Carballeda de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carballeda de Valdeorras
Pena trevinca.jpg

Situacion Carballeda de Valdeorras.PNG
Situación
Xentilicio[1] valdeorrés
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca de Valdeorras
Poboación 1.866 hab. (2010)
Área 222,7 km²
Densidade 8,38 hab./km²
Entidades de poboación 17 parroquias
Capital do concello Sobradelo
Política (2011)
Alcaldesa María Carmen González Quintela
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Carballeda de Valdeorras
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 42,93%
Na rede
-

Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.866 habitantes (1.870 en 2009, 2.155 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdeorrés».

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total 1.727
Menores de 15 anos 123 (7.12%)
Entre 15 e 64 anos 1.077 (62.36%)
Maiores de 65 anos 527 (30.51%)
Estranxeiros 337 (19.51%)
Evolución da poboación de Carballeda de Valdeorras (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 4.018  3.806  4.024  3.344  2.080  {{{6}}}  {{{7}}}  {{{8}}}  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localización[editar | editar a fonte]

Carballeda de Valdeorras sitúase no extremo oriental de Galiza. Limita ao norte con Rubiá, ao sur coa Veiga, ao leste con Encinedo e Benuza (provincia de León) e ao oeste co Barco de Valdeorras.

Polo extremo norte pasa o río Sil, aínda que ten máis relevancia o Casoio, que transcorre todo el polo municipio. Estes e outros ríos transcorren nos vales da Serra do Eixe, que ten as súas maiores alturas no sul: Macizo de Pena Trevinca (Trevinca Sur 2.127 m; 2.119 m en Pena Negra, Pena Survía 2.095 m., a Serra do Eixe (1.500 m) e os Vales do Casaio (1.773 m).

Os montes son de lousas e esquistos, e a estracción en canteiras é a principal actividade económica do concello.

Polo municipio transcorren o trazado da antiga N-120, que une Galiza coa meseta, e o camiño de ferro de Palencia á Coruña.

Historia[editar | editar a fonte]

Os romanos procuraron ouro no Sil; a destacar a explotación de tipo ruina montium na freguesía da Médua. Durante a Idade Media estas terras pasaron de man en man: dos descendentes do Conde Froila Diaz pasaron á Casa dos Castro, aos Condes de Lemos e finalmente ao Condado de Ribadavia, no século XV; mais algúns lugares como Lardeira e Casaio estaban sob a xurisdición da Cabreira, pertencente ao Villafranca, como acontecería tamén con lugares valdeorreses do actual concello de Rubiá. Porén ata fins do Antigo Réxime e desde a Alta Idade Media o mosteiro de San Martiño de Castañeda, sito na cercana comarca de Sanabria mantivo a granxa de Santa Cruz, na parroquia de Casoio, obxecto de subhasta durante a desamortización.

Durante a Guerra de Independencia Española o abade de Casoio, José Ramón Quiroga Uría, dirixiu as alarmas do Valdeorras contra as tropas francesas. Durante a Guerra Civil e na postguerra, constituíronse grupos guerrilleiros antifranquistas, que utilizaron a serra do Eixe como refuxio, sendo quizais o máis coñecido dos seus mandos Manuel Bazán Girón. Ao tempo, os nazis, no comezo da década de 1940, explotaron as minas de wolfram de Valborraz, nos montes de Casaio, que explotaron con presos de guerra republicanos.

Nos anos 1950, o descubrimento de importantes filóns de lousa - louxa en variante local - no cunca dos ríos Casoio e Candís, sería o inicio, nos comezos lento, dunha importante industria de extracción e elaborado como material de cubrición, principalmente. Dun certo minifundismo industrial, foise chegando a unha maior concentración e a expansión exterior, dalgunhas das empresas, das que talvez o símbolo sexa CUPA -ata hai pouco coñecida como CUPIRE-, recoñecida actualmente como a primeira empresa mundial do sector da pedra. Porén, a pesar de que o concello ostenta a proporción máis alta de Galiza de poboación activa empregada no sector secundario - e tamén de emprego feminino -, o concello perdeu poboación, unha parte importante da cal se trasladou ao veciño O Barco de Valdeorras, polas súas características marcadamente xa urbanas con ampla oferta de servizos.

Monumentos e turismo[editar | editar a fonte]

Do megalitismo destaca o Lombo das Arcas. A vía militar romana XVIII ou Vía Nova atravesou Valdeorras. Próxima dela fican os piares da Pontóriga sobre o Sil, por onde atravesaba unha vía romana secundaria. A ponte que atravesa o río Casaio, que unia camiños secundarios da Vía XVIII, ten un só arco e está construída con lousas. Nese arco houbo unha vivenda, arrasada a fins do século XX por unha crecida.

A ponte de Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, sobre do Sil, con sete arcadas, cuxo arco central foi cortado polo abade de Casoio durante a Guerra de Independencia Española, foi comezada a finais do século XVI.

Un dos atractivos de Carballeda é o Macizo de Pena Trevinca, poboado de árbores autóctonas e co único bosque de teixos de toda Galiza, O Teixadal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Carballeda de Valdeorras

Candeda (San Bernabeu) | Carballeda (San Vicenzo) | Casaio (Santa María) | Casoio (San Xulián) | Domiz (San Bernabeu) | Lardeira (San Tirso) | A Portela do Trigal (Santa Ana) | Pumares (San Martiño) | Pusmazán (San Mateo) | Riodolas (Santa María) | Robledo (Santa María) | San Xusto (San Xusto) | Santa Cruz (Santa Cruz) | Sobradelo (Santa María) | Soutadoiro (Santa Isabel) | Vila (Santa María Madanela) | Viladequinta (San Pedro)

Lugares de Carballeda de Valdeorras[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Valdeorras vexa: Lugares de Carballeda de Valdeorras.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carballeda de Valdeorras Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca de Valdeorras Comarca de Valdeorras
O Barco de Valdeorras
O Barco de Valdeorras
O Bolo
O Bolo
Carballeda de Valdeorras
Carballeda de Valdeorras
Larouco
Larouco
Petín
Petín
A Rúa
A Rúa
Rubiá
Rubiá
A Veiga
A Veiga
Vilamartín de Valdeorras
Vilamartín de Valdeorras