Vladimir Nabokov
| Vladimir Nabokov | |
|---|---|
| Monumento a Vladimir Nabokov en Montreux. | |
| Nacemento: | 23 de abril de 1899 San Petersburgo |
| Falecemento: | 2 de xullo de 1977 Montreux, Suíza |
| Lingua: | |
| Xénero(s): | novela, lepidopterista, e profesor |
| Cónxuxe(s): | Véra Nabokov |
| Sinatura: |
|
Vladimir Nabokov, nado en San Petersburgo o 23 de abril de 1899 e finado en Montreux, Suíza, o 2 de xullo de 1977, foi un novelista, poeta e crítico estadounidense de orixe rusa. É considerado unha das principais figuras da literatura universal.
Índice |
Traxectoria[editar]
Nabokov naceu no seo dunha familia aristocrática. En 1919, a familia abandonou o país para escapar da Revolución Rusa. Tres anos máis tarde, Nabokov graduouse na Universidade de Cambridge coa máxima cualificación. Empezou a escribir para os diarios dos emigrantes rusos en Berlín (onde viviu de 1923 a 1937), baixo o pseudónimo de "Vladimir Sirin"). A súa novela sobre xadrez, Zashchita Luzhina (1930), consagrouno como un dos principais valores da xove xeración de escritores emigrados de Rusia. Durante os cinco anos seguintes escribiu catro novelas e un conto, entre as que destacan Desesperación e Convidado a unha decapitación. Do ano 1936 ao 1938 viviu en Francia, onde comezou a escribir en inglés. En 1940, trasladouse aos Estados Unidos e, cinco anos máis tarde, adoptou a nacionalidade estadounidense. Alí publicaría, en 1947, a súa primeira novela en inglés, Bend Sinister. Porén, a súa fama literaria foi discreta ata a publicación en París de Lolita (1955), obra que supuxo a súa consagración como escritor e que narra a intensa e obsesiva relación dun home maduro cunha adolescente, e que pode considerarse un estudo do amor e do desexo sexual. Xunto con esta obra, a que a seguiu, Pale Fire (1962), foi tamén moi eloxiada.
Éxito das súas obras[editar]
Durante a década de 1960 traducíronse a diversas linguas algunhas das súas primeiras novelas escritas en ruso, coma a obra Convidado a unha decapitación. En 1964 publicou, en edición crítica, a súa tradución ao inglés da novela de Alexander Pushkin, Eugene Onegin, en 4 volumes. Speak, Memory (1966) é un nostálxico relato da súa infancia na Rusia imperial e a súa vida posterior ata 1940; as memorias publicáronse orixinalmente en forma abreviada en 1951, baixo o título de Conclusive Evidence. Korol' Dama Valet, escrita en Berlín e publicada en ruso e alemán en 1928, é unha parodia dunha novela tradicional. En 1969 apareceu Ada or Ardor: A Family Chronicle, un exemplo claro da súa obra. En 1973 publicou dous libros: A Russian Beauty and Other Stories, e o ensaio Strong Opinions. En 1959 Nabokov estableceuse en Suíza, onde viviu recluído ata o 2 de xullo de 1977. O territorio exclusivo de Nabokov é a traxicomedia complexa, na que o tempo e o espazo condénsanse ou se expándense, e as metáforas e os símiles entremestúranse nun xogo incesante. Como dixera o propio autor: "Aínda que camiño sempre á beira da parodia, ten que haber, por outra parte, un abismo de seriedade".
Obras[editar]
Novelas escritas en ruso:
- 1926 - Mashen'ka (Машенька); Tradución en inglés: Mary (1970).
- 1928 - Korol' Dama Valet (Король, дама, валет); Tradución en inglés: King, Queen, Knave (1968).
- 1930 - Zashchita Luzhina (Защита Лужина); Tradución en inglés: The Luzhin Defense ou The Defense (1964) (tamén levada ao cinema: The Luzhin Defence, no 2001).
- 1930 - Sogliadatai (Соглядатай (Eavesdropper)); tradución ao inglés: The Eye (1965).
- 1932 - Podvig (Подвиг); traduciónn ao inglés: Glory (1971).
- 1932 - Kamera Obskura (Камера Обскура); Traducións ao inglés: Camera Obscura (1936), Laughter in the Dark (1938).
- 1936 - Otchayanie (Отчаяние); Tradución ao inglés: Despair (1937, 1966).
- 1938 - Priglasheniye na kazn' (Приглашение на казнь); tradución ao inglés: Invitation to a Beheading (1959).
- 1938 - Dar (Дар); Tradución ao inglés: The Gift (1963).
- Volshebnik (Волшебник), novela sen publicar escrita en 1939; tradución ao inglés: The Enchanter (1985).
Novelas escritas en inglés:
- 1941 - The Real Life of Sebastian Knight.
- 1947 - Bend Sinister.
- 1955 - Lolita, traducida ao galego no 2008 por Xesús Fraga [1]
- 1957 - Pnin.
- 1962 - Pale Fire.
- 1969 - Ada or Ardor: A Family Chronicle.
- 1972 - Transparent Things.
- 1974 - Look at the Harlequins!.
- 1977 - The Original of Laura (sen terminar).
Teatro:
- 1938 - Izobretenie Val'sa (The Waltz Invention); tradución ao inglés: The Waltz Invention: A Play in Three Acts (1966).
- 1984 - The Man from the USSR and Other Plays.