Parada de Sil
| Parada de Sil | |
|---|---|
| Casa do Concello de Parada de Sil. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | silense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca da Terra de Caldelas |
| Poboación | 648 hab. (2011) |
| Área | 62,4 km² |
| Densidade | 10,38 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Francisco Magide Bizarro (PSdeG) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 5 Outros: - |
| Eleccións municipais en Parada de Sil | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 97,59% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.paradadesil.es/ | |
Parada de Sil é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal en 2011 tiña 648 habitantes (808 en 2003).
Índice |
Poboación [editar]
| Censo Total (Habitantes) | 648 |
| Menores de 15 anos | 22 (3.39 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 316 (48.76 %) |
| Maiores de 65 anos | 310 (47.84 %) |
| Evolución da poboación de Parada de Sil (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 3.287 | 3.272 | 2.912 | 2.287 | 788 | 670 | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Xeografía [editar]
O concello, situado ao norte da provincia de Ourense, ten 62,4 km², e abrangue 9 parroquias. Limita ao norte con Sober (provincia de Lugo) a través do río Sil, ao sur con Montederramo, ao leste coa Teixeira e ao oeste con Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo.
A parte norte pertence á Ribeira Sacra, no val do río Sil preto da desembocadura no Miño, determinado polo encoro de Santo Estevo. A parte sur ten zonas montañosas, como as lombas desgastadas da terra da Picoña, Cabeza de Meda, Os Confurcos, Os Burdiallos e Os Salgueiriños. Entremedias, hai unha área de media montaña con planicies onduladas e cumios como A Carpadena, Outeiro do Río, A Espereta, Biruxe, Corzas, A Gándara e Os Penediños. Estas zonas xeográficas determinan a climatoloxía, oceánica de montaña nas zonas máis altas, e oceánico mediterráneo na ribeira.
Historia [editar]
Durante o antigo réxime a zona pertenceu á xurisdición de Chandrexa de Sacardebois.
Patrimonio [editar]
No concello destaca o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Na parroquia de San Lourenzo de Barxacova situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova.
Hai petos de ánimas en Cimadevila, Couto e Teimende. O cruceiro de Forcas está asentado sobre unha roca que fai ás veces de base. Na parroquia de Forcas consérvase sobre o río Mao a ponte románica de Canceliñas, que conta con marcas de canteiro.
O concello conta coa ruta de sendeirismo homologada PR-G 98, Canón do Sil - Santa Cristina. É unha ruta circular de 18 km con principio e fin na prazo do Barquilleiro, da capital do municipio. Discorre na maior parte polos camiños de carro e sendas antigas para cultivar as pendentes de vides. No percorrido vense fornos, sequeiros e muíños, amais do mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.
O escudo do concello foi proposta por Francisco Ogando Vázquez e Fernando González Suárez en marzo de 1988, e aprobado pola Xunta de Galicia polo decreto 563/1990 do 20 de decembro. O primeiro e cuarto cuarteis fan referencia ás nove mitras de ouro (cinco e catro respectivamente), sobre fondo sinople. O segundo cuartel leva as armas dos Castro, condes de Lemos: seis roeis azuis sobre campo de prata. O terceiro cuartel leva unha palma de ouro baixo unha coroa real da mesma cor, en campo de gules. Ao timbre, coroa real pechada.
Galería de Imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Parada de Sil.
Parroquias [editar]
Lugares de Parada de Sil [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Parada de Sil vexa: Lugares de Parada de Sil.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||