Cartelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Cartelle
Escudo de Cartelle
Situación
Situacion Cartelle.PNG
Xentilicio[1]: Cartellés (non oficial)
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Terra de Celanova
Poboación: 3.387 hab. (2009)
Área: 94,3 km²
Densidade: 36,44 hab./km²
Entidades de poboación: 12 parroquias
Capital do concello: Outomuro
Política (2011)
Alcalde: Carmen Leyte Coello (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Cartelle
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,53 %
Sitio web oficial
http://www.cartelle.es

Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal en 2009 tiña 3.387 habitantes (3.641 en 2003).

Censo Total 3.387
Menores de 15 anos 197 (5,81 %)
Entre 15 e 64 anos 1.758 (51,9 %)
Maiores de 65 anos 1.432 (42,28 %)
Evolución da poboación de Cartelle - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 7.136  7.485  8.756  5.512  3.565  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

O concello, de 93,94 km², abrangue 12 parroquias. Está situado na cunca do río Arnoia, afluente do Miño. Está comunicado con Ourense e Celanova a través da estrada N-540. A capital está na aldea de Outomuro.

[editar] Historia

Durante o feudalismo e o antigo réxime estivo baixo influencia do mosteiro de Celanova. O castelo de Sande foi doado no século XII ao mosteiro por Afonso VII, e o abade do mosteiro acumulou os títulos de conde de Bande, marqués da Torre de Sande e capelán da Casa Real. Os monxes estimularon o cultivo do viñedo.

[editar] Patrimonio

A torre de Sande é unha fortaleza medieval próxima xa ás terras do Ribeiro, declarada Ben de Interese Cultural. Próxima a ela está a Casa de Outeiro, do século XVIII.

A igrexa de Santa Baia de Anfeoz é barroca, cun grande campanario. No seu muro hai un peto de ánimas do mesmo estilo, así como os templos de Cartelle, As Marabillas, Espiñoso e Mundil, onde foi soterrado o Padre Feijóo.

A ponte romana de Freixo (Penela) está declarada monumento histórico-artístico, e puido ser un dos ramais secundarios da Vía Nova do itinerario de Antonino. A Ponte Nova sobre o Arnoia é dos séculos XVI e XVII.

[editar] Economía

O concello viviu un forte retroceso demográfico na segunda metade do século XX. Actualmente a sangría aminorou, e moita xente vai a diario a traballar a Ourense no sector servizos.

Cartelle é un dos concellos da comarca con maior superficie de concentración parcelaria, o que permitiu a creación de explotacións gandeiras de maior tamaño e máis evolucionadas. Existen varias empresas da construción e aproveitamento de recursos forestais. Hai moito terreo de monte comunal.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cartelle.

[editar] Lugares de Cartelle

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cartelle vexa: Lugares de Cartelle.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cartelle

Anfeoz (Santa Baia) | Cartelle (Santa María) | Couxil (Santa María) | Espiñoso (San Miguel) | As Marabillas (Nosa Sra. das Marabillas) | O Mundil (Santa María) | Penela (Santiago) | Sabucedo de Montes (San Pedro) | San Tomé (Santa María) | Sande (San Salvador) | As Seixadas (San Xoán) | Vilar de Vacas (Santa María)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas