Maside
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Maside | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Masidao - Masidá |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Carballiño |
| Poboación: | 3.087 hab. (2008) |
| Área: | 40,0 km² |
| Densidade: | 77,17 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 9 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2007) | |
| Alcalde: | Celso Fernández López (PSdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 6 Outros: - |
| Eleccións municipais en Maside | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 96,10 % |
| Sitio web oficial | |
| - | |
Maside é un concello da Provincia de Ourense en Galicia. Pertence á Comarca do Carballiño.
Poboación en 2004: 3.121 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (3.157 en 2003).
| Evolución da poboación de Maside - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 6.339 | 5.877 | 5.808 | 5.160 | 3.121 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
Índice |
[editar] Situación
O concello de Maside é bastante chao. Atópase entre a Serra do Faro e os Montes do Testeiro no oeste e a bacía do río Miño no suloeste, con alturas entre os 200 m e os 500 m. coas alturas do Alto do Bolo (544 m.), o Pico Piñeiro (443 m.) e Amarante (430 m.). É de notar a presenza de mananciais de augas termais do parque de A Rañoa. O territorio está coberto por unha superficie forestal moi ampla e a superficie agrícola é moi fértil.
Ten moita relación con O Carballiño.
[editar] Historia
Hai restos castrexos en Piñeiro, Maside e Listanco. Os romanos explotaron a arsenopirita no Puzo do Lago e talvez o ouro (de onde se pensa que se orixinou a lagoa actual).
Na Idade Media Maside pertenceu ao Conde de Ribadavia e a parroquia de Garabás ostentou o título de "vila".
[editar] Monumentos
Pódense ver boas mostras do románico rural de carácter austero (século XIII) nas igrexas de Garabás, Santa Comba de Trevoedo, Santa María de Louredo e, especialmente na de San Tomé de Maside Vello, de fins do século XII. Da mesma época é a ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño, construído probabelmente sobre un romano anterior.
Entre as construcións civís destaca o hórreo de Listanco, o pazo de As condomas, do século XIII, e o pazo de Armeses, en Listanco, do século XIX. O reloxio do concello procede do mosteiro de Oseira.
[editar] Masidaos de sona
- Víctor Campio Pereira, escritor (n. 1928)
- Raida Rodríguez Mosquera, poeta (n. 1980)
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Maside
[editar] Lugares de Maside
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Maside vexa: Lugares de Maside.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|