Bertomeu, apóstolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Bertomeu
Bartholomaeus San Giovanni in Laterano 2006-09-07.jpg

Escultura de Pierre Le Gros o Novo (Roma, San Xoán de Latrán), s. XVIII
Apóstolo e Mártir
Biografía
Nacemento descoñecida, arredor do ano 1 d.C. en Caná, Palestina
Pasamento s. I d.C. esfolado e crucificado en Albania caucásica (antiga Armenia, actual provincia de Van en Turquía). Enterrado en San Bartolomeo all'Isola Tiberina (Roma) (procedente de Benevento, antes en Lipari e antes en Dura-Europos)
Proceso de canonización
Canonización Anterior á Congregación
Veneración
Venerado/a en Maioría das confesións cristiás
Festividade 24 de agosto (occidente), 11 de xuño (oriente)
Santuario principal Mosteiro de San Bertomeu (Albarak, Turquía, lugar do martirio), San Bartolomeo all'Isola Tiberina (Roma), Catedral de San Bartolomeo (Lipari)
Atributos Coitelo, a súa pel esfolada
Patrón/a de Armenia; encadernadores, buxeos, carniceiros, traballadores da pel (curtidores, branqueadores); Cariño (A Coruña), Cabaneiro (Lugo), Capela de San Bertomeu da Catedral de Santiago

Bertomeu chamado Natanael (Natan-el bar Tholmai, "Natanael, fillo de Ptolemeo"; en arameo: תולמי-בר, bar-Tôlmay; en grego: Βαρθολομαίος Bartholomaíos), nado en Caná (Galilea) a comezos do século I e finado na Armenia, foi segundo o Novo Testamento, un dos doce Apóstolos de Xesús Cristo. É venerado coma santo en tota a cristiandade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun cananeo chamado de Ptolemeo, o seu nome real semella que era Natanael (en arameo Natan-el bar Tholmai). De aquí o nome "bar-Tolmay", en galego Bertomeu, que significa fillo de Ptolemeo.

Segundo o Novo Testamento, veu a Xesús de Nazaret resuscitado no Lago Tiberiades e foi testemuña da súa ascensión ao ceo. Segundo Eusebio de Cesarea, Bertomeu foi a predicar á India e, con Xudas Tadeo, predicou na Armenia, por iso son os patróns da Igrexa Apostólica Armenia

O seu final foi dos máis crueis entre os apóstolos, xa que foi esfolado vivo e, finalmente, decapitado.

Veneración[editar | editar a fonte]

Conmemóraselle o 24 de agosto. Polo seu martirio é patrón de oficios relacionados co traballo da pel, coma os curtidores, e adobadores.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bertomeu, apóstolo Modificar a ligazón no Wikidata