Cegueira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabalo cego
A cegueira é a perda do sentido da vista. Pode ser total ou parcial e existen varios tipos de parcial dependendo do grao e tipo de perda de visión, como a visión reducida, o escotoma, a cegueira parcial dun ollo ou o daltonismo.
Índice |
[editar] Tipos de cegueira
A cegueira clasifícase dependendo de onde se producira o dano que impide a visión. Este pode ser en:
- Estruturas transparentes do ollo, coma as cataratas e a opacidade da córnea.
- Retina, coma a dexeneración macular asociada á idade e a retinose pigmentaria.
- Nervio óptico, coma o glaucoma ou a diabetes.
- Cerebro.
[editar] Causas da cegueira
Pode ser provocada por:
- Enfermidades: as máis comúns son cataratas, glaucoma, dexeneración macular, opacidade corneal, tracoma e retinopatía diabética.
- Anormalidades e danos: en Estados Unidos os accidentes, especialmente nos menores de 30 anos, fan perder a vista xeralmente nun dos ollos.
- Defectos xenéticos: as persoas con albinismo usualmente sofren de deterioro da vista.
- Envenenamento: certos químicos coma o metanol, encontrado en bebidas económicas substitutas consumidas por alcohólicos.
- Falta de iris de nacemento.
A malnutrición xunto ás enfermidades son as causantes principais da cegueira.
[editar] Epidemioloxía
En 2002, a Organización Mundial da Saúde (WHO, World Health Organization) estimou que había 161 millóns de persoas (2,6 % da poboación mundial) no mundo con deterioro da vista, dos cales 124 millóns (2% aproximadamente) tiña baixa visión e 37 millones eran cegos (preto de 0,6%).