Ana María Matute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana María Matute
Ana María Matute
Nacemento: 26 de xullo de 1925
Barcelona, España España
Falecemento: 25 de xuño de 2014
Barcelona, España España
Ocupación: Escritora
Cónxuxe(s): Ramón Eugenio de Goicoechea

Ana María Matute Ausejo, nada en Barcelona o 26 de xullo de 1925 e finada na mesma cidade o 25 de xuño de 2014, é unha novelista catalá en lingua castelá. Obtivo o Premio Nacional de Literatura así como tamén o Premio Cervantes, o Premio Nadal, e o Premio Lazarillo. Ex profesora e escritora visitante das universidades de Oklahoma, Indiana e Virginia. Unha das voces máis persoais e illadas da literatura española e considerada a mellor novelista da postguerra civil[Cómpre referencia]. Foi galardoada case co máximo que as letras hispanas concederon a unha muller.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a segunda de cinco irmáns, dunha familia pertencente á pequena burguesía catalá, conservadora e relixiosa. O seu pai era un catalán propietario dunha fábrica de paraugas.

Viviu en Castela-León, pero educouse nun colexio relixioso de Madrid. Cando tiña 10 anos estalla a Guerra Civil Española. Escribe a súa primeira novela Pequeño Teatro ós 17 anos de idade, pero foi publicada 11 anos máis tarde. En 1949 escribe Luciérnagas e queda semifinalista do Premio Nadal. A censura impide que sexa publicada.

En 1952 casa co escritor Ramón Eugenio de Goicoechea, teñen un filo chamado Juan Pablo (1954), ó que lle dedicou gran parte das súas obras infantís como Paulina (1969). Sepárase do seu home no ano 1963.

Nacida en Barcelona, pasou unha xuventude marcada pola Guerra Civil Española, que se reflectiu na súa primeira obra literaria centrada nos "nenos asombrados" que, moi a pesar seu, tiñan que entender os sensentidos que lles rodeaban. Iso levouna a plantearse a guerra civil coma un enfrontamento cainita/abelita que se manifestará en moitas das súas obras con características neorrealistas coma en Los Abel (1948), Fiesta al noroeste (1953), Pequeño teatro (1954), Los hijos muertos (1958) ou Los soldados lloran de noche (1964).

En todas estas obras, a mirada protagonista infantil ou adolescente é o máis sobresaínte e marca un distanciamento afectivo entre realidade e sentimento ou entendemento. Son obras que se inician con gran lirismo e pouco a pouco afondan nun realismo exacerbado.

En 1976 estivo nominada ó Premio Nobel de Literatura. Despois de varios años de silencio narrativo, en 1984 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil coa obra «Sólo un pie descalzo». En 1996 publica "Olvidado Rey Gudú" e é elixida académica da Real Academia Española.

En 1996 ingresa na Real Academia Española, onde lle corresponde ocupar o sillón "letra K", sendo así a terceira muller membro nos tres séculos de vida desta institución. É membro honorario da Hispanic Society of America. Existe un premio literario que leva o seu nome e os seus libros foron traducidos a 23 linguas.

No ano 2007 inaugúrase un Colexio Público de Educación Infantil e Primaria en Xetafe (Comunidade de Madrid) co seu nome, Colexio Público Ana María Matute, ó que asiste para coñecer ós nenos e nenas da escola o día 9 de maio de 2007, con motivo da Semana cultural realizada na honra da escritora. O 13 de abril do mesmo ano realizóuselle unha homenaxe no instituto de Cabanillas do Campo (Guadalaxara) que leva tamén o seu nome, I.E.S Ana María Matute.

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Relato[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]