Sergio Ramírez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSergio Ramírez

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Sergio Ramírez Mercado Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Masatepe, Nicaragua (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Vicepresidente de Nicaragua
Member of the National Assembly of Nicaragua (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeNicaragua Editar o valor em Wikidata
EducaciónNational Autonomous University of Nicaragua (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNicaraguan literature (en) Traducir, ensaio, política e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , avogado , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Libre de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoProsa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina websergioramirez.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: escritorsergioramirez Twitter: sergioramirezm Editar o valor em Wikidata

Sergio Ramírez Mercado, nado en Masatepe-Nicaragua, o 5 de agosto de 1942, é un escritor, xornalista, político e avogado nicaraguano, que ten tamén nacionalidade española.[1]

Sergio Ramírez formou parte da Xunta de Goberno de Reconstrución Nacional que se creou tras o triunfo da Revolución Sandinista o 19 de xullo de 1979 formada por cinco membros, tres da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (Daniel Ortega Saavedra, que facía as funcións de coordinador da Xunta, Sergio Ramírez e Moisés Hassan) e dúas os empresarios Alfonso Robelo Callejas e Violeta Barrios de Chamorro. No goberno constituído o 10 de xaneiro de 1985, xurdido de eleccións do 4 de novembro de 1984, exerceu como vicepresidente baixo o mandato de Daniel Ortega até o 25 de abril de 1990 día no que se constituíu o goberno xurdido das eleccións do 25 de febreiro de 1990 que gañou a Unión Nacional Opositora (UN) liderado por Violeta Barrios de Chamorro[2].

Tras da derrota electoral do FSLN seguiu como suplente de Daniel Ortega, sendo xefe da bancada sandinista na Asemblea Nacional, até 1995.[3] En 1996 foi candidato presidencial polo Movemento Renovador Sandinista, escisión do FSLN, posteriormente reemprendeu a súa actividade literaria, tras gañar o Premio Alfaguara en 1998.[4]

É presidente fundador do encontro literario Centroamérica conta, que se realiza en Nicaragua desde 2012, o cal reuniu a máis de cincocentos narradores e xornalistas nas súas cinco edicións. En 2017 converteuse no primeiro centroamericano en gañar o Premio Cervantes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É o segundo de cinco fillos do matrimonio de Pedro Ramírez Gutiérrez e da profesora de secundaria Luisa Mercado Gutiérrez. Ao dezaoito anos fundou a revista experimental Ventana xunto con Fernando Gordillo —escritor nicaraguano morto en 1967, aos vinte e seis anos—, con quen dirixiu o movemento literario Frente Ventana. En 1963 publicou o seu primeiro libro —Cuentos, Editorial Nicaragüense, Managua— e ao ano seguinte graduouse en Leis pola Universidade Nacional Autónoma de León con "Medalla de Ouro".

Casou en 1964 coa socióloga Gertrudis Guerreiro Mayorga. Ese ano viaxaron a Costa Rica, onde viviron catorce anos cunha paréntese de 1973 a 1975 nos que Ramírez se trasladou a Berlín cunha bolsa outorgada polo Servizo de Intercambio Académico Alemán (DAAD) e escribiu a novela ¿Te dio miedo la sangre?[5] En Costa Rica dirixiu a revístaa Repertorio e asumiu a secretaría xeral do Consello Superior Universitario Centroamericano (CSUCA) -naquel período con sede nese país- en dúas oportunidades: 1968 e 1976. En 1978 fundou en San José a Editorial Universitaria Centroamericana (EDUCA).

En decembro de 2018 obtivo a nacionalidade española por carta de natureza.[6][7]

Político[editar | editar a fonte]

Integrouse na oposición contra a ditadura de Anastasio Somoza Debayle e en 1977 encabezou o Grupo dos Doce, formado por intelectuais, empresarios, sacerdotes e dirixentes civís que apoiaron á fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN).

