El Aleph
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aleph.
El Aleph (O àlef, letra de varios alfabetos) antigos, primeira letra do alfabeto hebreo e é unha das dùas letras que orixinaron a palabra alfabeto) é o nome dunha escolma de dezasete novelas cortas de Jorge Luis Borges e tamén o nome da derradeira novela corta do libro. Editadas separadamente entre 1944 e 1952 en diferentes revistas de Bos Aires, o conxunto é un libro publicado en 1949 e reeditado polo autor en 1974.
Característico do escritor bonaerense, os seus textos fan uso dunha infinidade de fontes e bibliografías, e mediante elas reconstrúe os mitos e as metáforas da tradición literaria universal.
Os temas predilectos de Borges atopànse neste libro : as numerosas referencias literarias (ás veces voluntariamente fantasiosas), a metafísica, os labirintos, o infinito. Varios relatos teñen por tema a morte ou a inmortalidade, outros desenvólvense no ambiente da antigüidade greco-latina ou no do Oriente medieval.
[editar] Dezasete novelas cortas
- "El inmortal", sobre a inmortalidade segundo A Ilíada.
- "El muerto", historia de Benjamín Otálora, personaxe ambicioso que foxe a Uruguai cunha carta de presentación para Azevedo Bandeira, o xefe dunha banda de ladróns e criminais.
- "Los teólogos", "un soño máis ben melancólico sobre a identidade persoal" (Borges, Postfacio de El Aleph).
- "Historia del guerrero y la cautiva". Dúas caras dunha mesma moeda. Un ven do salvaxe cara a civilización; a outra, dende a civilización cara a barbarie. Realízase un cambio de identidade. O guerreiro queda impresionado coa civilización romana, e sente que pertence a ela.
- "Biografía de Tadeo Isidoro Cruz (1829 – 1874 )", o sarxento Cruz do Martín Fierro.
- "Emma Zunz", o sufrimento ante a noticia da morte do seu pai.
- "La casa de Asterión", o fillo da raíña encerrado nun labirinto.
- "La otra muerte", unha carta, unha noticia e o impulso de descubrir a verdade.
- "Deutsches requiem", a historia dun alto dirixente nazi que vai ser fusilado polos seus crimes.
- "La busca de Averroes", a partir de Aristóteles de Estaxira.
- "El Zahir", a perdición dos homes.
- "La escritura del Dios", a decisión dun home cativo.
- "Abenjacán el Bojarí, muerto en su laberinto", unha historia contada en Cornwall unha tarde de verán.
- "Los dos reyes y los dos laberintos", a rivalidade de dous reis e a competencia polo poder.
- "La espera", un home atormentado polo seu pasado.
- "El hombre en el umbral", un xuíz inglés tratando de poñer orde en conflitos indios.
- "El Aleph". Narra o descubrimento do personaxe Borges dun obxecto que é o espello e centro de todas as cousas, no cal todo conflúe e se reflicte.