Desaparecidos pola ditadura arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Guerra sucia na Arxentina.

Desaparecidos pola ditadura arxentina é o nome co que se coñece ás persoas que foron vítimas do crime de desaparición forzada durante o goberno militar da Arxentina autodenominado Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983).

Definición[editar | editar a fonte]

A Convención Interamericana sobre Desaparición Forzada de Persoas, asinada en 1994, considérao como un delito de lesa humanidade imprescriptible e o define do seguinte modo:

Considérase desaparición forzada a privación da liberdade a unha ou máis persoas, calquera que fora a súa forma, cometida por axentes do Estado ou por persoas ou grupos de persoas que actúen coa autorización, o apoio ou a aquiescencia do Estado, seguida da falta de información ou da negativa a recoñecer dita privación de liberdade ou de informar sobre o paradoiro da persoa, co cal impídese o exercicio dos recursos legais e das garantías procesais pertinentes.

Contexto[editar | editar a fonte]

Nos anos do autodenominado Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983), o goberno formado pola xunta militar impulsou a persecución, o secuestro e o asasinato de maneira secreta de persoas por motivos políticos e relixiosos no marco do que se coñece como a Guerra Sucia na Arxentina. Esas prácticas eran comúns a todas as ditaduras de América Latina no marco da Operación Cóndor en Suramérica e a Operación Charly en Centroamérica.

A razón de que un Estado totalitario recorra a este método débese ao seu efecto de supresión de todo dereito: ao non existir corpo do delito garántese a impunidade, o descoñecemento impide aos familiares e á sociedade realizar accións legais, infunde terror nas vítimas e na sociedade, e mantén separados aos cidadáns no seu accionar fronte ao Estado. A desaparición é o que volve ao opositor un homo sacer, é dicir, unha persoa que pode ser asasinada impunemente (Agamben,1998).

A táctica militar de facer desaparecer aos opositores é un método represivo que se basea fundamentalmente na produción do descoñecemento. Por esa razón, saber que pasou, recuperar a memoria e esixir a verdade, se volveron reclamos principais das vítimas e das organizacións de dereitos humanos. Unha das consignas que reflicte esta preocupación, cantada nas marchas de protesta contra o goberno militar, dicía: "¡¡Los desaparecidos, que digan donde están!!".

A "desaparición" de persoas xera unha situación de agravamento da represión e as feridas, debido ás dificultades para os familiares de "dar por morto" aos seus seres queridos, e eventualmente dar por finalizada a busca dos seus restos e a pescuda do que realmente lles sucedeu.

A desaparición de persoas como método represivo foi introducida na Arxentina pola escola militar francesa desde os últimos anos da década dos '50, transmitindo as tácticas militares que utilizaran e perfeccionaran durante a guerra de independencia de Alxeria. A partir da década dos '60 se xeneralizou a través da Escola das Américas.

A influencia do Decreto de Noite e Néboa de Hitler[editar | editar a fonte]

O sistema de desaparición de persoas foi racionalizado por primeira vez polo nazismo, a partir do Decreto Noite e Néboa (Decreto Nacht und Nebel) de Hitler, do 7 de decembro de 1941, cuxo texto foi reconstruído polo Tribunal de Nuremberg. Os ideólogos do nazismo sostiñan que o Decreto daba inicio a unha "innovación básica" na organización do Estado: o sistema de desaparicións forzadas.

A orde básica do Decreto de Noite e Néboa de Hitler era:

Os actos de resistencia da poboación civil nos países ocupados só se castigarán por unha corte marcial, cando: a) haxa certeza de que se aplicará a pena de morte e, b) cando a sentenza se pronunciase dentro dos oito días posteriores ao arresto.[1]

Segundo palabras textuais de Hitler, o resto dos opositores debían ser detidos durante "a noite e a néboa" e levados clandestinamente a Alemaña sen dar outra información que o feito da súa detención [1].

Entre os fundamentos do Decreto explícase que:

O efecto de disuasión destas medidas... radica en que: a) permite a desaparición dos acusados sen deixar rastro e, b) que ningunha información pode ser difundida acerca do seu paradoiro ou destino.

O texto reconstruído precisa que:

Unha intimidación efectiva e duradeira só se logra por penas de morte ou por medidas que manteñan aos familiares e á poboación na incerteza sobre a sorte do reo e "pola mesma razón, a entrega do corpo para o seu enterro no seu lugar de orixe, non é aconsellable, porque o lugar do enterro poderá ser utilizado para manifestacións... A través da diseminación de tal terror toda disposición de resistencia entre o pobo, será eliminada.[1]

As técnicas nazis do terrorismo de Estado, procesadas a través da doutrina da contrainsurxencia foron aprendidas polos militares arxentinos en primeiro lugar a través da escola francesa que estaba instalada como corpo docente permanente da Escola Superior de Guerra da Arxentina, desde finais da década de 1950[2] e logo da Escola das Américas.