Sergio Ramírez

Antes e despois do triunfo da Revolución Nicaraguana o 19 de xullo de 1979, formou parte da Xunta de Goberno de Reconstrución Nacional, presidiu o Consello Nacional de Educación e fundou en 1981 a Editorial Nueva Nicaragua (ENN).

En 1984 foi elixido como vicepresidente de Nicaragua, como compañeiro de Daniel Ortega, cargo que ocupou até 1990 cando o FSLN perdeu as eleccións ante a Unión Nacional Opositora (UN), por unha estreita marxe.

A partir de 1990, Ramírez encabezou a bancada sandinista na Asemblea Nacional de Nicaragua, como suplente de Daniel Ortega e en 1991 foi elixido membro da Dirección Nacional do FSLN. Como xefe da bancada sandinista, Ramírez promoveu a tendencia "renovadora" e impulsou a reforma a 65 artigos da Constitución Política de 1987, xustificando a necesidade de democratizar a carta magna.

A iniciativa renovadora impulsada por Ramírez non contou co respaldo do Poder Executivo, tampouco co dos membros do Congreso Sandinista e a Dirección Nacional do FSLN, quen finalmente apoiaron o liderado de Daniel Ortega e viron nestas accións unha traizón.[8][9] A tendencia renovadora, que era maioría na bancada sandinista, e a súa oposición cara ao liderado do FSLN, deu inicio a unha crise política no seo do partido.

En novembro de 1994, Ramírez foi destituído como suplente de Ortega, con todo a bancada sandinista votou por Dora María Téllez, quen era partidaria das reformas de Ramírez; feito que agudizou a división entre os renovadores e os ortodoxos dentro do FSLN. A Presidenta Violeta Barrios de Chamorro cualificou o proxecto de reformas constitucionais de Ramírez; como unha ruptura no equilibrio dos poderes do Estado.[10]

As reformas á constitución finalmente aprobáronse en 1995, ese mesmo ano Ramírez fundou o partido Movemento Renovador Sandinista (MRS), escisión do FSLN, e presentouse como candidato presidencial nas Eleccións Xerais de 1996.[11] O MRS quedou oficialmente na sexta posición, ao obter o 0.44% dos resultados, con 7.665 votos a nivel nacional, gañando unha alcaldía no Departamento de Carazo e un asento na Asemblea Nacional.[12][13] Dora María Téllez, disidente sandinista e tamén fundadora do MRS valorou a votación como unha vitoria política, afirmou que o novo partido obtivo un pouco máis de quince mil votos, a pesar de que, nalgúns casos, as papeletas desapareceron e os votos non foron sumados.

Tras estes comicios, Ramírez decidiu retirarse da primeira liña, pero continuou marcando posición na política de Nicaragua, sendo moi crítico con Daniel Ortega. En 1999 publicou as súas memorias en Adiós muchachos, relato da súa traxectoria partidaria, do entusiasmo da revolución, das contradicións do FSLN no poder e da súa desafección do sandinismo.[14] A tensión entre Ramírez e Ortega quedou ben reflectida en 2008, cando durante o segundo mandato presidencial, o Instituto Nicaraguano de Cultura (INC) vetou ao escritor como prologuista da antoloxía de Carlos Martínez Rivas.

Escritor e xornalista[editar | editar a fonte]

Con Felipe González en 1988

Ramírez comezou a súa carreira literaria como contista: o seu primeiro relato, El estudiante, publicouno en 1960 na revista Ventana, de León.[15] O seu primeiro libro, aparecido tres anos máis tarde, foi unha recompilación de relatos, pero o seguinte, publicado en 1970, era xa unha novela. A partir de entón, foi alternando estes xéneros co ensaio e o xornalismo. A súa consagración internacional chegou en 1998, cando gañou o l, coa súa novela Margarita, está linda la mar, que se basea en sucesos reais da historia nicaraguana e é un exemplo do movemento da Nova Novela Histórica en Latinoamérica.[16]

