Peronismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Peronismo é a denominación dada xenericamente ao Movimento Nacional Xusticialista, creado e liderado a partir do pensamento de Xoán Domingo Perón, militar e estadista arxentino, presidente daquel país, electo en 1946, 1951 e 1973.

O Movemento Xusticialista transformouse, máis tarde en Partido Xusticialista, que é a forza política maioritaria na Arxentina.

Os ideais do peronismo encontranse nos diversos escritos de Perón como "La Comunidad Organizada", "Conducción Política", "Modelo Argentino para un Proyecto Nacional", etc, onde están expresos a filosofía e doutrina política que continuan orientando o pensamento académico e a vida política da 2ª maior nación sudamericana.

Algunhas ideas do peronismo:

  • A verdadeira democracia é aquela onde o goberno realiza o que o pobo quere e defende o interese do pobo.
  • O Peronismo é esencialmente popular. Todo círculo político é antipopular, entón, non é Peronista.
  • O Peronista traballa para o movemento. Este, no seu nome, serve a un círculo ou a un caudillo.
  • Para o Peronismo só existe unha clase de homes: os que traballan.
  • Para un Peronista non hai nada mellor que outro Peronista.
  • Os brazos do Peronismo son a xustiza social e a axuda social.
  • Na Nova Arxentina os únicos privilexiados son os novos.
  • O Peronismo ten a súa propia doutrina política, económica e social: o xusticialismo.
  • O xusticialismo é unha nova filosofía de vida, simple, práctica, popular, profundamente cristiana e profundamente humanista.
  • O Peronismo pretende constituír un goberno centralizado, un estado organizado e un pobo libre.