Metáfora
A metáfora (do grego μεταφορά traslación, de μετά ao outro lado e φέρω levar) é un dos tropos con máis efectos expresivos e estéticos na lingua literaria. Consiste en trasladar o sentido propio dun termo real (TR) a outro co que mantén unha relación de semellanza (termo imaxinario, TI). A súa forma máis perfecta é a metáfora pura ou metáfora in absentia, na que só figura o TI e na que ten que deducirse o TR. Por outra banda, aquela na que se expresan os dous termos, a chamada metáfora impura ou metáfora in praesentia, resulta menos escura e permite máis alardes imaxinativos accesibles para o lector. Non se debe confundir a metáfora co símil, xa que a primeira non leva nexo de comparación; ademais, a relación que a metáfora indica non é comparativa, senón de identificación.
Exemplos [editar]
- Moitas palabras adquiriron o seu sentido actual por seren empregadas nalgunha época como metáforas.
→ TESTA 'maceta' > testa.
→ GEMMA 'gromo' > xema (do dedo)
→ PĚRNA 'pata de animal' > perna.
- Do poema Souben amar (no poemario Códice Calixtino de Luz Pozo Garza):
-
-
-
-
- Foron rúas escuras coma bosques de cedros
- que non volven.
- No fondal dos recordos pasaba o vento escuro.
-
-
-
Estes versos constitúen conxuntamente unha metáfora que nos refire os días idos poboados de dúbidas e da ausencia de declarada correspondencia amorosa.
- En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro). As "palomas" (pombas) identifícase co concepto de 'doncela'. A "luz", símbolo de vida e destrución, identifícase co gaiteiro.
-
-
-
-
- pobres palomas, buscaban
- a luz que as ía queimar
-
-
-
Tipos de metáfora [editar]
Metáfora antropomórfica [editar]
Metáfora que se une á prosopopea, polo que atribúe capacidades ou características humanas a outros seres vivos e a obxectos.
Metáfora aposicional [editar]
Aquela que leva expresos os seus dous termos e que se constrúe igual que unha aposición.
Metáfora atributiva, metáfora impura ou imaxe [editar]
Metáfora que leva expresos os seus dous termos, entrelazados por un nexo atributivo.
Metáfora cinestésica [editar]
A que atribúe sensacións ou capacidades sensoriais a algo que non as ten, o que podería causar a impresión dunha incongruencia semántica.
Metáfora hiperbólica [editar]
Metáfora que se une a unha hipérbole. En realidade, no fondo de toda metáfora sempre se esconde unha maior ou menor esaxeración, pero denomínase metáfora hiperbólica a aquela na que a desmesura está moi clara.
Metáfora impresionista ou descritiva [editar]
Aquela que conta con varios termos imaxinarios xustapostos.
Metáfora léxica ou lingüística [editar]
Vocábulo metafórico de uso común na lingua, coma pode ser folla de papel, ou pluma estilográfica.
Metáfora pura [editar]
Metáfora na que só se expresa o termo imaxinario (TI); o termo real (TR) debe ser deducido a partir do contexto.
Metáfora de segundo grao [editar]
A que presupón outra metáfora anterior, sen a cal a de segundo grao non tería sentido.
Metáfora sinestésica [editar]
Aquela que se une a unha sinestesia.
Metáfora surrealista, alucinante, onírica ou visionaria [editar]
Metáfora cuxo termo imaxinario é irracional, ilóxico, sen relación de semellanza evidente coa realidade, aínda que si a teña para o seu creador. O seu valor expresivo é moi forte, pretendendo provocar no lector unha determinada emoción. Este tipo de metáforas, nadas tras a profunda renovación poética que as creacións de Charles Baudelaire supuxeron, non son só propias do Surrealismo, aínda que con el acadan o seu máximo desenvolvemento.
Metáfora zoomórfica ou animalizadora [editar]
Aquela que identifica con animais ou capacidades e calidades de animais aos seres humanos.
Metáfora TI + de + TR [editar]
Metáfora formada por un sintagma preposicional; o TI anticipa ao TR.
Metáfora TR + de + TI [editar]
Metáfora formada por un sintagma preposicional; o TR anticipa ao TI.
Véxase tamén [editar]
|
|
|---|
| Subdisciplinas: semántica léxica | semántica gramatical | onomasioloxía | semasioloxía |
| Métodos: análise sémica |
| Unidades: significado | acepción | sema | semema | arquisemema | clasema | campo semántico |
| Relacións: monosemia | polisemia | homonimia | sinonimia | relacións de inclusión | antonimia |
| Perspectiva cognitiva: categorización | metáfora | metonimia |
| Temas relacionados: denotación | connotación | virtuema | lexema | lexicoloxía | lexicografía | dicionario |