Fernando Savater
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
Fernando Fernández-Savater Martín, nado en San Sebastián o 21 de xuño de 1947, é un filósofo e escritor español.
Índice |
Traxectoria [editar]
Novelista, tradutor e autor dramático, destaca no campo do ensaio e o artigo xornalístico. Fillo dun notario de San Sebastián, foi desde neno un voraz lector, sobre todo de literatura popular e historietas, gusto que nunca perdeu e ó que dedicou frecuentemente ensaios. Sentiu tamén afección polo teatro e estivo nalgúns grupos de afeccionados. Estudou Filosofía na Universidade Complutense de Madrid, onde a súa familia se trasladou desde San Sebastián. Traballou como profesor axudante nas facultades de Ciencias Políticas e de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid, de onde foi apartado da docencia en 1971 por razóns políticas, e tamén foi profesor de Ética e Socioloxía da UNED. Foi catedrático de Ética na Universidade do País Vasco durante máis dunha década. Actualmente é catedrático de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Colaborador habitual do xornal El País desde a súa fundación, é codirector xunto a Javier Pradera da revista Claves para la Razón Práctica.
Formou parte de varias agrupacións comprometidas coa paz e en contra do terrorismo no País Vasco, como o Movimiento por la Paz y la No Violencia, o Foro de Ermua, e actualmente de ¡Basta ya!, asociación que recibiu do Parlamento Europeo o Premio Sajarov á defensa dos dereitos humanos. Tamén pertence ó partido político Unión Progreso e Democracia.
Obra [editar]
A súa obra, composta por máis de 45 libros e innumerables artigos xornalísticos, foi traducida ao inglés, francés, sueco, italiano, portugués, alemán, xaponés e danés. Obtivo o Premio Nacional de Ensaio en 1982, o X premio Anagrama de ensaio, o premio de ensaio "Mundo", o Premio Francisco Cerecedo de xornalismo e foi finalista do Premio Planeta coa súa novela epistolar El jardín de las dudas, sobre un dos seus autores preferidos, Voltaire. De pensamento nos seus inicios afín ó de Friedrich Nietzsche (Panfleto contra el todo), débeselle por outra banda a tradución e divulgación no mundo hispánico da obra dun dos pensadores máis notables do nihilismo contemporáneo, Émile Michel Cioran.
Destaca polo seu interese en achegar a filosofía ós mozos, con obras como Ética para o meu fillo, un dos libros máis lidos de filosofía, Política para Amador ou Las preguntas de la vida; tamén defende a cultura popular por expresar a vitalidade xuvenil, desde as novelas de aventuras, os contos fantásticos, e os relatos de terror ó cómic e os xogos de rol.
Pensamento e estilo [editar]
Savater é un autor prolífico, que se define como un "filósofo de compañía", ó estilo dos philosophes franceses, non como un Filósofo académico e con maiúscula.
Confésase influído por Nietzsche, Cioran e Spinoza, entre outros. Nos setenta consideróuselle durante moito tempo discípulo de Agustín García Calvo, pero a partir de 1981 os seus camiños sepáranse ostensiblemente. A filosofía de Savater é ilustrada e vitalista; o seu estilo, polémico e iconoclasta; as súas opinións a miúdo con frecuencia navegan contra corrente.
Seguindo a Spinoza, propugna unha ética do querer en contraposición a unha ética do deber. Os seres humanos buscan de xeito natural a súa propia felicidade e a Ética axuda a clarificar esta vontade e mostrar as formas da súa realización. Xa que logo, a Ética non debe xulgar as accións por criterios abstractos e alleos á felicidade propia.
A súa filosofía política evolucionou desde o pensamento negativo libertario, antiprogresista, que mantivo nos setenta ó individualismo democrático, socialdemócrata, liberal e universalista da súa etapa posterior. O punto de inflexión do Savater novo ó maduro pode situarse en La tarea del heroe (1981), onde escribe: "fun un revolucionario sen ira; espero ser un conservador sen vileza". Tamén reflexionou sobre o papel das relixións nas sociedades democráticas actuais, propugnando un modelo de sociedade laica no seu sentido máis amplo, que axude a afrontar non só as formulacións teocráticos, «senón tamén os sectarismos identitarios de etnicismos, nacionalismos e calquera outro que pretenda someter os dereitos da cidadanía abstracta e igualitaria a un determinismo segregacionista».
Desde coordenadas primeiro libertarias e logo liberais, opúxose sempre ó nacionalismo en xeral: «O nacionalismo en xeral é imbecilizador, aínda que os hai leves e graves, os do seareiro do alirón e o que pon o coitelo na boca para matar. Hai xente sen coñecementos históricos, o nacionalismo aparva e algúns son virulentos. Afortunadamente en Cataluña a situación é diferente á do País Vasco, aínda que esa minoría é unha alarma que nos di que algo hai que facer. O nacionalismo é unha inflamación da nación igual que a apendicite é unha inflamación do apéndice.»
No terreo dos feitos, oponse a aqueles partidos que fan da exaltación patriótica o seu aceno principal de identidade. A súa evolución ideolóxica queda evidenciada pola polémica que mantivo co tamén filósofo vasco Javier Sádaba, con quen escribiu nos oitenta o libro titulado Euskadi: pensar el conflicto (Edic Libertarias, 1987) á vez que apoiaba coa súa sinatura a legalización de Herri Batasuna ata as posturas, por el mesmo definidas como antinacionalistas, que lle levaron a converterse nun dos referentes dun sector dos cidadáns de País Vasco opostos ó nacionalismo vasco, movemento ó que Savater considera excluínte, decimonónico e compracente co terrorismo etarra. Defínese como belixerante contra o nacionalismo vasco, e nin sequera vasquista, postura que cualifica de "amable bobada", aínda que sen renunciar á súa condición de vasco.
Na actualidade é un activo colaborador da asociación Ciudadanos de Cataluña.
Savater, defensor da Constitución Española, do estatuto de Guernica e da unidade do Estado (non como dogmas indiscutibles senón como opcións mellores que as que propón os seus adversarios), expresou en numerosas ocasións a súa oposición a todo tipo de nacionalismos, e o seu desexo de superalos en beneficio dun ideal de humanidade universal compartida, e traducido nun organismo gobernamental con autoridade mundial sobre os gobernos dos estados nacionais, e que servise para resolver as disputas e realizar os labores administrativos de utilidade común.
O estilo agudo, incisivo, e irónico de Savater apréciase de xeito máis evidente nos seus artigos xornalísticos, o xénero que máis lle gusta escribir.
Solicitou o boicot ás eleccións vascas de 2007 porque "non son limpas" nin "son realmente unhas eleccións democráticas" debido a ETA[1].
Nos últimos meses colaborou activamente coa Plataforma Pro, cuxo obxectivo era a creación dun novo partido político de carácter nacional máis aló da tradicional parcelación política esquerdas-dereitas [2] xunto a coñecidos personaxes da vida pública como Rosa Díez, co fin de presentarse como alternativa aos dous partidos nacionais maioritarios en España PP e PSOE nas próximas eleccións xerais. Este partido creouse en setembro de 2007 co nome de Unión, Progreso y Democracia, sendo Fernando Savater, xunto con Rosa Díez, Albert Boadella e Mario Vargas Llosa, unha das persoas que interviñeron na súa presentación.
Críticas [editar]
As súas opinións críticas sobre todo en relación ó nacionalismo vasco situaron a Savater no medio de frecuentes polémicas. Está ameazado de morte pola organización terrorista ETA e na actualidade vive protexido por escolta. No plano intelectual, acotío é atacado en España polos nacionalistas periféricos, especialmente polos vascos, que o acusan de ser nacionalista do bando contrario, españolista e centralista.
Tamén foi criticado puntualmente polo Foro de Ermua, organización na que participou activamente, pola súa postura inicialmente favorable ó Goberno na súainiciativa de dialogar con ETA, posición que máis adiante modificou.
Tamén lle supuxo críticas a súa postura favorable ó laicismo e á liberdade de decisión individual en temas coma o aborto e a eutanasia.
Lista de obras por orde cronolóxica [editar]
- Nihilismo y acción (1970).
- La filosofía tachada (1970).
- Apología del sofista y otros sofismas (1973) .
- Ensayo sobre Cioran (1974).
- Escritos politeístas (1975) .
- De los dioses y del mundo (1975).
- La infancia recuperada (1976).
- La filosofía como anhelo de la revolución (1976).
- Apóstatas razonables (1976).
- Para la anarquía y otros enfrentamientos. (1977).
- La piedad apasionada (1977).
- Panfleto contra el Todo (1978).
- Nietzsche y su obra (1979).
- El estado y sus criaturas (1979).
- Criaturas del aire (1979).
- Caronte aguarda (1981).
- La tarea del héroe (1981) (Premio Nacional de Ensayo).
- Impertinencias y desafíos (1981).
- Invitación a la ética (1982).
- Sobre vivir (1983).
- Las razones del antimilitarismo y otras razones (1984).
- El contenido de la felicidad (1986).
- Euskadi: pensar el conflicto 1987 Coescrito con Javier Sádaba.
- Ética como amor propio (1988).
- Último desembarco. El vente de Sinapia (1988).
- Humanismo impenitente (1990).
- La escuela de Platón (1991).
- Ética para o meu fillo (1991).
- El valor de educar (1991).
- Política para Amador (1992).
- Sin contemplaciones (1993).
- El jardín de las dudas (1993).
- El contenido de la felicidad (1994).
- Semearentzako Etika (1996).
- Ética para o seu filho (1996).
- La voluntad disculpada (1996).
- El juego de los caballos (1996; segunda edición).
- Malos y malditos (1997).
- Despierta y lee (1998).
- Loor a leer (Crisolín) (1998).
- La filosofía como anhelo de la revolución (1998; segunda edición).
- Diccionario filosófico (1999).
- Las preguntas de la vida (1999).
- La aventura africana (1999).
- Idea de Nietzsche (2000).
- Etica per el meu fill (2000).
- Pour l'education (2000).
- A rienda suelta (2000).
- Perdonen las molestias: Crónica de una batalla sin armas contra las armas (2001).
- A caballo entre milenios (2001).
- Caronte aguarda (2001).
- El dialecto de la vida (2002).
- Pensamientos arriesgados (2002).
- El contenido de la felicidad (2002).
- Palabras cruzadas: Una invitación a la filosofía (2003).
- Mira por dónde. Autobiografía razonada (2003).
- Las preguntas de la vida (2003).
- Los caminos para la libertad: Ética y educación (2003).
- El gran fraude: sobre terrorismo, nacionalismo y ¿progresismo? (2004).
- Los diez mandamientos en el siglo XXI (2004).
- La libertad como destino (2004).
- El valor d'escollir (2004).
- Criaturas del aire (2004).
- El gran laberinto (2005).
- Los siete pecados capitales (2005).
- Jorge Luis Borges.
- El valor de elegir.
- Contra las patrias.
- Ética y ciudadanía.
- Episodios pasionales.
- Enseñando a vivir.
- La vida eterna (2007) [3].
Ligazóns externas [editar]
- "No fui a la cárcel por heroico sino por tonto". Entrevista a Fernando Savater
- Encontro dixital con Savater en El Mundo
- ¿De qué sirve la ética para los jóvenes? Universidad Simón Bolívar (Caracas, Venezuela) Acto de conferimento do Doutorado Honoris Causa, 29 de outubro de 1998
- Fernando Savater.
- Partido Unión Progreso y Democracia (UPyD) cofundado en setembro de 2007 por Fernando Savater e Rosa Díez, co apoio de Albert Boadella e Mario Vargas Llosa.