H.G. Wells

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
H.G. Wells (1920)

Herbert George Wells, máis coñecido como H. G. Wells, nado o 21 de setembro de 1866 e finado o 13 de agosto de 1946, foi un escritor británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Bromley, hoxe incluído no Gran Londres. Os seus pais eran antigos criados que estableceran un pequeno negocio, ademais o pai xogaba ao críquet profesionalmente. En 1874 como consecuencia dunha fractura dunha perna, Wells tivo que pasar un tempo na cama, durante ese tempo afeccionouse á lectura. En 1877 o seu pai lesionouse e tivo que deixar o críquet, Wells para a axudar á economía familiar empregouse como aprendiz nunha tenda de tecidos. En 1883 logrou un emprego de mestre na Midhurst Grammar school ata que conseguiu unha bolsa de estudos na Escola Normal de Ciencias de Londres, onde estuda bioloxía con T.H. Huxley e participa no debate político achegándose ás posicións socialistas da Sociedade Fabiana, foi un dos fundadores do xornal da súa escola, The Science School Journal. En 1887 perdeu a bolsa ao suspender xeoloxía e marcha a vivir cunha tía súa que ten unha filla, Isabel, coa que Wells casou en 1891, pero en 1894 déixaa por unha alumna súa, Amy Catherine, con quen tivo dous fillos. Ademais Wells tivo relacións coa feminista Margaret Sanger e coas escritoras Amber Reeves e Rebecca West.

Obra[editar | editar a fonte]

Herbert George Wells

En 1888 publica o seu primeiro relato, The Chronic Argonauts, en The Science School Journal, pero foi con The Time Machine (A máguina do tempo) (1895), The Island of Dr. Moreau (A illa do doutor Moreau), The Invisible Man (O home invisible) (1896) e The War of the Worlds (A guerra dos mundos) (1898) cos que acada a popularidade. Con clara influencia de Jules Verne, trata temas que se converterán en clásicos da ciencia-ficción como o da fantasía científica, o cuestionamento da propia humanidade ou a invasión extraterrestre. Escribiu tamén unha serie de novelas utópicas como In the Days of the Comet ou The Shape of Things to Come

Listaxe[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: H.G. Wells

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]