Boborás
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Boborás | |
|---|---|
| Pazo de Moldes. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | Boborense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Carballiño |
| Poboación | 3.001 hab. (2009) |
| Área | 87,8 km² |
| Densidade | 34,70 hab./km² |
| Entidades de poboación | 14 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Cipriano Caamaño Castro (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 Outros: MOVEB - 2 |
| Eleccións municipais en Boborás | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 97,15 % |
| Sitio web oficial | |
| http://boboras.org | |
Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2009 a súa poboación era de 3.001 persoas (3.286 en 2003).
| Evolución da poboación de Boborás - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 7.399 | 7.066 | 6.919 | 5.113 | 3.214 | {{{6}}} | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
[editar] Historia
Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civiles e relixiosas.
[editar] Patrimonio histórico e artístico
A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Boborás
[editar] Parroquias
[editar] Lugares de Boborás
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boborás vexa: Lugares de Boborás.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.