Nicanor Parra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicanor Parra
Nacemento5 de setembro de 1914
 San Fabián
Falecemento23 de xaneiro de 2018
 La Reina
NacionalidadeChile
Alma máterUniversidade Brown, St Catherine's College, Universidade de Chile, Internado Nacional Barros Arana, sen etiquetar e Universidade de Oxford
Ocupaciónpoeta, matemático, físico e académico
FillosColombina Parra
IrmánsHilda Parra, Violeta Parra, Eduardo Parra, Roberto Parra Sandoval, Lautaro Parra e Óscar Parra
LinguaCastelán
Período1935 - 2018
MovementoAntipoesía
XénerosPoesía
PremiosNacional de Literatura de Chile,
Miguel de Cervantes Premio Cervantes
Na rede
Musicbrainz: e379bb92-88fe-4e61-9d9e-d7620ad2fe10 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Parra, 1935.

Nicanor Parra Sandoval, nado en San Fabián de Alico o 5 de setembro de 1914 e finado en Santiago de Chile o 23 de xaneiro de 2018, foi un poeta chileno. A el atribúeselle a antipoesía, unha expresión literaria que rompe cos canons tradicionais da lírica. Unha das súas obras máis recoñecidas é Poemas y Antipoemas, onde substitúe unha sintaxe coidada e metafórica por unha linguaxe cotiá e directa.

Nicanor Parra é membro da Familia Parra, composta por recoñecidos artistas populares en Chile, entre eles Roberto, Violeta e Eduardo ("Lalo").

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Rosa Clara Sandoval Navarrete, crece nun ambiente artístico. Desde pequeno alternou a súa residencia entre Santiago, Lautaro, Ancud e Chillán.

En 1927, ingresou no Liceo de Homes de Chillán, onde cursou ata o Quinto Ano de Humanidades. En 1932, fuxiu da casa rumbo a Santiago, onde cursou o último ano de educación secundaria no Internado Nacional Barros Arana, grazas a unha bolsa da Liga de Estudantes Pobres. Aí coñeceu a Jorge Millas, Luís Oyarzún e Carlos Pedraza, cos cales tivo grande afinidade artística. O ano 1933, o poeta ingresou ao Instituto Pedagóxico da Universidade de Chile co fin de estudar Matemáticas e Física. Tamén tomou Enxeñería, Dereito e inglés, pero pronto os abandonou. Financiou os seus estudos desempeñándose como inspector do INBA (Internado Barros Arana) e foi alí cando en 1935 comezou a publicar na Revista Nueva[1] que fundara xunto a Millas e Pedraza. Nela aparece o seu "Gato en el camino "[2]. O relato circulou entre os inspectores, profesorado e alumnado do Internado.

Regresou do Instituto Pedagóxico en 1937, para desempeñarse como profesor de matemáticas e física no Liceo de Homes de Chillán. O mesmo ano publicou Cancioneiro sin nombre[1], o seu primeiro libro de versos, onde deixou entrever pegadas da poesía de Federico García Lorca.

En 1938 é galardoado co Premio Municipal de Santiago pola súa contribución á física e a matemática.

En 1943 viaxou aos Estados Unidos de América a estudar mecánica avanzada na Universidade Brown mediante unha bolsa do Institute of International Education.[1] Regresou en 1946 incorporándose á Universidade de Chile como profesor titular de Mecánica Racional. En 1948 foi nomeado Director Interino da Escola de Enxeñería da Universidade de Chile. En 1949 partiu a Inglaterra grazas á bolsa do Consello Británico coa intención de estudar cosmoloxía en Oxford. O seu paso polos Estados Unidos e Inglaterra, particularmente a inmersión na vida cotiá de dúas sociedades desenvolvidas, son fundamentais na xestación dos seus antipoemas.

Volveu a Chile en 1951, casado con Inga Palmén, de nacionalidade sueca. Nos Anais da Universidade de Chile aparece unha selección das súas antipoemas. Logo, en 1952 realizou novos avances na poesía non tradicional, montado xunto a Enrique Lihn, Alejandro Jodorowsky e outros a poesía-mural "Quebrantahuesos"[1], feita con recortes de diarios.

En 1954 apareceu o seu segundo libro: Poemas y Antipoemas. O sistema antipoético inclúe entre os seus elementos un personaxe antiheroico, humor, ironía, sarcasmo e un verso cuxo léxico e sintaxe non obedecen ao modelo literario clásico da poesía, senón á linguaxe cotiá. No seu país, este novo estilo de poesía foi apoiado publicamente polo crítico literario Ignacio Valente, quen resultou ser un dos seus máximos divulgadores.

En 1959 foi invitado ao congreso mundial da paz en Pequín; para alcanzar ata a capital China, viaxa primeiro a Estocolmo, Suecia, debido a que as viaxes aos países do socialismo real, nesa época da guerra fría, eran exhaustivamente controladas polos organismos de seguridade occidentais. Visita a Artur Lundkvist, entón Secretario Permanente da Academia Sueca e na casa deste coñece á escritora, Sun Axelsson, con quen se unirá sentimentalmente e que motivará, logo, a viaxe dela a Chile.

En 1969 recibiu o Premio Nacional de Literatura por todo o seu traballo literario e polo impacto que xerou o seu libro Obra Grosa, que publicou ese mesmo ano.

En 1991, outórgaselle en México o premio Juan Rulfo. Tamén ese ano foi nomeado Doutor Honoris Causa na Universidade Brown, grao que lle conferirían logo tamén as universidades de Concepción en 1996, e do Biobío en 2000.

En 2000, recibiu o Honorary Fellow da Universidade de Oxford. O ano 2001 recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana, ademais do Premio Bicentenario da Corporación Cultural de Chile e Universidade de Chile.

Tras unha exposición para os medios no Centro Cultural Palacio de La Moneda, en outubro de 2006 presentou o seu novo libro "Obras completas I & algo +" na Feira do Libro de Santiago.

En 2011 foille concedido o Premio Cervantes.

Postulacións ao Nobel[editar | editar a fonte]

Nicanor Parra foi postulado ao Premio Nobel de Literatura en diversas ocasións, sen ter sido considerado pola Academia Sueca para dito galardón. A primeira postulación oficial producese en 1995, mediada pola Universidade de Nova York. O segundo intento oficial encabezouno a Universidade de Concepción en 1997 e tres anos máis tarde por Machitún-2000, que media a postulación coa Universidade de Chile.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cancionero sin nombre, 1935
  • Ejercicios retóricos, 1943
  • Poemas y antipoemas, 1954
  • La cueca larga, 1958
  • Antipoemas, 1960
  • Versos de salón, 1962
  • Manifiesto, 1963
  • Canciones rusas. 1967
  • Obra gruesa, 1969
  • Los profesores, 1971
  • Artefactos,1972.
  • Sermones y prédicas del Cristo de Elqui, 1977.
  • Nuevos sermones y prédicas del Cristo de Elqui, 1979.
  • El anti-Lázaro, 1981
  • Poema y antipoema de Eduardo Frei, 1982
  • Cachureos, ecopoemas, guatapiques, últimas prédicas, 1983
  • Chistes para desorientar a la poesía, 1983
  • Coplas de Navidad, 1983
  • Poesía política, 1983
  • Hojas de Parra, 1985
  • Poemas para combatir la calvicie, 1993
  • Páginas en blanco, 2001
  • Lear Rey & Mendigo, 2004
  • Obras completas I & algo +, 2006
  • Discursos de Sobremesa, 2006

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Nicanor Parra (1914-2018)". Memoria chilena. Biblioteca Nacional de Chile. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  2. "Nicanor Parra: El gato". Cronicas literarias. Apuntes sobre literatura chilena. Consultado o 4 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]