Premio Miguel de Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento a Cervantes na Plaza de España, Madrid.

O Premio Cervantes, foi instituído en 1975 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura de España.

Trátase do Premio Nacional de Literatura. Está recoñecido coma o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá cuxa contribución ó patrimonio cultural hispánico fora decisiva. Xeralmente premiase a un español e a un latinoamericano, aproximadamente en forma alternativa, dando así o número de máis da metade de premiados a escritores moitas veces descoñecidos a nivel mundial do país que outorga o premio,[1] e o resto repartido a grandes escritores de América.

Actualmente está dotado con 90.450 euros e toma o seu nome do autor Miguel de Cervantes e Saavedra, autor da que se considera a máxima obra da literatura castelá, Don Quixote da Mancha.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A súa primeira edición tivo lugar de xeito efectivo no ano 1976. O Premio Cervantes non pode ser dividido, declarado deserto ou ser concedido a título póstumo, segundo as normas que se estableceron despois de que na edición de 1979 o xurado decidira conceder o premio "ex aequo" ó español Gerardo Diego e ó arxentino Jorge Luis Borges.

Os candidatos ó Premio Miguel de Cervantes son propostos polo pleno da Real Academia Española, polas Academias da Lingua dos países de fala hispana e polos gañadores en pasadas edicións.

O xurado está integrado polo director da Real Academia Española, o presidente dunha das Academias da Lingua Española de Hispanoamérica, que vai cambiando cada ano, o premiado na edición anterior e oito personalidades do mundo académico, literario ou universitario, españois ou hispanoamericanos, de recoñecido prestixio.

O 23 de abril de cada ano, coincidindo coa data na que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes, o rei de España, Xoán Carlos I, preside a entrega deste galardón no Paraninfo da Universidade de Alcalá. Neste acto solemne, o rei, o ministro de Cultura español e o autor galardonado pronuncian un discurso no que se glosa a vida e produción literaria do premiado, a obra de Cervantes e os autores clásicos da lingua española, así coma sobre o estado do idioma.

Lista de gañadores do Premio Cervantes[editar | editar a fonte]

Medal of the Miguel de Cervantes Prize.svg
Edición
Ano
País
Autor
38a 2013 México Elena Poniatowska
37a 2012 España José Manuel Caballero Bonald
36a 2011 Chile Nicanor Parra
35a 2010 España Ana María Matute[2]
34a 2009 México José Emilio Pacheco[3]
33a 2008 España Juan Marsé
32a 2007 Arxentina Juan Gelman
31a 2006 España Antonio Gamoneda
30a 2005 México Sergio Pitol
29a 2004 España Rafael Sánchez Ferlosio
28a 2003 Chile Gonzalo Rojas
27a 2002 España José Jiménez Lozano
26a 2001 Colombia Álvaro Mutis
25a 2000 España Francisco Umbral
24a 1999 Chile Jorge Edwards
23a 1998 España José Hierro
22a 1997 Cuba Guillermo Cabrera Infante
21a 1996 España José García Nieto
20a 1995 España Camilo José Cela
19a 1994 Perú Mario Vargas Llosa
18a 1993 España Miguel Delibes
17a 1992 Cuba Dulce María Loynaz
16a 1991 España Francisco Ayala
15a 1990 Arxentina Adolfo Bioy Casares
14a 1989 Paraguai Augusto Roa Bastos
13a 1988 España María Zambrano
12a 1987 México Carlos Fuentes
11a 1986 España Antonio Buero Vallejo
10a 1985 España Gonzalo Torrente Ballester
9a 1984 Arxentina Ernesto Sábato
8a 1983 España Rafael Alberti
7a 1982 España Luis Rosales
6a 1981 México Octavio Paz
5a 1980 Uruguai Juan Carlos Onetti
4a 1979 Arxentina e España Jorge Luis Borges e Gerardo Diego
3a 1978 España Dámaso Alonso
2a 1977 Cuba Alejo Carpentier
1a 1976 España Jorge Guillén

Premios Cervantes por países[editar | editar a fonte]

Datos actualizados a xaneiro de 2012.

País
Número
España España 18
Flag of Argentina.svg Arxentina 5
Flag of Mexico.svg México 4
Flag of Chile.svg Chile 3
Flag of Cuba.svg Cuba 3
Flag of Paraguay.svg Paraguai 1
Flag of Peru.svg Perú 1
Flag of Colombia.svg Colombia 1
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]