Liga de Campións da UEFA 2007-08

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA 2007-08
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes32 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2007-2008 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo17 de xullo de 2007 – 21 de maio de 2008 Editar o valor em Wikidata
Número de edición53 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoManchester United F.C. (3º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos125 Editar o valor em Wikidata
Goles330 Editar o valor em Wikidata
GolCristiano RonaldoManchester United F.C. (8) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores5.380.947 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata

Cerimonia previa á disputa da final da Liga de Campións da UEFA 2007-08.

A Liga de Campións da UEFA 2007-08 foi a 53ª edición da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs. Disputouse entre xullo de 2007 e maio de 2008, coa participación inicial de 76 equipos, representantes de 52 federacións nacionais.

A fase final da competición deu inicio en setembro de 2007, con 32 equipos competindo polo trofeo que defendía o AC Milán, trala súa vitoria na edición 2006-07. O campión final do torneo foi Manchester United, despois de derrotar ao Chelsea FC nos penaltis, na primeira final totalmente inglesa, que se disputou o 21 de maio no Estadio Luzhniki de Moscova. Para o equipo da cidade de Manchester supuxo a súa terceira conquista da máxima competición europea.

Fase de Grupos[editar | editar a fonte]

Eliminatorias[editar | editar a fonte]

Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2007-08
Estadio Estadio Luzniki (Moscova)
Capacidade 65.000
Campión Manchester United
Finalista Chelsea FC
Resultado 1 - 1 6-5 nos penaltis
Campión


Finalista


Aliñacións titulares dos dous equipos na final.
Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
 19/20 de febreiro - 4/5/11 de marzo  1/2 de abril - 8/9 de abril  22/23 de abril - 29/30 de abril  21 de maio
Estadio de Luzhniki, Moscova
                                     
           
 Alemaña Schalke 04 (p)  1  0 4
 Portugal FC Porto  0  1 1  
 Alemaña Schalke 04  0  0
   España FC Barcelona  1  1  
 Escocia Celtic FC  2  0
 España FC Barcelona  3  1  
 España FC Barcelona  0  0
   Inglaterra Manchester U.  0  1  
 Italia AS Roma  2  2
 España Real Madrid  1  1  
 Italia AS Roma  0  0
   Inglaterra Manchester U.  2  1  
 Francia Olympique Lyon  1  0
 Inglaterra Manchester U.  1  1  
 Inglaterra Manchester U.  1 6  
   Inglaterra Chelsea FC  1 5  
 Inglaterra Arsenal FC  0  2
 Italia AC Milan  0  0  
 Inglaterra Arsenal FC  1  2
   Inglaterra Liverpool FC  1  4  
 Inglaterra Liverpool FC  2  1
 Italia Inter de Milán  0  0  
 Inglaterra Liverpool FC  1  2
   Inglaterra Chelsea FC (pr)  1  3  
  Fenerbahçe SK (p)  3  2 3
 España Sevilla FC  2  3 2  
  Fenerbahçe SK  2  0
   Inglaterra Chelsea FC  1  2  
 Grecia Olympiakos  0  0
 Inglaterra Chelsea FC  0  3  

Final[editar | editar a fonte]

A final da edición 2007-08 da Liga de Campións da UEFA disputouse o 21 de maio de 2008, no Estadio Luzhniki de Moscova diante de 67.310 persoas. Nela enfrontáronse por vez primeira dous equipos ingleses, o Manchester United e o Chelsea FC. O Manchester United tentaba acada-lo seu 3º título de campión continental, mentres que o Chelsea FC xogaba a súa primeira final da máxima competición europea.

O encontro estivo dominado polo Manchester United, que tivo a posesión do balón o 58% do tempo, por un 42% do Chelsea FC. O portugués Cristiano Ronaldo abriu o marcador no minuto 26 a prol do Manchester United, e Frank Lampard igualou o encontro nos derradeiros intres da primeira metade. Despois do descanso non houbo mais goles, e o encontro foise á prórroga, na cal tampouco se moveu o taboleiro. Deste xeito, houbo que decidi-lo campión dende o punto de penalti.

Cristiano Ronaldo marrou o 3º lanzamento do Manchester United, e cando ó Chelsea FC só lle quedaba o 5º penalti para gaña-la final, John Terry fallou, e houbo que seguir facendo lanzamentos. Entón foi cando, no 7º lanzamento do Chelsea FC, o francés Nicolas Anelka fallou o seu lanzamento, e o Manchester United proclamouse campión. O porteiro holandés do Manchester United, Edwin van der Sar, foi premiado coa distinción Man of the Match.

Deste xeito o Manchester United acadou por terceira vez na súa historia o título de campión de Europa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]