Ernest Ansermet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernest Ansermet

Ernest Ansermet, nado en Vevey o 11 de novembro de 1883 e finado en Xenebra o 20 de febreiro de 1969, foi un director de orquestra suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nativo da rexión francófona de Suíza comezou a súa carreira profesional como profesor de matemáticas, dirixindo como afección. Durante unha viaxe a Francia coñeceu a Claude Debussy e Maurice Ravel. Durante a Primeira Guerra Mundial coñeceu a Ígor Stravinski, exiliado en Suíza. En 1918 fundou a súa propia orquestra, a Orchestre de la Suisse Romande, coa que viaxou por Europa e América, de enorme importancia na difusión da música clásica moderna.