José García Nieto
José García Nieto, nado en Oviedo o 6 de xullo de 1914 e finado en Madrid o 27 de febreiro de 2001, foi un poeta e escritor español, gañador do Premio Cervantes en 1996 polo conxunto da súa obra, e membro, canda Gabriel Celaya, Blas de Otero e José Hierro, da xeración poética da posguerra española.
Índice |
Traxectoria [editar]
José García Nieto, nace en Oviedo, o 6 de xullo de 1914, no nº 8 da rúa Portugalete (hoxe Melquíades Álvarez nº 6). Os seus pais foron José García Lueso e María de La Encarnación Nieto Fernández. O pai, que tiña a carreira de dereito, dedicouse ao xornalismo. Queda orfo de pai aos 9 anos e coa súa nai vive en Zaragoza, Toledo e Madrid, onde estuda o bachalerato e empeza a crear versos. Ao estalar a Guerra Civil española (1936-1939), ocupa o posto de secretario do Concello de Chamartín de la Rosa (que logo sería absorbido polo Concello de Madrid), é mobilizado e ao rematar a guerra volve ao Concello.
Desde entón dedícase á literatura, especialmente á poesía, ao teatro, incluíndo a adaptación de clásicos españois e ao guión cinematográfico.
En 1950 obtén o Premio Adonais por Dama de soledad.
Obtén o Premio Fastenrath da Real Academia Española por Geografía es amor en 1955.
En 1951 e 1957 obtén o Premio Nacional de Literatura.
En 1980 obtén o Premio Mariano de Cavia de periodismo.
É elixido académico da Real Academia Española o 28 de xaneiro de 1982, ocupando a cadeira "i" que deixara vacante José María Pemán.
En 1987 obtén o Premio González-Ruano de xornalismo.
En 1996 concédenlle o Premio Cervantes polo conxunto da súa obra.
Obra [editar]
- Víspera hacia ti (1940)
- Poesía (1944)
- Versos de un huésped de Luisa Esteban (1944)
- Tú y yo sobre la tierra (1944)
- Retablo de ángel, el hombre y la pastora (1944)
- Del campo y soledad (1946)
- Juego de los doce espejos (1951)
- Tregua (1951). Premio Nacional de Literatura
- La red (1955). Premio Fastenrath
- Geografía es amor (1956). Premio Nacional de Literatura
- El parque pequeño (1959)
- Corpus Chisti y seis sonetos (1962)
- Circunstancias de la muerte (1963)
- La hora undécima (1963)
- Memorias y compromisos (1966)
- Hablando solo (1967). Premio Ciudad de Barcelona
- Facultad de volver (1970)
- Taller de arte menor y cincuenta sonetos (1973)
- Súplica por la paz del mundo y otros "collages" (1973). Premio Boscán
- Sonetos y revelaciones de Madrid (1974)
- Los cristales fingidos (1978)
- El arrabal (1980)
- Nuevo elogio de la lengua española (1983)
- Sonetos españoles a Bolívar (1983)
- Donde el mundo no cesa de referir su historia (1983) -prosa-
- Piedra y cielo de Roma (1984)
- Carta a la madre (1988)
- Mar viviente (1989)
- El cuaderno roto (1989) -prosa-