos para o Bayern:

Aínda hoxe ten o récord de máximo anotador das competicións europeas con 66 goles en 74 partidos.

A Selección[editar | editar a fonte]

Debuta en 1966 na selección de Alemaña do Oeste e retírase o 6 de xullo de 1974 coa vitoria na final do Mundial de 1974. Neste encontro anotou o gol da vitoria fronte a Holanda. Gerd Müller foi o máximo goleador da historia dos mundiais con 14 tantos ata o ano 2006 no que foi superado por Ronaldo con 15. Iso si, Muller só participou en dous (1970 e 1974) e Ronaldo en catro (1994,1998,2002 e 2006).

Tamén foi campión da Eurocopa de fútbol 1972 e o seu máximo artilleiro con 4 goles.

Fort Lauderdale Strikers[editar | editar a fonte]

Rematada a súa carreira en Alemaña marchou cara aos EUA en 1979, onde xogou nos Fort Lauderdale Strikers. Anotou 38 goles nas tres tempadas que estivo alí e foi nunha ocasión subcampión de liga.

Despois do fútbol[editar | editar a fonte]

Tras retirarse no ano 1982 caeu nunha forte depresión que o levou ao alcoholismo. Os seus compañeiros do Bayern Munich convencérono para se rehabilitar e cando rematou déronlle un traballo coma adestrador do equipo afeccionado do Bayern.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos co Bayern Munich[editar | editar a fonte]

Títulos coa selección[editar | editar a fonte]

Títulos individuais[editar | editar a fonte]

  • Máximo goleador da liga xermana: 1967, 1969, 1970, 1972, 1973, 1974, 1978
  • Máximo goleador europeo (Bota de Ouro): 1970, 1972
  • Máximo goleador dun mundial: 1970
  • Máximo goleador dunha Eurocopa: 1972
  • Futbolista xermano do ano: 1967, 1969
  • Futbolista europeo do ano (Balón de Ouro): 1970

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Er traf und traf und traf". hz.de (en alemán). 16 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2023. Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  2. "'The greatest striker': Gerd Müller, legendary German forward, dies aged 75". The Guardian (en inglés). 2021-08-15. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]