A Rúa
| A Rúa | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1] | rués |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca de Valdeorras |
| Poboación | 4816 hab. (2009) |
| Área | 35,9 km² |
| Densidade | 134,15 hab./km² |
| Entidades de poboación | 3 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Avelino García Ferradal (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: R.U.A. 3 |
| Eleccións municipais na Rúa | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 91,22% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.arua.es/ | |
A Rúa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2009 tiña 4.816 habitantes (5.027 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rués».
| Evolución da poboación de A Rúa (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 2.411 | 3.224 | 4.096 | 6.060 | 5.000 | {{{6}}} | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
| Censo Total | 4.816 |
| Menores de 15 anos | 511 (10.61%) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.001 (62.31%) |
| Maiores de 65 anos | 1.304 (27.08%) |
Índice |
Xeografía [editar]
O concello limita ao norte con Vilamartín de Valdeorras e Quiroga (este último da provincia de Lugo), ao sur con Larouco, ao leste con Petín e Vilamartín de Valdeorras, e ao oeste con Quiroga.
Os cumios de maior altitude están cara ao norte, na serra dos Cabalos, os montes de Cereixido e a serra da Enciña da Lastra: Lagoa Grande (1.242 m), Pincheira (1.139 m) e A Torrenta (1.134 m). Cara ao sur está o val do río Sil, ao que van dar varios ríos e regatos no encoro de San Martiño.
Ten un clima suboceánico con trazos continentais e mediterráneos, con escasas choivas.
Historia [editar]
Antes da romanización, segundo Plinio e Ptolomeo, as terras estaban habitadas polos Gigurros, do convento xurídico asturicense. Na localidade da Rúa estaba situada a Forum Cigurrorum romana (Cigurria), a VIII mansión da Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga, cruzando o río Sil pola ponte da Cigarrosa. Preto desta ponte atopouse unha lápida de cuarzo cunha inscrición romana, conservada na igrexa de Santo Estevo.
Na Idade Antiga establecéronse na zona os suevos e os visigodos, que utilizaron a vila como ceca de cuña de moeda durante os reinados de Viterico, Sisebuto e Suintila, entre os anos 603 e 631. Logo da invasión musulmá asentáronse os agarenos, expulsados por Afonso I de Asturias a mediados do século VIII.
Na Idade Media a zona estivo baixo dominio dos reis de Asturias, León e Galiza e baixo o señorío dos condes de Lemos e Ribadavia.
Ata a Idade Moderna o termo recibiu o nome de Santo Estevo.
No século XIX houbo enfrontamentos entre a guerrilla e as tropas francesas durante a guerra da Independencia. En 1811 faleceu na zona María Manuela de Lunas, heroína na defensa de Zaragoza, e Sancho, Capitán do Real Corpo de Artillería.
Escudo [editar]
Segundo o Decreto 281/1991,.do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense), a organización do escudo do concello queda do seguinte xeito: "Escudo de prata cunha banda de azur; brocante escudón de azur cunha ponte de ouro, mazonado de sable posto sobre ondas de prata e azur, e sumado dun sotuer de ouro. Ó timbre coroa real.". [3]
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes da Rúa.
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Rúa | |
|---|---|
|
Roblido (San Xoán) | A Rúa de Valdeorras (Santo Estevo) | San Xulián (San Xulián) |
Lugares da Rúa [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Rúa vexa: Lugares da Rúa.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ Decreto 281/1991,.do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense)
Véxase tamén [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |