Revolución Libertadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xenerales Eduardo Lonardi e Pedro Eugenio Aramburu os dous ditadores sucesivos da «Revolución Libertadora»

Coñécese como Revolución Libertadora de 1955 o período de goberno militar na Arxentina que se estendeu entre o golpe de estado que derrocou ao goberno constitucional do xeneral Juan Domingo Perón, producido o 16 de setembro de 1955, e a entrega do goberno ao Presidente Arturo Frondizi o 1 de maio de 1958.

Antecedentes e preparativos[editar | editar a fonte]

Pese a xa terse producido descordos e problemas con diversos sectores (Partido Comunista e socialista, e a Federación Universitaria Arxentina), os enfrontamentos cos militares comezaron en ocasión da reforma constitucional de 1949, que entre outras medidas outorgáballe máis atribucións ao goberno para intervir na economía, e ista medida xeraba malestar ás clases conservadoras. Posteriormente, estas friccións se profudizaron cando en 1951 comezouse a falar da posibilidade de que Eva Perón, fose candidata a vicepresidenta.

Ademais debe sinalarse que durante o Goberno do xeneral Perón, a oposición principal estivo a cargo da Union Cívica Radical, caracterizandose devandito goberno pola afiliacion compulsiva dos empregados publicos ao Partido Peronista, negándolle aos partidos de oposición o uso da radio e a televisión durante doce anos. Finalmente, recentemente en 1955, logo da fracasada sonada do 16 de xuño, foille permitido falar pola cadea de radio nacional ao Dr. Arturo Frondizi, aínda que censurando nalgúns minutos a mensaxe que fora previamente gravado.

Primeiro intento de Golpe de Estado[editar | editar a fonte]

O 28 de setembro de 1951, o xeneral Benjamín Menéndez sublevouse contra o goberno de Juan Domingo Perón, pero non tivo éxito, pois non atopou adhesións importantes dentro do aparello militar. O mesmo 28 de setembro, Perón declarou o Estado de Guerra interno, e dixo que:

todo militar que no se subordine o se subleve contra las autoridades o participe en movimientos tendientes a derrocarlas o desconocerlas, será fusilado inmediatamente.

Pero a conspiración en contra do goberno de Perón continuou, conforme aumentaba o seu respaldo popular. Eduardo Lonardi, que estaba preso, nomeou ao entón xeneral Pedro Eugenio Aramburu como o xefe do movemento. O presidente Perón contaba co apoio de grupos nacionalistas e católicos, tanto dentro do exército como da sociedade civil, sumados á clase traballadora e a CGT. Aramburu pensaba que aínda non era momento de sublevarse, pois a morte de Evita producira unha galvanización do peronismo, e á unidón dos traballadores en torno ao que recoñecían como o seu líder indiscutido.

Antes das eleccións de 1952, aumentou a violencia no país. O dirixente do Partido Comunista, Rodolfo Ghioldi, foi ferido de bala e estivo preto da morte. Ricardo Balbín, radical, foi obxecto dun atentado, e o socialista Alfredo Palacios afirmou que o Partido Socialista non se presentaría ás eleccións. Simultaneamente, a propaganda antigobernamental dos partidos liberais e conservadores, apoiados pola Igrexa Católica, fíxose máis evidente.

Perón triunfou nas eleccións de 1952. A orde xeral do 18 de abril de 1952 dicía que se debía

aniquilar a las fuerzas adversarias ante el supuesto de un atentado contra el Presidente. El procedimiento a observar será drástico. A un atentado contestar con miles de atentados"

O enfrontamento de Perón cos sectores católicos precipitou a conspiración na súa contra. Perón chamara a unha Convención Constituínte para separar á igrexa do estado, o que puxo aos sectores católicos en pé de guerra xunto aos outros sectores que xa viñan conspirando.

Segundo intento de Golpe[editar | editar a fonte]

O 16 de xuño de 1955 prodúcese un levantamento militar no que un grupo de aviadores da mariña bombardeou a Praza de Maio causando 364 mortos e case un milleiro de feridos. Perón refuxiouse nos subsolos da sede do Exército, xunto ao seu Ministro de Guerra Franklin Lucero. Logrou continuar como presidente, aínda que só por uns meses máis.

Terceiro intento de Golpe, definitivo[editar | editar a fonte]

En Córdoba estalaría o 16 de setembro de 1955, o movemento que daría inicio á autodenominada Revolución Libertadora. O exército contou co apoio dos chamados Comandos civiles revolucionarios, que combateron contra as tropas leais ao presidente Perón en Alta Córdoba, e mantiveron escaramuzas en distintos puntos do país, ocuparon edificios públicos e constituíron un factor de enlace permanente cos militares sublevados. A Mariña bombardeou depósitos de combustible en Mar de la Plata, e ameazou con facer o mesmo na Destilería de la Plata. Perón renunciou á presidencia e retirouse a Paraguai.

O golpe militar de setembro de 1955 significou o triunfo e o festexo para os sectores pertencentes ás clases media e alta, pero a maioría dos traballadores e dos sectores populares recibírono con tristeza e indignación.

Goberno "de facto" de Eduardo Lonardi[editar | editar a fonte]

O xeneral Eduardo Lonardi dirixiu o movemento desde a cidade de Córdoba, e unha vez deposto o presidente constitucional asumiu o poder durante cincuenta días, co contraalmirante Isaac Rojas como vicepresidente de facto.

O 23 de setembro de 1955 foi o día en que Lonardi e Rojas chegaron a Bos Aires. Os primeiros países en recoñecer ao novo goberno foron Uruguai, Israel, Cuba, Costa Rica, Austria, Estados Unidos, Gran Bretaña, República Dominicana, Bolivia e China. A costanera e a Praza de Maio de Bos Aires estaban repletas de manifestantes opositores a Perón, desde comunistas ata católicos, pasando por membros dos Comandos civís revolucionarios e a Federación Universitaria de Bos Aires. Algunhas consignas dos manifestantes foron: "Argentinos sí, nazis no"; "San Martín sí, Rosas no" e "YPF sí, California no".