A relación entre a historia e a ficción é unha constante principal na obra novelística de Ramírez, que experimentou cambios significativos no seu estilo de narrativa.[17]

Ramírez —que en 1990 fundou La Quincena, publicación que sairía en Managua ao longo de dez anos— é columnista de varios xornais ao redor do mundo, entre eles, El País, de Madrid; La Jornada, de México; El Nacional, de Caracas; El Tiempo, de Bogotá e La Opinión, de Los Ángeles; La Prensa e a revista Magazine en Nicaragua. Dirixe ademais a revista electrónica cultural centroamericana Carátula.

Foi profesor na Universidade de Maryland de 1999 ao 2000 e no 2001.

En 2011 publicou La fugitiva, baseada na vida da escritora costarriqueña Yolanda Oreamuno (Amanda Solano na novela), que nos é presentada a través dos recordos de tres amigas, personaxes inspirados en mulleres reais; así, o último relato é o dunha cantante, Manuela Torres, que correspondería a Chavela Vargas; Gloria Tinoco e Mariña Carmona teñen como prototipos respectivamente a Beira Tinoco Rodríguez, casada cun fillo do presidente de Costa Rica Rafael Yglesias Castro, e á pedagoga e escritora Lilia Ramos Valverde (1903-1985).[18]

Desde 2013 preside o encontro anual de literatura "Centroamérica cuenta", celebrado en Nicaragua e considerado o máis importante festival literario da rexión.[19]

Controversias[editar | editar a fonte]

En 2001

A finais de 2008 durante o segundo mandato de Daniel Ortega, o Instituto Nicaraguano de Cultura (INC) vetou a Ramírez como prologuista da antoloxía de Carlos Martínez Rivas que o diario El País tiña previsto publicar na súa colección dedicada aos grandes poetas en lingua española do século XX. Como resposta, o diario español decidiu retirar a antoloxía.

O veto provocou a solidariedade de escritores e intelectuais latinoamericanos que asinaron un manifesto de «protesta ante un acto de censura oficial». «Ningún goberno pode arrogarse a potestade de vetar ou prohibir a palabra dun escritor, e un acto semellante non pode cualificarse senón de totalitario», sostivo o texto, subscrito, entre outros, por Gabriel García Márquez, Carlos Fuentes, Tomás Eloy Martínez e Ángeles Mastretta.

Obra[editar | editar a fonte]

Relato[editar | editar a fonte]

  • Cuentos (1963). Editorial Nicaragüense, Managua.
  • De tropeles y tropelías (1971).
  • Charles Atlas también muere (1976). Editorial Joaquín Mortiz, México.
  • Cuentos completos (1997). Alfaguara México.
  • Catalina y Catalina (2011). Alfaguara México, 2001. Son 11 contos: La herencia del bohemio , El pibe Cabriola , La partida de caza , Aparición en la fábrica de ladrillos , Perdón y olvido , Gran Hotel , Un bosque oscuro , Ya todo está en calma , La viuda Carlota , Vallejo e Catalina y Catalina
  • El reino animal (2006). Alfaguara.
  • Ómnibus, antología personal (2008). Editorial Universidade de Porto Rico, San Juan.
  • Juego perfecto (2008). Editorial Piedra Santa / Amanuense Editorial, Guatemala, 11 contos.
  • Perdón y olvido (2009). Escolma de contos: 1960-2009; Leteo Ediciones, Managua.
  • La jirafa embarazada (2013). Conto infantil, Fundación Libros para Niños.
  • Flores oscuras (2013). Alfaguara, 2013. Contén 12 relatos: Adán y Eva , La puerta falsa , La cueva del trono de la calavera , Ya no estás más a mi lado corazón , Las alas de la gloria , La colina 155 , No me vayan a haber dejado solo , Ángela, el petimetre y el diablo , El mudo de Truro, Iowa , El autobús amarillo , Abbott y Costello e Flores oscuras.
  • A la mesa con Rubén Darío 2016). Trilce México.