Un camioneiro testemuña dos voos da morte declarou que lle preguntou a un militar sobre o destino dos cadáveres que traía, e este contestou: “Van a la niebla de ninguna parte”. [3]

Práctica da desaparición forzada de persoas[editar | editar a fonte]

O propio xeneral Videla argumentaba nunha reportaxe realizada pola periodista María Seoane:

No, no se podía fusilar. Pongamos un número, pongamos cinco mil. La sociedad argentina, cambiante, traicionera, no se hubiere bancado los fusilamientos: ayer dos en Buenos Aires, hoy seis en Córdoba, mañana cuatro en Rosario, y así hasta cinco mil, 10 mil, 30 mil. No había otra manera. Había que desaparecerlos. Es lo que enseñaban los manuales de la represión en Argelia, en Vietnam. Estuvimos todos de acuerdo. ¿Dar a conocer dónde están los restos? Pero ¿qué es lo que podíamos señalar? ¿El mar, el Río de la Plata, el riachuelo? Se pensó, en su momento, dar a conocer las listas. Pero luego se planteó: si se dan por muertos, enseguida vienen las preguntas que no se pueden responder: quién mató, dónde, cómo.[4]

Dicía o xeneral Videla na televisión norteamericana o 14 de setembro de 1977:

Debemos aceptar como una realidad que en la Argentina hay personas desaparecidas. El problema no está en asegurar o negar esa realidad, sino en saber las razones por las cuales estas personas han desaparecido. Hay varias razones esenciales: han desaparecido por pasar a la clandestinidad y sumarse a la subversión; han desaparecido porque la subversión las eliminó por considerarlas traidoras a su causa; han desaparecido porque en un enfrentamiento, donde ha habido incendios y explosiones, el cadáver fue mutilado hasta resultar irreconocible. Y acepto que puede haber desaparecidos por excesos cometidos durante la represión. Esta es nuestra responsabilidad; las otras alternativas no las gobernamos nosotros. Y es de esta última de la que nos hacemos responsables: el gobierno ha puesto su mayor empeño para evitar que esos casos puedan repetirse.

Existe tamén unha histórica declaración de Videla, transcripta por Clarín o 14 de decembro de 1979:

¿Qué es un desaparecido? En cuanto éste como tal, es una incógnita el desaparecido. Si reapareciera tendría un tratamiento X, y si la desaparición se convirtiera en certeza de su fallecimiento tendría un tratamiento Z. Pero mientras sea desaparecido no puede tener ningún tratamiento especial, es una incógnita, es un desaparecido, no tiene entidad, no está, ni muerto ni vivo, está desaparecido. (oir gravación)
Imaxes de desaparecidos no Centro Clandestino de detención de Rosario

Os operativos de detención eran realizados comunmente por militares ou paramilitares fortemente armados que se movían en automóbiles en grupos de entre catro ou cinco persoas. Previamente, acordaban coas forzas de seguridade a liberación da zona onde ían actuar. Atrapaban as vítimas na rúa, en bares, cinemas, nas súas casas ou no lugar onde se atopaban nese momento.

Unha vez detidos eran trasladados a un centro clandestino de detención (estímase que funcionaron ata 610[5]) onde se lles interrogaba mediante un réxime de tortura sistemática. Finalmente, na maioría dos casos, foron asasinados e os seus corpos feitos desaparecer mediante os denominados voos da morte, sepultados en fosas comúns, ou como N.N.

Durante os primeiros anos, se ben os medios pactaran non dar información sobre o que estaba ocorrendo, ás veces publicábanse noticias sobre a detención de persoas ou a aparición de cadáveres.

Habrían sido secuestradas tres personas en la ciudad de Luján. Además, habrían sido violados los domicilios del abogado Raúl Castro y del estudiante José Luis Caldú. Los hechos habríanse perpretado entre las 21 del martes y las 3 del miércoles por un grupo de entre 10 y 12 desconocidos que se identificaron como integrantes de un grupo comando.[6]
Aparecen tres cuerpos en la costa uruguaya del Río de la Plata, frente a la ciudad de Juan Lacaze. Estaban atados de pies y manos y con signos de haber sido torturados y golpeados. Se han hallado 17 desde el 22 de abril, generalmente mutilados y desnudos.[7]
Es secuestrada una joven frente a la Facultad de Ciencias Médicas de La Plata, cuando se hallaba con otras muchas personas esperando el microómnibus en la parada de Paseo del Bosque.

En esa oportunidad descendieron de un automóvil Torino tres de sus cuatro ocupantes, quienes tomaron a la muchacha. Esta comenzó a dar gritos de auxilio y alcanzó a asirse de una columna de alumbrado público. Varios de los que presenciaban la escena se aprestaron a intervenir, ante lo cual los tres secuestradores los amedrentaron, extrayendo armas de fuego y efectuando varios tiros al aire. Seguidamente introdujeron a la chica en el vehículo y partieron velozmente.

En el lugar, según algunos testigos, se le cayó a uno de los secuestradores una credencial de suboficial de policía, que posteriormente fue entregada a las autoridades para la verificación de su autenticidad.

As detencións as levaban a cabo as forzas militares e policiais, ás veces con colaboración activa de funcionarios civís ou das autoridades das empresas, colexios ou universidades ás que pertencían as vítimas. Ningún organismo brindaba información sobre o paradoiro das vítimas aos familiares. Os xuíces non daban curso aos habeas corpus presentados e en moitos casos, os avogados que presentaban eses recursos resultaban eles mesmos desaparecidos.

Número de vítimas[editar | editar a fonte]

Ver: Estatísticas da CONADEP sobre as detencións.

Segundo unha investigación levada a cabo en 1984, pola Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas (CONADEP), creada ao final da ditadura polo goberno constitucional de Raúl Alfonsín, o número de desaparecidos; de acordo á cantidade de denuncias xudiciais presentadas por vítimas e familiares; rondaría as 9.000 persoas[9], pero grupos defensores dos dereitos humanos como as Nais de Praza de Maio e o Servizo Paz e Xustiza, estiman que houbo 30.000 desaparecidos. Un informe da intelixencia chilena estimaba o número de desaparecidos en 22.000 persoas en 1978, segundo un informe dos EEUU[10]. Ata 2003 a Secretaría de Dereitos Humanos da Nación Arxentina tiña rexistrados 13.000 casos[11].

O Informe da Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas, CONADEP, pon de manifesto que a maioría das vítimas eran mozos menores de 35 anos, de profesión obreiro ou estudante, e que foron detidos preferentemente no seu domicilio durante a noite.

Procesos xudiciais no exterior[editar | editar a fonte]

Marcha con fotos dos desaparecidos durante o trixésimo aniversario do golpe de Estado de 1976

Durante máis de 25 anos as leis de impunidade, como as de Obediencia Debida e Punto final impedían na Arxentina levar ante os tribunais penais aos acusados de delitos de secuestros, desaparición forzada, torturas, asasinatos nos anos da ditadura militar. Por este motivo, os organismos de dereitos humanos e de familiares dos desaparecidos buscaron axuda no exterior, para alcanzar a verdade e a xustiza. Desde 1985 se abriron procesos xudiciais en Italia, polos cidadáns de orixe italiana desaparecidos na Arxentina. O primeiro xuízo concluíu en Roma o 6 de decembro do 2000 coa condena a cadea perpetua dos xenerais Carlos Guillermo Suárez Mason e Omar Riveros. Nese xuízo o Tribunal de Roma tamén condenou a 24 anos de cárcere a Juan Carlos Gerardi, José Luis Porchetto, Alejandro Puertas, Héctor Oscar Maldonado e Roberto Julio Rossin, culpábeis do delito de homicidio no caso de Martino Mastinu.

Tamén en Francia desenvolveuse un xuízo contra a ditadura arxentina, polo secuestro e asasinato de dúas monxas cidadás dese país. Neste xuízo sentenciouse ao Tenente de Fragata Alfredo Astiz, alias "Angel de la Muerte", a prisión perpetua. Anos despois tamén se presentaron denuncias penais contra membros da ditadura militar Arxentina en España, Alemaña, Suíza e Suecia. En España os xuízos comezaron en 1996 e despois de máis de 8 anos determinaron o 19 de abril de 2005 a sentenza a prisión perpetua do ex capitán de fragata Adolfo Francisco Scilingo, quen describera os voos da morte.

Acto de recuperación da memoria no Centro clandestino de detención La Perla o 24 de marzo de 2007

En Alemaña o 11 de xullo do 2001, o Tribunal de Nuremberg emitiu ordes de captura internacional contra o xeneral Carlos Guillermo Suárez Mason pola súa responsabilidade no asasinato da socióloga alemá Elisabeth Kaesemann en maio de 1977 en Bos Aires. Máis tarde, o 21 de decembro de 2001 o mesmo Tribunal de Nuremberg emitiu ordes de captura contra o Almirante Emilio Eduardo Massera, o Coronel Pedro Alberto Durán Saenz, e o Xeneral Juan Bautista Sasiain, polas súas responsabilidades no asasinato de Elisabeth Kaesemann. As solicitudes de extradición a Alemaña destes acusados foron rexeitadas polo poder xudicial da Arxentina.

O 28 de novembro do 2003, á petición da Fiscalía de Nuremberg, o Tribunal desa cidade emitiu ordes de captura contra o expresidente da Xunta Militar Jorge Rafael Videla, o ex Almirante Emilio Eduardo Massera, tamén integrante da Xunta de Goberno da ditadura militar, e o ex Xeneral Carlos Guillermo Suárez Mason, pola súa responsabilidade nos homicidios dos cidadáns alemáns Elisabeth Käsemann e Claus Zieschank, na Arxentina.

Os xuízos en Europa cumpriron un importante rol de presión ao poder xudicial e ao goberno arxentino, que finalmente, tras case 30 anos despois do Golpe de Estado, anularon as leis de impunidade, para xulgar no seu propio país aos acusados polos delitos de dereitos humanos durante a época da ditadura militar, e así evitar ter que extraditalos ao exterior, como os viñan reclamando tribunais de España, Italia, Francia e Alemaña.

Procesos de reparación[editar | editar a fonte]

En 2006, aos 30 anos do golpe de estado, aínda hai moitas familias que seguen sen saber que foi dos seus familiares, e grupos como Avoas de Praza de Maio e Nais de Praza de Maio adícanse a buscar aos seus netos, fillos de desaparecidos, que foron roubados e criados por outras familias, en moitos casos, dos mesmos militares que torturaron aos seus pais.

O 4 de agosto de 2006 condenouse por primeira vez a un responsábel directo das desaparicións. Se trata do ex suboficial da Policía Federal Arxentina Julio Simón, tamén coñecido como "Turco Julián", que foi condenado a 25 anos de prisión[12]. Simón beneficiárase pola Lei do Punto Final e pola Lei de Obediencia Debida, as cales evitaron o inicio de xuízos a ex represores.

Impacto na cultura[editar | editar a fonte]

Numerosas obras artísticas tomaron como tema central a desaparición forzada de persoas na Arxentina. A continuación realízase unha breve lista dalgunhas das máis destacadas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Dieterich, Heinz. Chile y la "innovación básica" del Fuehrer, (2003), Rebelión". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2007. Consultado o 08 de setembro de 2007. 
  2. Robin s.a.; Balza 2005
  3. El Olimpo del horror. El País, 1 de xaneiro de 2006
  4. Seoane, María (2001), El dictador, Buenos Aires: Sudamericana, páx. 215
  5. Seoane (2001), 227/228.
  6. La Razón, venres 12 de marzo de 1976
  7. La Prensa, martes 7 de setembro de 1976
  8. Diario La Razón, 26 de setembro de 1976. A moza foi identificada ex post como Marlene Katherine Kegler, 22 anos, estudante de medicina, desaparecida o 24/9/76
  9. Informe Nunca Más
  10. "Un informe de EE.UU. dice que hubo 22.000 desaparecidos, Diario Clarín, 25 de marzo de 2006". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2010. Consultado o 08 de setembro de 2007. 
  11. "Una duda histórica: no se sabe cuántos son los desaparecidos, Diario Clarín, 6 de outubro de 2003". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2009. Consultado o 08 de setembro de 2007. 
  12. Un frío día de justicia, px. 12, 4 de agosto de 2006
  13. "Dinosaurios, Charly García, Clics Modernos (letra da canción)". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 08 de setembro de 2007. 
  14. "Morris West mira otra vez a la Iglesia". www.lanacion.com.ar (en castelán). 1998-09-07. Consultado o 2020-02-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Agamben, Giorgio (1998). Homo Sacer. El poder soberano y la nuda vida. Valencia: Pre-Textos. ISBN 84-8191-206-9. 
  • Dieterich, Heinz (2003). Chile y la "innovación básica" del Fuehrer. Rebelión. ISBN. 
  • Lázara, Simón (1987). Desaparición forzada de personas, Doctrina de la seguridad nacional y la influencia de los factores económico-sociales. Bos Aires: Asamblea Permanente por los Derechos Humanos. ISBN. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]