Celtic F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celtic FC
Nome Celtic Football Club
Alcume(s)
Fundación 25 de maio de 1888
Estadio Celtic Park
Glasgow, Escocia
Inauguración 1892
Capacidade 60.832
Propietario
Presidente Escocia John Reid
Adestrador Inglaterra Neil Lennon
Liga Scottish Premier League
2009–10
Vestimenta
Patrocinador
Web oficial
Na casa


Fóra


O Celtic Football Club é un club de fútbol escocés da zona de Parkhead, en Glasgow, que actualmente compite na Scottish Premier League. Fundouse en 1887 e disputou o seu primeiro partido en 1888. Desde a súa fundación, o Celtic conseguiu 42 títulos de liga –só superado polo Rangers FC– e 35 copas escocesas –máis que ningún outro club escocés. O club disputa os seus partidos como local no Celtic Park, o estadio con maior capacidade do fútbol escocés, que alberga 60.832 espectadores sentados.

Índice

[editar] Historia

É moi sonada a grande rivalidade que o Celtic ten co Rangers dende 1888 (ano do nacemento do Celtic). É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson (que xa leva visto moito fútbol na súa vida) fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. De feito, dicía que nin nos derbis que vira en España, Italia, Inglaterra... tivera visto nada que se lle achegase. E tamén boa conta disto pode dála o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ambolos dous clubes se fala do Old Firm.

O equipo xoga os seus partidos coma conxunto local no Celtic Park tamén coñecido coma Parkhead por estar chantado nesa avenida e coma The Paradise ou simplemente Paradise grazas ós boísimos momentos que alí puideron pasar moitos siareiros. O estadio ten unha capacidade de 60.832 prazas todas elas de sentar sendo o estadio con meirande aforo da Escocia e o segundo do Reino Unido en canto a clubes se refire.

Abofé que o fito por excelencia do clube foi a proclamación do mesmo coma campión de Europa no 1967 trala vitoria acadada cun xogo de reis sobre o Inter de Milán por 2-1 en Lisboa. E velaquí a explicación de que tódolos xogadores que artellaban o plantel recibiran a denominación de Lisbon Lions. Cómpre salientar tamén ó falar deles que, hogano, inda segue a se-lo único clube de Europa que foi quen de gaña-la máxima competición continental botando man tan só de xente do país da orixe do equipo. E é máis, os xogadores tiveran nacido todos eles nun radio de 30 millas (algo máis de 55 quilómetros) con respecto á casa do clube, Celtic Park.

O Celtic tamén é coñecido coma o equipo dos católicos, estando formada a súa afección principalmente pola minoría católica de Escocia, polos norirlandeses católicos e polos irlandeses. Tamén ten importantes núcleos de seguidores en Australia, Estados Unidos ou Inglaterra, e aínda noutros países anglosaxóns coma o Canadá ou Nova Celandia alén de moitos milleiros máis de afecionados do equipo que están espallados polo resto do mundo.

O estadio adoita estar cheo en cada partido e nas últimas tempadas as estatísticas indican unha asistencia media ó terreo de xogo de arredor dunhas 57.000-58.000 persoas; cifras tan só rebasadas polos seguidores do Manchester United a nivel británico.

[editar] Uniforme

A primeira equipación do equipo é a de camisola con franxas horizontais verdes e brancas, pantalonciño cor branca e medias brancas inda que hai que dicir ó respecto que houbo ó longo da historia do clube diversas tempadas nas que as medias eran, á imaxe da camisola, con franxas verdes e brancas. En canto á segunda equipación hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era completamente verde.

[editar] Xogadores

[editar] Cadro actual

Datos do 21 de maio de 2011.[1]
Posto País Xogador
2 DEF Alemaña Andreas Hinkel
3 DEF Flag of Honduras.svg Emilio Izaguirre
4 MED Flag of Mexico.svg Efraín Juárez
5 DEF Flag of Sweden.svg Daniel Majstorović
7 MED Flag of Sweden.svg Freddie Ljungberg
8 MED Escocia Scott Brown
9 DIA Grecia Georgios Samaras
10 DIA Flag of Ireland.svg Anthony Stokes
11 DEF Flag of South Korea.svg Cha Du-Ri
12 DEF Escocia Mark Wilson
13 DIA Escocia Shaun Maloney
14 MED Ulster banner.svg Niall McGinn
15 MED Escocia Kris Commons
16 MED Gales Joe Ledley
18 MED Flag of South Korea.svg Ki Sung-Yueng
20 MED Ulster banner.svg Paddy McCourt
Posto País Xogador
21 DEF Escocia Charlie Mulgrew
22 DEF Flag of the Netherlands.svg Glenn Loovens
23 DIA Inglaterra Ben Hutchinson
24 POR Flag of Poland.svg Łukasz Załuska
25 DEF Flag of Norway.svg Thomas Rogne
26 POR Inglaterra Fraser Forster
27 DIA Flag of Ireland.svg Daryl Murphy
31 MED Flag of Ireland.svg Richie Towell
33 MED Flag of Israel.svg Beram Kayal
36 MED Flag of Ireland.svg Graham Carey
38 DEF Inglaterra Josh Thompson
45 DEF Escocia Lewis Toshney
47 POR Flag of the United States.svg Dominic Cervi
48 DEF Flag of Ireland.svg Darren O'Dea
49 DIA Escocia James Forrest
55 DIA Escocia Paul McGowan
88 DIA Inglaterra Gary Hooper

[editar] Xogadores famosos

  • Xogadores importantes: Roy Aitken, Bertie Auld, Tommy Burns, Dennis Connaghan, Pat Crerand, Kenny Dalglish, Patsy Gallacher, Tommy Gemmell, John Hartson, David Hay, Harry Hood, Jimmy Johnstone, Paul Lambert, Henrik Larsson, Neil Lennon, Bobby Lennox, Lou Macari, Willie Maley, Danny McGrain, Jimmy McGrory, Billy McNeill (Caesar), Paul McStay, Charlie Nicholas, Ronnie Simpson, Jock Stein, Chris Sutton, John Thomson (morto nun partido entre Celtic e Rangers), Charlie Tully, Stilian 'Stan' Petrov, Roy Keane, Aiden McGeady.

[editar] Palmarés

[editar] Torneos nacionais

[editar] Torneos internacionais

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Flag of Scotland.svg División de honra - 2010-11
Aberdeen - Celtic - Dundee United - Hamilton
Hearts - Hibernian - Inverness - Kilmarnock
Motherwell - Rangers - St Johnstone - St. Mirren

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas