Gomesende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gomesende (homónimos).
Gomesende
Escudo de Gomesende
Situación
Situacion Gomesende.PNG
Xentilicio[1]: Gomesendés (non oficial)
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Terra de Celanova
Poboación: 968 hab. (2010)
Área: 28,3 km²
Densidade: 37,03 hab./km²
Entidades de poboación: 6 parroquias
Capital do concello: Sobrado
Política (2011)
Alcalde: Pura Rodríguez Álvarez (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 0
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 0
Outros: 2
Eleccións municipais en Gomesende
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,45 %
Sitio web oficial
-

Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2009 tiña 968 habitantes (1.105 en 2003).

Evolución da poboación de Gomesende - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 3.569  3.187  3.255  2.365  1.118  968
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 1.018
Menores de 15 anos 53 (5,21 %)
Entre 15 e 64 anos 513 (50,39 %)
Maiores de 65 anos 452 (44,4 %)

Índice

[editar] Xeografía

O concello, de 28,3 km², pertence á comarca da Terra de Celanova. Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Quintela de Leirado, ao leste con Ramirás e ao oeste coa Arnoia, Cortegada e Pontedeva.

Está atravesado polo río Arnoia, o Deva e o río de San Francisco. Os maiores cumios son o Marco das Cruces (869 m, pertencente á serra da Moura) e os montes do Viso e Silva Escura (600-700 m, pertencentes á serra do Laboreiro).

[editar] Historia

O topónimo Gomesende é de orixe xermánica[3].

Durante a idade media o mosteiro de Celanova tiña xurisdición na parroquia de San Lourenzo de Fustáns. As demais parroquias formaban parte dun señorío real, se ben a Herdade de San Miguel de Gomesende foi doada en 1214 por Afonso IX á catedral de Ourense. Posteriormente, algunhas terras volveron a mans de nobres. Os Puga tiñan padroado da igrexa de Poulo (onde se conservan escudos e unha tumba desta liñaxe) e das parroquias de Meréns e Louredo (Cortegada).

As terras estaban cruzadas polo camiño real que ía desde Pontevedra a Celanova pasando pola Arnoia, por onde ía o viño do Ribeiro para embarcalo.

[editar] Patrimonio

O Santuario da Nosa Señora da Guía é un templo de arquitectura neoclásica. Ten unha fachada de retablo, cun frontón con volutas inversas nos extremos rematadas con pináculos de bólas. Ten un primeiro corpo con dous vaos coas campás, rematado no centro cun corpo dun só vao coroado cunha cruz. No lado leste ten ábsidas rectangulares, coroadas por pináculos terminados en bólas, e unha fiestra cadrada tapada no interior por retablos. Este santuario ten importancia como centro mariano de peregrinación.

O Santuario da Nosa Señora do Val de Poulo é outro centro de peregrinación mariana, que antigamente tiña máis importancia có anterior. Está situado no monte. É de arquitectura barroca, se ben non se chegou a rematar o proxecto orixinal, que incluía un cenobio dependente da igrexa parroquial, e quedaron baixos os muros de peche. Ten un dobre cimborrio octogonal anterior e posterior, destacando en altura. A carón deste templo había unha antiga capela, conservándose restos de muros derrubados e fontes de baños ó redor do templo vello.

Outros templos barrocos son as igrexas do Pao, Poulo e Fustáns. Hai outra ermida en Santiago de Viñal (O Pao).

Existen casas señoriais en Guielas e A Pombiña (O Pao) e a de Pumar (Sobrado, Poulo).

[editar] Lugares de Gomesende

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Gomesende vexa: Lugares de Gomesende.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Gomesende

A Guía (Santa María) | O Pao (Santa María) | Penosiños (San Salvador) | Poulo (San Pedro) | San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo) | O Val (Santa María)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 286. Ed. Xerais, Vigo 1992.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas