Rafael Sánchez Ferlosio

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaRafael Sánchez Ferlosio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 2019 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid - filoloxía hispánica
Escuela Oficial de Cine
College of San Jose, Villafranca de los Barros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, Política de España, política externa dos Estados Unidos (pt) Traducir, Televisión, Escrita creativa e profesional, Prosa, ensaio e historia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , lingüista , ensaísta , historiador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarración e ensaio Editar o valor em Wikidata
MovementoSpanish social novel (en) Traducir e Xeración de 1950 de Literatura española Editar o valor em Wikidata
LinguaYucatecan Spanish (en) Traducir e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCarmen Martín Gaite (1953–1970) Editar o valor em Wikidata
FillosMarta Sánchez Martín (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRafael Sánchez Mazas Editar o valor em Wikidata
IrmánsMiguel Sánchez-Mazas Ferlosio e Chicho Sánchez Ferlosio Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0844710 Dialnet: 146691 Editar o valor em Wikidata


Rafael Sánchez Ferlosio, nado en Roma (Italia) o 4 de decembro de 1927 e finado en Madrid o 1 de abril de 2019[1], foi un escritor español, Premio Cervantes no 2004 e Premio Nacional das Letras Españolas no 2009. A súa obra máis coñecida é El Jarama (1955), manifestación eminente da estética do realismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do tamén escritor e correspondente do xornal ABC en Roma Rafael Sánchez Mazas (coñecido falanxista cuxo frustrado fusilamento na Guerra Civil española foi novelado por Javier Cercas en Soldados de Salamina), doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. Neses anos universitarios conformou xunto con outros escritores novos coma Ignacio Aldecoa ou Carmen Martín Gaite (con quen casou no 1954, divorciándose no 1970), a chamada Xeración do 50 ou Xeración dos nenos da guerra, unidos pola amizade e por unha actitude fortemente politizada.

Desenvolveu tamén unha intensa actividade xornalística, colaborando cos xornais Arriba, ABC, El País e Diario 16.

Sempre salientou polas súas posturas críticas, expresadas con toda claridade, en temas sociais e políticos. Opúxose publicamente á guerra do Golfo e a guerra de Iraq e cualificou as celebracións do quinto centenario do descubrimento de América como "indigno festival".

O 1 de abril de 2019 faleceu en Madrid aos 91 anos de idade.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Industrias y andanzas de Alfanhuí (1951).
  • El Jarama (1955). Premio Nadal. Premio da Crítica.
  • Y el corazón caliente (1961).
  • Dientes, pólvora, febrero (1961).
  • Las semanas del jardín (1974).
  • Mientras no cambien los dioses, nada ha cambiado (1986).
  • El testimonio de Yarfoz (1986).
  • Campo de Marte (1986).
  • La homilía del ratón (1986).
  • Vendrán más años malos y nos harán más ciegos (1993). Premio Nacional de Ensaio. Premio Ciudad de Barcelona.
  • Esas Yndias equivocadas y malditas (1994).
  • El alma y la vergüenza (2000).
  • La hija de la guerra y la madre de la patria (2002).
  • Non Olet (2003).
  • El Geco (2005).
  • Glosas castellanas y otros ensayos (2005).
  • Sobre la guerra (2007).
  • God & Gun. Apuntes de polemología (2008).
  • Guapo y sus isótopos (2009).
  • Campo de retamas (2015).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Morre Rafael Sánchez Ferlosio aos 91 anos". Faro de Vigo. 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]