Antoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha antoloxía (do grego ἄνθος 'flor' e λέγω 'seleccionar': ramallete, grilanda) é unha recompilación de obras literarias, en orixe, de poemas.

No contexto literario, unha antoloxía contería unha selección de textos literarios dun ou varios autores e, por extensión, calquera medio (libro, disco ou colección de discos, exposición, etc.) que inclúa unha selección de obras artísticas. É común en poesía (antoloxía poética), aínda que tamén pode darse noutros xéneros, como fábulas, ensaios ou contos que tamén poida ter natureza temática.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]