Tempo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Un reloxo é calquera dispositivo que pode medir o tempo transcorrido entre dous eventos que suceden respecto dun observador.

Comunmente o tempo é o concepto que permite comprender a mudanza, a transformación. Nesta liña é así mesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de pasado, presente e futuro.

Por este motivo o tempo é un problema fundamental, e permanentemente aberto, de todo o que ten que ver coa experiencia e o coñecemento. Así, a súa concepción, o seu lugar no discurso vai ser fundamental nas distintas concepcións filosóficas. Tamén na física vai ser chave a súa caracterización. E como consecuencia, o impacto das distintas concepcións do mesmo na cultura vai ser enorme, facéndose presente en todo momento nas distintas artes, desde a poesía ata o cinema.

Física[editar | editar a fonte]

Na física actual, desde a aparición da teoría da relatividade, o tempo é considerado como unha variábel do espazo-tempo. Así futuro e pasado non se definen con base exclusiva no tempo, senón na causalidade: un suceso é posterior a outro se é posíbel unha relación de causalidade entre eles. Senón, cal sexa primeiro ou despois vai depender do sistema de referencia que se considere.

Porén, na física clásica, na mecánica newtoniana, o tempo é absoluto e independente do lugar e das interaccións. O pasado e o futuro estaban perfectamente definidos, todo canto ocorría nun mesmo instante nun sistema de referencia, tamén ocorría nun mesmo instante en calquera outro sistema de referencia que for considerado. Pero esta concepción achouse incapaz de explicar unha serie de fenómenos observados (aberracións, invarianza da velocidade da luz, etc.), de xeito que a comezos do século XX, levaron á formulación da teoría da relatividade por Albert Einstein.

A unidade de medida de tempo no SI é o segundo. Outras medidas comunmente empregadas amósanse a continuación:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]