Juan Gelman
Juan Gelman, nado en Bos Aires o 3 de maio de 1930, é un poeta, xornalista e tradutor arxentino. É probabelmente o máis importante poeta vivo de Arxentina e gañador do Premio Miguel de Cervantes na súa edición de 2007.[1]
Índice |
Biografía [editar]
Naceu en Bos Aires, no barrio de Villa Crespo en 1930, terceiro fillo de inmigrantes rusos, José e Paulina. Aprendeu a ler aos 3 anos e pasou a súa infancia andando en bicicleta, xogando ao fútbol e lendo.
Aos 8 anos pasouse a tarde lendo Humillados y Ofendidos de Fiódor Dostoyevski que lle provocou unha febre que lle durou varios días.
Durante a súa mocidade, participou de diversos grupos e movementos literarios. Ocupou importantes cargos como xornalista. Co advenimiento da ditadura e debido á súa militancia na organización revolucionaria Montoneros (da que se afastou por diferenzas coa condución) tivo que exiliarse en distintos países de Europa e Latinoamérica.
Durante a ditadura, foron secuestrados e asasinados polo réxime militar o seu fillo Marcelo e a súa nora Claudia, que se atopaba embarazada. Fai poucos anos, e logo de anos de intensa procura, Gelman puido reunirse coa súa neta en Uruguai. Recibiu en 1997 o Premio Nacional de Poesía de Arxentina.
Recibiu varios premios: Literatura Latinoamericana e do Caribe Juan Rulfo, Nacional de Poesía arxentino, o Iberoamericano de Poesía "Pablo Neruda" e o Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana. Actualmente, Juan Gelman vive en México.
O 29 de novembro de 2007 foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes de Literatura.
Principais obras publicadas [editar]
- Violín y otras cuestiones (1956)
- El juego en que andamos (1959)
- Velorio del solo (1961)
- Gotán (1962)
- Cólera buey (1964)
- Traducciones III. Los poemas de Sydney West (1969)
- Fábulas (1971)
- Relaciones (1973)
- Si dulcemente (1980)
- Dibaxu (1994)
- Valer la pena (2002)
- País que fue será (2004)
- Los Poemas de Sidney West: Selección (Inclúe CD) (2005)
- Oficio Ardiente (2005)
- Miradas (2006)
Bibliografía [editar]
Poesía [editar]
- “Violín y otras cuestiones”, Gleizer, Bos Aires, 1956.
- “El juego en que andamos”, Nueva Expresión, Bos Aires, 1959.
- “Velorio del solo”, Nueva Expresión, Bos Aires, 1961.
- “Gotán” (1956-1962), La Rosa Blindada, Bos Aires, 1962. (Reeditado en 1996)
- “Cólera Buey”, La Tertulia, La Habana, 1965. (Reeditado en 1994)
- “Los poemas de Sidney West”, Galerna, Bos Aires, 1969. (Reeditado en 1995)
- “Fábulas”, La Rosa Blindada, Bos Aires, 1971.
- “Relaciones”, La Rosa Blindada, Bos Aires, 1973.
- “Hechos y Relaciones”, Lumen, Barcelona, 1980.
- “Si dulcemente”, Lumen, Barcelona, 1980.
- “Citas y Comentarios”, Madrid, Visor 1982.
- “Hacia el Sur”, Marcha, México, 1982.
- “Com/posiciones” (1983-1984), Ediciones del Mall, Barcelona, 1986.
- “Interrupciones I”, Libros de Tierra Firme, Bos Aires, 1986.
- “Interrupciones II”, Libros de Tierra Firme, Bos Aires, 1988.
- “Anunciaciones”, Visor, Madrid, 1988.
- “Carta a mi madre”, Libros de Tierra Firme, Bos Aires, 1989.
- “Dibaxu”, Seix Barral, Bos Aires, 1994.
- “Salarios del impío”, Libros de Tierra Firme, Bos Aires, 1993.
- “Incompletamente”, Seix Barral, Bos Aires, 1997.
- “Valer la pena”, Seix Barral, Bos Aires, 2001.
- “País que fue será”, Seix Barral, Bos Aires, 2004.
- “Mundar”, Seix Barral, Bos Aires, 2007.
Antoloxías poéticas [editar]
- “Poemas”, Casa de las Américas, La Habana, 1960. (Ao coidado de Mario Benedetti e Jorge Timossi)
- “Obra poética”, Corregidor, Bos Aires, 1975.
- “Poesía”, Casa de las Américas, La Habana, 1985. (Prólogo e selección de Víctor Casaus)
- “Antología poética”, Vintén, Montevideo, (1993). (Selección, prólogo e bibliografía completa de Lilián Uribe)
- “Antología personal”, Desde la Gente, Instituto Movilizador de Fondos Cooperativos, Bos Aires, 1993.
- “En abierta oscuridad”, Siglo XXI, México, 1993.
- “Antología poética”, Espasa Calpe, Bos Aires, 1994. (Selección e prólogo de Jorge Fondebrider)
- “De palabra” (1971-1987). Prólogo de Julio Cortázar, Visor, Madrid, 1994.
- “Oficio Ardiente” (2005), Patrimonio Nacional e a Universidade de Salamanca.
Prosa [editar]
- “Prosa de prensa”, Ediciones B, España, 1997.
- “Ni el flaco perdón de Dios/Hijos de desaparecidos” (En coautoría con Mara La Madrid), Planeta, Bos Aires, 1997.
- “Nueva prosa de prensa”, Ediciones B Argentina, Bos Aires, 1999.
- “Miradas”, Seix Barral, Bos Aires 2005.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Montanaro, Pablo (2006). Juan Gelman, esperanza, utopía y resistenci. ISBN.