Estádio da Luz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 38°45′9.64″N 9°11′4.85″W / 38.7526778°N 9.1846806°W
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Lisboa, Portugal |
| Arquitecto | Populous |
| Inauguración | Outubro de 2003 |
| Superficie | Herba |
| Capacidade | 65.647 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | Sport Lisboa e Benfica |
| Localía | Sport Lisboa e Benfica |
| Eventos | |
|
|
O Estádio da Luz (oficialmente chamado Estádio do Sport Lisboa e Benfica) é un estadio de fútbol portugués localizado en Lisboa. Serve de localía ao Sport Lisboa e Benfica.
Foi sede de varios partidos durante a Eurocopa de fútbol 2004, incluíndo a final. O estadio foi totalmente reconstruído para o torneo sendo inaugurado en outubro de 2003, alcanzando a súa capacidade actual de 66.500 espectadores.
O 7 de xullo de 2007 déronse a coñecer neste estadio as Novas sete marabillas do mundo.