Paul Auster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Auster.

Paul Auster, nado en Newark (New Jersey) o 3 de febreiro de 1947, é un escritor estadounidense. Parte da súa obra está ambientada na cidade de Nova York. Na súa mocidade traduciu poesía francesa, e foi tamén poeta antes de orientarse cara á novela. Ten traballado tamén para o cine; seus son os guións de Smoke, Blue in the Face e Lulu on the Bridge. Mentres residía en Brooklyn obtivo o Premio Médicis en 1993 pola novela Leviatán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seus pais naceran xa nos Estados Unidos, aínda que eran orixinarios da Europa Central. O seu contacto cos libros é bastante prematuro, grazas á biblioteca dun tío seu que era tradutor. Comeza a escribir aos 12 anos, antes mesmo de descubrir o béisbol, que tanto aparece nas súas novelas. Entre 1965 e 1967 estuda na Universidade de Columbia literatura francesa, italiana e inglesa. Empeza a traducir a autores franceses como Dupin e Du Buchet e viaxa a París. Volverá en 1967 para evitar ir á Guerra de Vietnam, tratará de traballar no cine a pesar de suspender o exame de ingreso ao IDHEC. Escribe guións para películas mudas que nunca se rodaron, mais que descubriremos máis tarde na súa novela O libro das ilusións.

Durante os dez anos seguintes o traballo será duro. Escribe artigos para revistas, comeza as primeiras versións de Viaxe de Ana Blume e d´ O palacio da lúa; traballa nun petroleiro, e de volta a Francia vivirá tres anos, de 1971 a 1974, grazas ás súas traducións de Mallarmé, Sartre ou Simenon; tamén escribe poesías e obras de teatro de un acto.

En 1979, xusto despois de divorciarse e de tentar sen éxito de publicar unha novela policíaca baixo o pseudónimo de Paul Benjamin (Bala falsa), a morte do seu pai proporciónalle unha pequena herdanza que o saca de apuros e o inspira para escribir A invención da soidade. Coñece á novelista Siri Hustvedt, coa que casa en 1981.

Comézase a recoñecer a Paul Auster entre os escritores importantes. Entre 1986 (ano no que se publica Cidade de cristal) e 1994 (Mr. Vertigo), saen do prelo novelas maiores como O palacio da lúa e Leviatán. Volve ao cine e adapta xunto ao director Wayne Wang o seu relato curto de O conto de Nadal de Augie Wren. Smoke e Brooklyn Boogie estréanse en 1995. O mesmo Auster é quen dirixe Lulu on the bridge (1997), que é mal recibido pola crítica.

Volve á novela con Tombuctú (1999), O libro das ilusións (2002), A noite do oráculo (2004) e Brooklyn Follies (2005). No ano 2006 recibe o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Un ano despois estrea a súa segunda película, The Inner Life of Martin Frost e publica o seu libro Viaxes no Scriptorium.

Obra[editar | editar a fonte]

Paul Auster é, por excelencia, o escritor do azar e da continxencia. Persegue, no cotián, as bifurcacións que nacen de acontecementos aparentemente anódinos. Isto sucede n´ A música do azar, e sobre todo en Leviatán na súa excepcional escena central. O seu estilo é aparentemente sinxelo, grazas ao seu traballo e coñecemento da poesía, mais agocha unha complexa arquitectura narrativa, composta de digresións, de historias na historia e de espellismos (O conto de Nadal de Augie Wren). Tamén describe a perda, o apego ao diñeiro, o vagabundeo (n´ O palacio da lúa, cuxa personaxe central se chama Marco Stanley Fogg, nunha especie de unión destes tres grandes viaxeiros). Cuestiónase a identidade, en especial na Triloxía de Nova York na que unha das súas personaxes que non é o narrador) se chama coma el; en Leviatán, na que o narrador ten as súas iniciais (Peter Aaron) e coñece a unha muller chamada Iris, (anagrama da súa esposa Siri), ou n´ A noite do oráculo, onde unha personaxe se chama Trause (anagrama de Auster).

Títulos publicados[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Disappearances: Selected Poems (1988)
  • Ground Work (1990)
  • Selected Poems (1998)
  • Collected Poems (2004)

Guións de cine[editar | editar a fonte]

Ensaios, memorias e autobiografías[editar | editar a fonte]

Escolmas[editar | editar a fonte]

  • The Random House Book of Twentieth-Century French Poetry (1982)
  • True Tales of American Life (Publicado primeiramente co título I Thought My Father Was God, and Other True Tales from NPR's National History Project) (2001)

Traducións[editar | editar a fonte]

Miscelánea[editar | editar a fonte]

Influencias[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista, a preguntas de Joseph Mallia, enumerou os escritores que lle influíron nos seus inicios como escritor, e a opinión que mantén actualmente sobre varios dos mesmos:

Kafka e Beckett. Ambos tiveron un grande impacto sobre min. A influencia de Beckett foi tan forte que case non podo saír dela. Entre os poetas sentíame moi atraído pola poesía contemporánea francesa e dos obxectivistas americanos, particularmente George Oppen, que se converteu no meu amigo. E o poeta alemán Paul Celan, que na miña opinión é o mellor poeta da post-guerra en calquera idioma. Dos poetas vellos, estaban Hölderlin e Leopardi, os ensaios de Montaigne e Don Quixote, de Cervantes, que segue sendo unha gran fonte para min”.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]