Novela[editar | editar a fonte]

  • Tiempo de fulgor (1970). Editorial Universitaria de Guatemala.
  • ¿Te dio miedo la sangre? (1977). Monte Ávila Editores (reeditado en 1998 pola Editorial Anama, Managua).[20]
  • Heiliger Bimbam (1984). En: Erkundungen. 50 Erzähler aus Mittelamerika , Berlín Este, 1988, p. 36-46.
  • Castigo divino (1988). Mondadori, Madrid.
  • Un baile de máscaras (1995). Alfaguara México.
  • Margarita, está linda la mar (1998). Alfaguara.
  • Sombras nada más (2002). Alfaguara México.
  • Mil y una muertes (2004). Alfaguara México.
  • El cielo llora por mí (2009). Novela policíaca, Alfaguara.
  • La fugitiva (2011). Alfaguara.
  • Sara (2015). Alfaguara.
  • Ya nadie llora por mí (2017). Novela negra, Alfaguara.

Ensaio e outras[editar | editar a fonte]

  • Mis días con el rector (1965). Edicións Ventana, León, Nicaragua. Aartigos publicados no diario La Noticia a raíz do falecemento do reitor da Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua, Mariano Fiallos Gil
  • Hombre del Caribe (1977). Editorial EDUCA, Costa Rica (biografía de Abelardo Cadra)
  • El muchacho de Niquinohomo (1981). Ensaio biográfico sobre Sandino. Unidade Editorial "Juan de Dios Muñoz", Departamento de Propaganda e Educación Política do FSLN. Reeditado en 1988 pola editorial Vanguardia, Managua.
  • Pensamiento vivo de Sandino (1981). 2 tomos, Editorial Nueva Nicaragua, Managua.
  • Balcanes y volcanes (1983). Editorial Nueva América, Buenos Aires.
  • El alba de oro. La historia viva de Nicaragua (1983). Editorial Siglo XXI, México.
  • Estás en Nicaragua (1985). Munhnik Editores, Barcelona.
  • As armas do futuro (1987). Editorial Nueva Nicaragua, Managua.
  • La marca del Zorro (1989). Editorial Nueva Nicaragua, Managua. 17 horas de conversación co comandante guerrilleiro Francisco Rivera Quintero en setembro de 1988.
  • Confesión de amor (1991). Prólogo de Ernesto Cardeal. Ediciones Nicarao, Managua.
  • Oficios compartidos (1994). Editorial Siglo XXI, México.
  • Biografía Mariano Fiallos (1997). Editorial Universitaria, León, Nicaragua.
  • Adiós muchachos (1999). Alfaguara. Unha memoria da revolución sandinista.
  • Mentiras verdaderas (2001). Alfaguara México.
  • El viejo arte de mentir (2004). Fondo de Cultura Económica, México.
  • El señor de los tristes (2006). Ensaios literarios. Editorial da Universidade de Porto Rico, San Juan.
  • Tambor olvidado (2007). Aguilar, San José, Costa Rica.
  • Cuando todos hablamos (2008). Alfaguara. Contén máis de 200 artigos publicados no seu blog no portal literario El Boomeran(g).

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Castigo divino (1991). Miniserie de televisión (R.T.I.), dirixida por Jorge Alí Triana con guión de Carlos José Reyes, baseada na novela homónima. 1991
  • Cortázar: Apuntes para un documental (2001). Dir. Eduardo Montes Bradley. Arxentina, 2001 (participación testemuñal)

