Castro Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Castro Caldelas
Bandeira de Castro Caldelas Escudo de Castro Caldelas
Castelo de Castro Caldelas Torre da Homenaxe.jpg
Torre da Homenaxe
Situación
Situacion Castro Caldelas.PNG
Xentilicio[1] Caldelao
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Terra de Caldelas
Poboación 1.572 hab. (2010)
Área 87,6 km²
Densidade 18,60 hab./km²
Entidades de poboación 86
Capital do concello Castro Caldelas
Política (2011)
Alcalde Eladio Osorio Castro (PSdeG-PSOE)
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 5
Outros: 0
Eleccións municipais en Castro Caldelas
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 98,25 %
Sitio web oficial
http://www.castrocaldelas.es
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.

Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2010 tiña 1.572 habitantes, 197 menos ca en 2005. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Caldelao.

Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derrame setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, no macizo Central Ourensán.

Censo Total 1.594
Menores de 15 anos 97 (6,08 %)
Entre 15 e 64 anos 851 (53,39 %)
Maiores de 65 anos 646 (40,53 %)
Evolución da poboación de Castro Caldelas - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 5.441  4.934  4.330  3.430  1.833  1.572  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

Está situado no derrame setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra. O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto mais elevado é o de Pena da Cruz (1.289 m).

O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castaños, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, gracias ó predominio de pendente e solo rochoso.

[editar] Historia

Tense constancia arqueolóxica de poboación humana desde a época do megalitismo, debido á existencia de varias mámoas no burgo e na Serra da Mazaira. Desde entón o territorio non deixou de estar ocupado; na idade do bronce unha comunidade gravou varios petróglifos en Veiga de Sas. Da idade do ferro a cultura castrexa deixou os restos da varios poboados: o castro de Paradela, o castriño da Cerca (Seerra de Mazaira) e o Outeiro da Torre (San Martiño), todos eles pertencentes á tribo galaica dos Tiburos.

A romanización de Galicia iniciouse entre os anos 137 e -19|19 ane]]. Pola zona pasaba a Vía Nova, calzada romana que unía Braga a Astorga, vía XVIII do itinerario de Antonino. Os romanos erixiron varias instalacións para a explotación do ouro. Na aldea de Burgo situaríase a Mansio Praesidium[3] ("Mansión da Fortaleza" en latín) en San Pedro do Burgo, que servía como parada e lugar de aprovisionamento para os viaxeiros. Existen varios restos romanos no arredores: unha placa honorífica ao emperador Nerva no lugar de San Xoán de Camba e outras dúas en honor de Hadriano e Antonio Pío na igrexa de San Pedro do Burgo.

Trala chegada dos suevos no século V (ano 409]]) e a formación do reino de Galicia, difundiuse o cristianismo por estas terras (a ribeira do Sil énchese de eremitas cristiáns que colonizan os escarpados canóns do Sil. No ano 573 créase o mosteiro de San Pedro de Rocas.

A primeira referencia escrita co nome actual da poboación data da idade media (século IX). Tense constancia da construción de dous mosteiros, o mosteiro de San Xoán de Camba (fundado no 963 por un bispo ourensán, aínda que nas ruínas hai sarcófagos datados no século VII) e o mosteiro de San Paio de Abeleda (1127). A Terra de Caldelas estivo sempre moi vinculada ás veciñas terras de Trives, sendo as dúas pertencentes ó señorío da Casa de Lemos.

Durante o século X a familia Gutier Menéndez dominou as terras de Caldelas gracias ás doazóns dos reis Sancho Ordóñez, Ramiro II e Ossino. No século XII converteuse en vila de realengo por mor dos foros concedidos en 1172 por Fernando II e en 1228 Alfonso IX, grazas ós cales a vila comeza a vivir un gran esplendor económico e aséntase na zona unha pequena comunidade de xudeus, dos cales ficaron as súas lápidas funerarias.

En 1326 o rei Afonso XI regalouna a Pedro Fernández de Castro, pasando o territorio a pertencer á casa de Lemos. No século XVIII pasaría á casa de Alba. Desta época data o castelo de Castro Caldelas, derrubado durante a gran guerra irmandiña en agosto de 1467, por mor dos grandes abusos ós que eran sometidos os labregos, baixo o mando de Diego de Lemos, logo derrotados pola coalición señorial (a tradición oral di que o mariscal Pero Pardo de Cela estivo atacando na zona ós irmandiños resistentes), polo que os Lemos volveron ao poder, e o señor Rodrigo Enríquez Osorio fixo reconstruír o castelo, mediante a serventía (pola cal os vasalos estaban obrigados a traballar de balde para o señor feudal) e a suba de impostos (pero a veciñanza a través do concello presentou preito contra o conde na Audiencia de Valladolid, resolvéndose o caso en 1534 a favor do pobo).

O dominio da terra de Caldelas pasa no século XVIII da Casa de Lemos á casa de Alba. Moita información histórica perdeuse na guerra da independencia en 1809 o xeneral Marchand incendiou a vila e o seu castelo en represalia dun ataque das guerrillas do lugar.

A situación mudou coa desaparición do antigo réxime e a desamortización eclesiástica, as desvinculacións dos morgados, a desaparición da Monarquía Absolutista e a implantación do Liberalismo.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares de Castro Caldelas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castro Caldelas vexa: Lugares de Castro Caldelas.

[editar] Festas

  • A festa de San Sebastián, ou Festa dos Fachós - 20 de xaneiro.
  • Festa dos Remedios - Dende o 6 ó 11 de setembro
  • Festival ponte Louco (18 de agosto do 2007).

[editar] Heráldica

Castro Caldelas ten escudo e bandeira de seu. A nova versión, e oficial, do escudo e da bandeira foron aprobados en 2011 no pleno do concello e referendados pola súa publicación pola Xunta de Galicia en xaneiro de 2012.

A bandeira ten tres franxas verticais; "a do batente e hasta de azul, perfiladas de branco ao centro; e a terceira, do dobre de largo, de vermello cun castelo de amarelo, aberto, coa porta superada por un escudo de branco cargado de seis roeis de azul, sobre chamas de vermello perfiladas de amarelo". O castelo representa o castelo de Castro Caldelas e o señorío que sobre ela exerceron os señores de Lemos. As labaradas lembran que en 1810 o xeneral francés Loison lle prendeu lume á vila. A bordura de azul alude á tradicional devoción mariana de Nosa Señora dos Remedios[4].

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castro Caldelas

Alais (San Pedro) | O Burgo (San Pedro) | Camba (San Xoán) | Castro Caldelas (San Sebastián) | Folgoso (Santiago) | Mazaira (Santa María) | Paradela (San Vicenzo) | Pedrouzos (San Mamede) | Poboeiros (San Xoán) | San Paio de Abeleda (San Paio) | Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra) | Sas de Penelas (San Fiz) | Trabazos (Santa Olaia) | Tronceda (Santiago) | Vilamaior de Caldelas (Santa María) | Vimieiro (San Xoán)

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outras páxinas

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas