Hipólito Yrigoyen
| presidente de (país): | |
|---|---|
| 1º Período de goberno: | 12 de outubro de 1928 - 12 de outubro de 1922 |
| Predecesor: | Victorino de la Plaza |
| Sucesor: | Marcelo Torcuato de Alvear |
| 2º Período de goberno: | 12 de outubro de 1928 - 6 de setembro de 1930 |
| Predecesor: | Marcelo Torcuato de Alvear |
| Sucesor: | José Félix Uriburu |
| Nado en: | 12 de xullo de 1852 |
| Lugar de nacemento: | Buenos Aires, Arxentina |
| Faleceu en: | 3 de xullo de 1933 |
| Lugar: | Buenos Aires, Arxentina |
| Profesión: | profesor |
| Partido politico | Unión Cívica Radical - UCR |
Juan Hipólito del Sagrado Corazón de Jesús Irigoyen Alem, tamén coñecido como Hipólito Yrigoyen, avogado (1852-1933) foi o presidente de Arxentina en dúas ocasións: entre 1916 e 1922, e entre 1928 e 1930.
Índice |
Biografía[editar]
Nado na cidade de Bos Aires, fillo do éuscaro francés Martín Irigoyen e de Marcelina Alem, irmá do político Leandro M. Alem, fundador da Unión Cívica Radical (UCR).
Yrigoyen gradouse en Dereito pola Universidade de Bos Aires o 1878, exercendo a súa profesión na oficina de Leandro Alem e de Aristóbulo del Valle. Foi electo deputado pola Provincia de Bos Aires en 1880.
Despois do suicidio de seu tío Leandro Alem, Yrigoyen tornouse líder da UCR. Asumiu como política a intransixencia, unha postura de oposición ó rexime coñecido como concordancia, que establecía, mediante fraude electoral, a alternancia no poder entre distintos sectores conservadores. O seu celo levou o partido á loita armada en 1893 e 1905. Máis tarde, orientou a súa forma de acción non violenta mediante a abstención revolucionaria. A súa loita terminou coa promulgación da Lei Sáenz Peña, que estableceu o voto obrigatorio, secreto e universal (aínda que non incluíse ás mulleres).
Era coñecido como O Peludo por seu carácter pouco sociábel e introvertido. Filosoficamente foi asociado co krausismo español.
Primeira presidencia (1916-1922)[editar]
O impulso inicial da conquista dos dereitos democráticos veuse freado ao non controlar o Senado e tamén o goberno de moitas provincias. Yrigoyen recorre entón á intervención federal nas provincias, profundando o enfrentamento cos sectores conservadores.
Economicamente Arxentina benefíciase da Primeira Guerra Mundial, coa apertura dos mercados aos seus productos primarios (carne e cereais) que eran a base de súa riqueza. Arxentina era coñecida como o celeiro do mundo e tiña un dos máis altos PIB por habitante.
A pesar de súas medidas de carácter social, como o descanso remunerado os domingos, por acción ou omisión deixou que sectores militares reprimisen os movimentos dos traballadores e das minorías.
Ao non ser reelecto conforme decisión constitucional, foi sucedido por Marcelo Torcuato de Alvear, líder da facción antipersonalista do seu partido.
Segundo presidencia (1928-1930)[editar]
Ao ser reelecto, Yrigoyen xa se encontraba vello e estaba rodeado de asesores que, ao lle falaren das oposicións socialista e conservadora, ocultaban a realidade, filtrando así o acceso ao que acontecía no país e no mundo (era coñecido como o Diario de Yrigoyen).
A situación económica tornouse grave cos primeiros sinais da Gran Depresión, e os sectores do exército simpatizantes do fascismo e os intelectuais, como Leopoldo Lugones, conspiraban abertamente por unha mudanza do réxime.
Finalmente, o 6 de setembro de 1930 Yrigoyen foi deposto por un golpe militar dado por José Félix Uriburu.
Últimos anos[editar]
Despois de súa deposición, Yrigoyen foi detido e confinado na Illa de Martín García. Faleceu en Buenos Aires a 3 de xullo de 1933. O seu funeral foi acompañado por unha enorme multitude.
| Presidentes de Arxentina | ||
|---|---|---|
Segue a: Victorino de la Plaza |
Hipólito Yrigoyen | Precede a: Marcelo Torcuato de Alvear |
| Unión Cívica Radical - UCR | ||
| Presidentes de Arxentina | ||
|---|---|---|
Segue a: Marcelo Torcuato de Alvear |
Hipólito Yrigoyen | Precede a: José Félix Uriburu |
| Unión Cívica Radical - UCR | ||