Eduardo Mendoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Mendoza (Feria del Libro de Madrid, 6 de junio de 2008).jpg

Eduardo Mendoza Garriga, nado en Barcelona o 11 de xaneiro do 1943, é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas prinicipais obras son La verdad sobre el caso Savolta (1975) e La ciudad de los prodigios (1986).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai fiscal e nai ama de casa, estudou nos Maristas, para logo cursar a carreira de Dereito que remataría no 1965. No 1966 viaxa a Londres cunha bolsa de estudos, voltando á súa cidade natal para exercer a avogacía. No 1973 abandona Barcelona para marchar a New York como tradutor da ONU.

Volta á cidade condal no 1982, aínda que ausentándose dela frecuentemente debido ás súas constantes viaxes. En Barcelona segue residindo actualmente.

Literatura[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer no 1975 coa novela La verdad sobre el caso Savolta, censurada inicialmente polo franquismo. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos 1917 a 1919. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos trazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.

Adéntrase na novela negra con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, El misterio de la cripta embrujada (1979) e El laberinto de las aceitunas (1982), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: La ciudad de los prodigios (1986). Narra a chegada á Barcelona de 1887 dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda anarquista entre os obreiros que traballan na Exposición Universal do ano seguinte.

Nos anos noventa inicia con Restauració (1990), a súa liña de escribir teatro en catalán, que posteriormente el mesmo traduce ao castelán, e novela en castelán, que mantén hoxe en día.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Restauració (1990)
  • Gloria (2008)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Nueva York (1986)
  • Barcelona modernista (1989)
  • Baroja, la contradicción (2001)
  • ¿Quién se acuerda de Armando Palacio Valdés? (2007)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]