Xenebra, Suíza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°12′0″N 6°9′0″E / 46.20000°N 6.15000°E / 46.20000; 6.15000

Xenebra
Genève (en francés)
Ginevra (en italiano)
Genf (en alemán)
Wappen Genf matt.svg
Views of Geneva.jpg
Varias imaxes de Xenebra
Situación xeográfica
Xenebra en Suíza
Xenebra
Xenebra
País Suíza Suíza
Cantón Xenebra
Xeografía
Altitude 375 msnm
Superficie 15,86 km² km²
Poboación
Poboación 191.415 hab
Densidade 12.069 hab/km²
Información
Código postal 1200
Alcalde Pierre Maudet (FDP)
Páxina web www.ville-geneve.ch

Xenebra[1] (en francés Genève [ʒəˈnɛv], en italiano Ginevra, en alemá Genf, en romanche: Genevra) é a segunda cidade máis grande de Suíza e a capital do cantón de Xenebra. En total, 191.415 persoas habitan no concello de Xenebra (2010). A lingua oficial é o francés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Centro comercial, bancario, industrial, intelectual e universitario, a cidade foi construída no lugar onde o Ródano deixa o lago Léman, ou lago Xenebra, e conflúe co río Arve, concretamente na beira sudoeste do lago. Atópase nun fondo rodeada polo Salève e o Xura e a tan só unha hora en coche do mítico Mont Blanc, visible dende a cidade.

Na rada de Xenebra atópanse as pedras de Niton, unha das cales é o punto de referencia de todas as altitudes de Suíza. Trátase de dúas grandes rochas que emerxen do propio lago e que datan da última Idade do xeo.

Historia[editar | editar a fonte]

Panorama da cidade en 1860

.

A cidade aparece mencionada por primeira vez tras a súa toma por parte dos romanos no ano 121 a.C., facendo dela un posto fortificado na fronteira do Imperio Romano coas tribos celtas e xermánicas helvéticas. Logo da caída do Imperio, pasou sucesivamente a mans de burxundios e francos ata a súa incorporación ao Sacro Imperio Romano Xermánico en 1033.

Sen dúbida, un dos momentos históricos máis importantes vividos pola urbe é o que tivo como protagonista a Xoán Calvino e que fixo dela un punto vital da Reforma Protestante. En 1532 o bispo católico da cidade foi obrigado a deixar a súa residencia. Catro anos despois, os seus habitantes xa se declaraban protestantes e proclamaron unha república propia, baixo o liderado espiritual do propio Calvino, quen viviu na cidade ata o seu pasamento en 1564.

Xenebra é considerada desde hai tempo como cidade de acollida, xa desde que acolleu aos protestantes que seguiron á Reforma. Co acollemento de numerosos reformadores, ademais do xa citado Clavino, coma Guillaume Farel ou Théodore de Brèze, gañou o sobrenome de Roma protestante ou de cidade de Calvino. Numerosos persoeiros internacionais igualmente atoparon aquí refuxio, coma o célebre Lenin.

É grazas a esta tradición de acollida e á neutralidade de Suíza polo que numerosas organizacións internacionais decidiron instalar a súa sede en Xenebra:

Poboación[editar | editar a fonte]

Transportes[editar | editar a fonte]

Xenebra ten tamén un aeroporto internacional], accesible en autobús ou en tren, a menos de 10 minutos do centro. Grandes compañías como Swiss, British Airways, Air France, Lufthansa ou EasyJet teñen liñas con destinos en toda Europa e o resto do mundo. No seo da cidade, os transportes públicos xenebreses explotan un río denso de autobuses e de trolebuses así como unha liña de tranvías en pleno renacemento.

Cultura[editar | editar a fonte]

Xenebra acolle numerosas festas e manifestacións ao longo do ano, tales como o Salón internacional do automóbil de Xenebra no mes de marzo, a Festa da música no mes de xuño, a Lake Parade no mes de xullo e a celebración da Escalada en decembro. As festas da cidade desenvólvense entre xullo e agosto.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • O Jet de Genève (o Chorro de Xenebra) que é o símbolo da cidade. Localizado ao longo do Quai des Eaux-Vives é máis que centenario. Instalado orixinalmente preto do Bâtiment des Forces Motrices (Edificio das Forzas Motrices), servía en principio para diminuír a presión nas canalizacións da cidade. Foi despois desprazado á rada e conservado polo seu atractivo turístico.
  • A Catedral de San Pedro. Do século XII, foi o templo relixioso adoptado por Calvino dende o cal irradiar o seu reformismo relixioso. No seu interior consérvase a cadeira de madeira empregada por este. Existen evidencias da existencia de templos anteriores ao edificio actual, polo menos do século VIII, así como restos de actividade en época romana.
  • Alberga, por outro lado, numerosos museos entre os cales salientan:
    • O Musée d'Art et d'Histoire é o museo principal da cidade. Acolle pinturas dende a Idade Media ata o século XX, iconas, armas, instrumentos musicais e pezas téxtiles. Tamén ten un espazo adicado á arqueoloxía, incluíndo obxectos da Europa prehistórica, así como das culturas clásicas grega e romana e do Antigo Exipto, entre as que destaca unha momia do século IX a. C.
    • O Museo de historia natural.
    • O Museo etnográfico.
    • O Museo de arte moderna e contemporánea.
    • O Museo internacional do automóbil.
    • O Xardín e o Conservatorio botánicos.
    • O Museo da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.
    • O Museo Patek Philippe.

Xenebreses célebres[editar | editar a fonte]

Moitos outros xenebreses de adopción descansan no panteón que é o Cemiterio dos Reis:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xenebrino.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xenebra, Suíza
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Xenebra
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de xenebrino

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Cantón Pob. Listaxe Cidade Cantón Listaxe
Pano-Zurich-CityScape-FromGrossMunster-RiverSide.jpg
Zúric
Geneve 2005 001 Ork.ch.jpg
Xenebra
Panorama basel.jpg
Basilea
1 Zúric Zúric 372.047 11 Thun Berna 42.330
2 Xenebra Xenebra 191.415 12 Köniz Berna 38.793
3 Basilea Basilea-Cidade 169.019 13 La Chaux-de-Fonds Neuchâtel 37.523
4 Lausana Vaud 133.280 14 Schaffhausen Schaffhausen 34.587
5 Berna Berna 123.466 14 Friburgo Friburgo 34.490
6 Winterthur Zúric 101.203 16 Vernier Xenebra 33.517
7 San Galo San Galo 72.642 17 Coira Grisóns 33.377
8 Lucerna Lucerna 59.509 18 Neuchâtel Neuchâtel 32.770
9 Lugano Tesino 55.060 19 Uster Zúric 32.285
10 Biel/Bienne Berna 50.455 20 Sion Valais 29.718
Censo 2010

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]