Paul Breitner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Breitner
2008-05-18 PaulBreitner.jpg
Información persoal
Nome completo Paul Breitner
Nacemento 5 de setembro de 1951 (62 anos)
Lugar Kolbermoor, Alemaña
Altura 1,76 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1957–1961 SV-DJK Kolbermoor
1961–1970 ESV Freilassing
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1970–1974 Bayern München 109 (17)
1974–1977 Real Madrid 84 (10)
1977–1978 Eintracht Braunschweig 30 (10)
1978–1983 Bayern München 146 (66)
Total 369 (103)
Selección nacional
1971 Alemaña sub-23 1 (0)
1971–1982 Alemaña 48 (10)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Paul Breitner, nado en Kolbermoor o 5 de setembro de 1951, é un ex-futbolista alemán. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu alcume era "Afro-Paule" Breitner debido ao seu famoso peiteado afro durante a súa época de xogador.

É un dos grandes futbolistas xermanos de tódolos tempos, sendo 48 veces internacional. Os seus clubs foron o Bayern Múnic (70-74 e 78-83) e o Real Madrid (74-78). Foi campión de liga co Bayern nos anos 1972,1973,1974,1980 e 1981, da copa en 1971 e 1982 e da Copa de Europa en 1974. Co Real Madrid gañou a liga en 1975 e 1976, a Copa en 1975 e a Copa da UEFA en 1974.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Coa selección alemá foi campión de mundo en 1974 e subcampión en 1982. Nas Eurocopas tamén foi campión no ano 1980.

A día de hoxe traballa coma comentarista en televisión e columnista.