Monóxido de carbono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Propiedades

Xeral

Nome Monóxido de carbono
Fórmula química CO
Aparencia gas incoloro

Físicas

Peso molecular 28,0 uma
Punto de fusión 68 K (-205 ̊C)
Punto de ebulición 81 K (-192 ̊C)
Densidade 8,0 ×10³ kg/m³ (líquido)
1,145 kg/m³ (gas a 298K) - máis livián có aire
Solubilidade 0,0026 g en 100g de auga

Termoquímica

?fH0gas -110,53 kJ/mol
 ?fH0líquido  ? kJ/mol
 ?fH0sólido  ? kJ/mol
S0gas, 1 bar 197,66 Jmol-1K-1
S0líquido, 1 bar  ? Jmol-1K-1
S0sólido  ? Jmol-1K-1

Riscos

Inxestión Pode causar vómito e diarrea.
Inhalación Moi perigoso, pode ser fatal.
Pel Inhalación pode causar lesións cutáneas. Evitar contacto con líquido crioxénico.
Ollos Inhalación pode causar problemas a longo prazo na visión.
Máis información Hazardous Chemical Database (En inglés)

Monóxido de carbono

O monóxido de carbono, cuxa fórmula química é CO, é un gas inodoro, incoloro, insípido, inflamable, non irritante e altamente tóxico. Na clasificación toxicolóxica, considérase un axente tóxico de carácter asfixiante-sufocante ou citotóxico, e pode causar a morte cando se respira en niveis elevados. Prodúcese ó queimar materiais combustibles como gas, gasolina, queroseno, carbón, petróleo, tabaco ou madeira. As chemineas, as cadeiras, os quentadores de auga e os aparatos domésticos que queiman combustible, como as estufas ou fogóns da cociña ou os quentadores a queroseno, tamén poden producilo se non funcionan ben. Os vehículos detidos co motor acendido tamén o despiden.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

O óxido de carbono (II) foi descuberto polo químico francés de Lassone en 1776 mentres quentaba óxido de zinc con coque. Erroneamente pensou que se trataba de hidróxeno porque xeraba unha chama de cor azul. Máis tarde, en 1800, o químico inglés William Cruikshank comprobou que dito composto contiña carbono e osíxeno. Non obstante, non foi ata 1846 cando o físico francés Claude Bernard descubriu en profundidade as propiedades tóxicas do CO, que envelenando cans co gas detectou que o seu sangue se tornaba máis avermellado e brillante en todos os tecidos.

Durante a Segunda Guerra Mundial, o óxido de carbono (II) foi usado nos motores dos vehículos xa que escaseaba a gasolina. Introducíase carbón mineral ou vexetal e o óxido de carbono (II) xerado por gasificación alimentaba o carburador. O CO tamén foi usado como un método de exterminio durante o Holocausto nos campos de concentración nazis.

Orixe[editar | editar a fonte]

Fórmase en todos os procesos nos que se produza a combustión de carbono. Nas combustións incompletas en lugares pechados e sen ventilación.

  • Fonte antropoxénica: respiración humana.
  • Artificiais: cociñas, calefación (polo mal funcionamiento de queimadores de gas), tráfico, garaxes, determinadas industrias, braseiros de leña, incendios e minas (o gas grisú[1] contén CO).

Toxicidade[editar | editar a fonte]

Se se respira en niveis elevados, o monóxido de carbono pode causar a morte por envelenamento en poucos minutos porque substitúe o osíxeno nos eritrocitos do sangue. Cada ano un gran número de persoas perden a vida accidentalmente debido ó envelenamento con este gas. As mulleres embarazadas e os seus meniños, os nenos pequenos, as persoas maiores e as que sofren de anemia, problemas do corazón ou respiratorios poden ser moito máis sensibles ó monóxido de carbono.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ás veces nas minas de carbón perfóranse "bolsas" de gas composto principalmente por metano, chamado grisú polos mineiros. Cando este gas se mestura co aire e entra en contacto cunha faísca, entón pode estoupar, polo que hoxe en día a ventilación das minas é moi importante. As posibilidades de supervivencia a estas explosións son moi baixas debido a que a súa inhalación produce asfixia e intoxicación. Tradicionalmente os mineiros entraban nas minas cun paxaro, normalmente un canario, que morría ou se vía afectado cando ascendía a concentración de metano, alertándolles así do perigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]