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1971: Premio Latinoamericano de Conto, da revista Imagen, Caracas, por De tropeles y tropelías
  • 1990: Premio Internacional Dashiell Hammett de Novela por Castigo divino
  • 1990: Orde Carlos Fonseca, máxima condecoración do FSLN.
  • 1993: Cabaleiro das Artes e das Letras (Francia)
  • 1998: Premio Internacional de Novela Alfaguara por Margarita, está linda la mar.
  • 1998: Premio Laure Bataillon á Mellor Novela Estranxeira publicada en Francia por Un baile de máscaras (Lle bal des masques, Éditions Rivages, 1997).
  • 2000: Premio de Narrativa José María Arguedas por Margarita, está linda la mar.
  • 2004: Medalla de Honra Presidencial Centenario de Pablo Neruda (Chile).
  • 2005: Fillo Dilecto de Masatepe, acordado polo Concello Municipal (Nicaragua).
  • 2011: Premio José Donoso (Chile).
  • 2013: Orde das Artes e das Letras en grao de Oficial (Francia).
  • 2014: Premio Internacional «Carlos Fuentes» á Creación Literaria en Idioma Español outorgado polo Goberno de México, por medio do Consello Nacional para a Cultura e as Artes (México).
  • 2017: Doutoramento Honoris Causa, Universidade de Chile.
  • 2017: Premio Cervantes (España), o máis importante da literatura en lingua española.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. EFE (2018-12-01). "Sergio Ramírez y González Iñárritu obtienen la nacionalidad española". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-11-29. 
  2. Richard L. Millett, A.B., M.A., Ph.D. "Nicaraguan Revolution". Encyclopedia Encarta (en inglés). pp. Microsoft® Encarta® Online Encyclopedia 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2009. NOTA:Ver versión en CD 
  3. "Revista Envío - Noticias del mes". www.envio.org.ni. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 2020-11-29. 
  4. "NICARAGUA ELECTION OBSERVATION MISSION OCTOBER 20, 1996" (PDF). ifes.ogr. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de novembro de 2020. 
  5. Marcos, Javier Rodríguez (2018-04-19). "“La literatura no es incompatible ni con la política ni con una guerra”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-11-29. 
  6. EFE (2018-12-01). "Sergio Ramírez y González Iñárritu obtienen la nacionalidad española". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-11-29. 
  7. "boe.es" (PDF). 2019/01/18. 
  8. "Revista Envío - Noticias del mes". www.envio.org.ni. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 2020-11-29. 
  9. "NICARAGUA: Diputados sandinistas denuncian amenazas". IPS Agencia de Noticias (en castelán). 1994-11-08. Consultado o 2020-11-29. 
  10. "Revista Envío - Noticias del mes". www.envio.org.ni. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 2020-11-29. 
  11. "Historia de la Alianza Movimiento Renovador Sandinista". La Prensa (en castelán). 2006-12-14. Consultado o 2020-11-29. 
  12. "ihncahis.uca.edu" (PDF). Catálogo electoral. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2020. 
  13. "Revista Envío - Cómo votaron los nicaragüenses". www.envio.org.ni. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2021. Consultado o 2020-11-29. 
  14. "Sergio Ramírez: «Daniel Ortega cree que no hay nada mejor que el partido único»". abc (en castelán). 2016-08-15. Consultado o 2020-11-29. 
  15. "Sergio Ramírez - Noticias 2009". web.archive.org. 2009-05-20. Archived from the original on 20 de maio de 2009. Consultado o 2020-11-29. 
  16. Cervantes, Biblioteca Virtual Miguel de. "Historia y ficción en la obra novelística de Sergio Ramírez / Werner Mackenbach". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2020-11-29. 
  17. Cervantes, Biblioteca Virtual Miguel de. "Historia y ficción en la obra novelística de Sergio Ramírez / Werner Mackenbach". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2020-11-29. 
  18. "Lo que le debemos a Yolanda". rchive.org. Archived from the original on 27 de agosto de 2011. 
  19. "Centroamérica Cuenta – Festival anual de escritores". www.centroamericacuenta.com. Consultado o 2020-11-29. 
  20. "¿Te dio miedo la sangre?". www.casamerica.es (en castelán). Consultado o 2020-11-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]