Calvos de Randín
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Calvos.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Calvos de Randín | |
|---|---|
| Casa consistorial | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Randinense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Limia |
| Poboación: | 1.093 hab. (2009) |
| Área: | 97,7 km² |
| Densidade: | 11,28 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 9 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Aquilino Valencia Salgado (PSdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 6 Outros: - |
| Eleccións municipais en Calvos de Randín | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 98,78 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.calvosderandin.com/gl | |
Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á Comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2009 tiña 1.093 habitantes (1.242 en 2003).
| Censo Total | 1.093 |
| Menores de 15 anos | 55 (5,03 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 475 (43,46 %) |
| Maiores de 65 anos | 563 (51,51 %) |
| Evolución da poboación de Calvos de Randín - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 3.650 | 3.676 | 3.429 | 2.074 | 1.212 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1.400 m de altitude. O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.
É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.
[editar] Historia
A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do Conde de Lemos.
Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.
[editar] Patrimonio
Os xacementos humanos máis antigos datan do megalitismo, como as mámoas de Monte Meau e Forno da Tagurra (Golpellás), Penouces e A Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso e A Mota Grande (Castelaus), Outeiro das Moas (Paradela) e As Rebouciñas (Padroso).
Da cultura castrexa son os poboados de Cidade de San Vitorio (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear), O Castro (Rubiás), Penas Altas (Calvos) e A Picoña (Randín).
A igrexa parroquial de Santiago de Calvos é do século XIX, de estilo popular. A igrexa de San Xoán de Ranín é de estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII. A igrexa de Santiago de Rubiás, sendo reconstruída no século XVIII, conserva na ábsida unha ventá románica de medio punto. A ermida do Neno Xesús é do século XVIII. A capela de Calvos é de recente construción. Hai varios petos de ánimas, en Calvos, Vilar, o Cruce de Padroso, Feás e Rubiás.
O pazo dos Tejada é dos séculos XVIII e o XIX. Ten a tipoloxía típica de pazo galego, con tres corpos conectados por unha solaina. O pazo de Randín é máis recente, se ben un dos seus corpos está actualmente destruído, tendo estrutura en L.
Dentro da arquitectura popular destacan os hórreos en Randín e Rioseco, cruceiros, fornos comúns, fontes, muíños, calzadas e pontes.
[editar] Goberno municipal
- Artigo principal: Eleccións municipais en Calvos de Randín.
En 2010 catro edís do PPdeG co apoio do ex-edil do PSdeG José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura ao alcalde Aquilino Valencia. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repita o pleno.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Calvos de Randín.
-
Igrexa de Santiago de Rubiás
-
Peto de ánimas en Calvos.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Calvos de Randín | |
|---|---|
|
Calvos (Santiago) | Castelaus (San Martiño) | Feás (San Miguel) | Golpellás (San Xoán) | Lobás (San Vicente) | Randín (San Xoán) | Rioseco (Santa Mariña) | Rubiás dos Mixtos (Santiago) | Vila (Santa María) |
[editar] Lugares de Calvos de Randín
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Calvos de Randín vexa: Lugares de Calvos de Randín.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Concellos da Comarca da Limia | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Baltar |
Os Blancos |
Calvos de Randín |
Porqueira |
Rairiz de Veiga |
Sandiás |
Sarreaus |
Trasmiras |
Vilar de Barrio |
Vilar de Santos |
Xinzo de Limia |
|
|
|||||